Noticias

Balance de 2007: el presidente de la Xunta dice que este año sirvió para colocar a los ciudadanos en el centro de las preocupaciones políticas

En su tradicional almuerzo de cierre del año ante los medios de comunicación, el presidente de la Xunta hizo balance de 2007 destacando la buena marcha de la economía y la recuperación democrática de la actividad política. Un año que sirvió, además, para situar a los ciudadanos en el centro de las preocupaciones de los políticos. La ordenación del territorio, la Ley del Transporte y la Ley de Sucesiones y Donaciones son algunos de los retos políticos avanzados por Pérez Touriño para el año 2008.

El presidente de la Xunta, Emilio Pérez Touriño, ha destacado los avances en política social conseguidos por el Gobierno que preside, así como la buena marcha de la economía durante 2007. Así lo manifestó Pérez Touriño a los periodistas durante un almuerzo informativo, en el que el jefe del Ejecutivo gallego hizo un balance de la situación de Galicia durante 2007. Además de los «avances» en política social y de la «buena» marcha de la economía, el presidente gallego indicó que este año, junto con el anterior, han servido para «superar la anemia democrática» y colocar a los ciudadanos en el centro de las preocupaciones de los políticos.

El titular de la Xunta avanzó también algunos de los proyectos que su Ejecutivo abordará a comienzos del próximo año, entre los que destacó la aprobación en el Consello de la Xunta en la primera quincena de febrero de las directrices de ordenación del territorio. En enero, el Gobierno gallego tiene previsto aprobar el proyecto de Ley del transporte de Galicia, y todavía sin fecha, pero a comienzos del año próximo, la Xunta aprobará también el proyecto de Ley de Sucesiones y Donaciones, que supondrá una «revisión en profundidad» de esa figura fiscal, dijo.

A preguntas de los periodistas, Pérez Touriño descartó la posibilidad de retomar la reforma del Estatuto mientras no cambien las condiciones políticas, sobre todo por parte del PP, explicó y destacó, por otra parte, las inversiones del Estado para que en el horizonte de 2012 pueda llegar el tren de alta velocidad a Galicia.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O máximo mandatario galego, Emilio Pérez Touriño, detallou ante os medios de comunicación no decurso dun almorzo informativo que nas primeiras semanas do ano que vén verán a luz importantes medidas legais que beneficiarán ao conxunto da cidadanía galega. En concreto, Touriño referiuse ao proxecto de Lei de Transportes de Galicia, que será presentado en xaneiro, e que “regulará, ordenará e creará o novo transporte metropolitano; a aprobación da Directrices de Ordenación do Territorio, “clave de bóveda” para o posterior desenvolvemento de todas as políticas pertinentes neste ámbito; e do proxecto de Lei de Sucesións e Doazóns, que permitirá unha revisión “en profundidade” desta figura fiscal.

O titular da Xunta realizou un repaso do máis relevante da acción do Goberno galego ao longo do último ano. En Monte Pío, Pérez Touriño sinalou que “o ano 2007 foi un bo ano para Galicia” e estivo marcado por un clima de “estabilidade” e de “progreso”. Neste sentido, subliñou que se superou a denominada “anemia democrática” xa que se colocou á cidadanía “no centro da acción política”. Subliñou tamén a “recuperación do pulso económico” logo de varios lustros de “atonía” e de “perda de peso” de Galicia no conxunto de España e destacou, por último, que a Comunidade Autónoma está ganado “ese tratamento de fondo” das desigualdades sociais e territoriais xa que medra a creación de emprego e a igualdade social.

Xunto a isto, o presidente da Xunta destacou que 2007 será lembrado por ser un ano no que se estableceron “novos dereitos” para a cidadanía galega. Neste sentido, referiuse ao dereito dos dependentes a “seren atendidos nas súas necesidades sen que iso implique unha sobrecarga familiar” grazas á aplicación en Galicia da Lei da Dependencia e á consecución de 60 millóns de euros adicionais para por en marcha esta norma.
Ao tempo, referiuse aos novos dereitos sanitarios tales como o dereito a unha segunda opinión médica ou a posta en marcha de medidas pioneiras no conxunto de España entre as que se inclúen a ampliación da atención bucodental gratuíta ata os 14 anos, a extensión da anestesia epidural, a gratuidade da pílula poscoital ou a vacinación contra o papiloma humano.

Paralelamente, Pérez Touriño sinalou que en 2007 conqueriuse a gratuidade plena, en todo o ensino obrigatorio, dos libros de texto e ampliouse o número de bolsas para que as familias con menos recursos puidesen enviar os seus fillos a estudar idiomas ao estranxeiro.

Tamén se avanzou na consecución de novos dereitos para as mulleres vítimas de violencia de xénero e para os pensionistas, que pasarán a cobrar un complemento autonómico nas súas pensións non contributivas, tal e como destacou Touriño.

Finalmente, o presidente galego referiuse á consecución doutro dereito para a cidadanía galega como é o de non ter que pagar peaxe “en determinados tramos das nosas autovías”, como é o caso dos treitos da AP-9 de Rande e A Barcala ou da vía que une Dozón con Ourense.

Para Pérez Touriño, 2007 foi un ano “no que se abriron novos espazos de oportunidade” para todos os galegos. “Cómpre lembrar –engadiu a este respecto- que a metade do paro reducido é das mulleres e o 25 por cento do paro que se reduce corresponde á xente nova”.

Tamén se avanzou, segundo destacou, na consecución de novos espazos en materia de vivenda mediante unha nova política de aluguer, de rehabilitación, de promoción da vivenda pública e de colaboración co Goberno de España no establecemento dunha renda que permita a emancipación dos máis novos, medida da que se beneficiarán –tal e como detallou o presidente galego- máis de 20.000 mozos galegos.

O presidente da Xunta remarcou ademais a “substancial reforma” no modo de facer política na Comunidade Autónoma, onde o “diálogo” e o “acordo” substituíron ao “monólogo” e á “confrontación”. Neste ámbito concreto, avanzouse en transparencia, tal e como puxo de manifesto Touriño, á aprobar a Lei de Subvencións ou a propia Lei de Transparencia.

A modo de síntese final, o máximo mandatario galego subliñou que 2007 foi “un bo ano para Galicia” marcado pola “estabilidade” e polo “progreso”. “Foi un ano de paso adiante na construción desa Galicia que comprometemos e soñamos”, subliñou. Para ilustrar esta afirmación referiuse a sete ámbitos concretos.

En primeiro lugar destacou o ámbito económico e considero que Galicia está hoxe “máis preto da converxencia e do pleno emprego” que en 2005. “A nosa economía está asentada como sólida e dinámica”, apostilou, posto que “son moitos os trimestres” nos que Galicia leva crecendo por riba do 4 por cento. Neste sentido, afirmou que Galicia está a deixar atrás “a súa situación anémica” tal e como amosan os datos das exportacións, a creación de máis de 100.000 empregos en dous ano ou os datos da EPA, con “cifras inferiores ao 7 por cento”

En segundo lugar, Touriño fixo fincapé na aposta polas infraestruturas, concretamente nas de transporte, nas de solo industrial e nas enerxéticas. “No eido das infraestruturas de transporte destacaría que estamos triplicando a nosa rede de alta capacidade. Están en marcha máis de 500 quilómetros de vías de alta capacidade, incluíndo autovías”, considerou. Ao tempo, están en marcha en só dous anos 8,5 millóns de metros cadrados de solo industrial, cifra que contrasta –tal e como sinalou- cos 10 millóns de metros creados polo PP en catro lexislaturas. Tamén no eido das infraestruturas enerxéticas se avanzou considerablemente ao comprometer o Goberno Central a construción dun novo gasoduto para Galicia, de 550 quilómetros de extensión, ou coa aprobación do novo decreto eólico que permitirá avanzar no obxectivo de acadar os 6.500 Megavatios de potencia en 2012.

Xunto a isto, en terceiro lugar, Touriño referiuse á aposta pola educación e pola innovación. No ámbito concreto da educación, Touriño sinalou que pasou de ser a “cincenta” dos orzamentos a medrar, en so dous anos, un 24,8 por cento. En innovación destacan, segundo indicou, a aprobación do Plan Galego de I+D+i e da Estratexia Galega da Sociedade da Información.

Outro ámbito de mellora, ao que se referiu Touriño, ten que ver coa ordenación do territorio e a aposta polo medio ambiente. “Queremos un país máis ordenado, máis limpo e que protexe e aproveita racionalmente os seus recursos”, sinalou. Neste sentido, indicou que medidas postas en marcha como a Axencia da Legalidade Urbanística ou a aprobación da Lei de Medidas Urxentes do Protección de Litoral avanzou neste obxectivo. En materia ambiental, Pérez Touriño destacou que están en construción 13 das 20 novas depuradoras comprometidas e que existe un potente Plan de Acción para o Control das Verteduras en Galicia.

En quinto lugar, o presidente da Xunta afirmou que “Galicia está máis preto da plena solidariedade interterritorial” ao por en marcha potentes instrumentos como o Plan de Reequilibrio Territorial, o Plan da Costa da Morte ou o Plan de Dinamización das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal. Paralelamente, subliñou que Bruxelas vén de aprobar o Plan de Desenvolvemento Rural de Galicia, dotado con máis de 1.500 millóns de euro, e que permitirá incorporar á xente nova ao agro e modernizar as exportacións agrogandeiras.

Ao tempo, Touriño destacou que no ámbito das políticas sociais se acadaron novas prestacións e referiuse á posta en marcha dunha Rede Galega de Benestar coa construción de novas escolas infantís, máis centros de día e residencias para a terceira idade.

Finalmente, en sétimo lugar, o presidente da Xunta considerou que Galicia está a gañar peso no exterior e reforzou a súa presenza en Europa e América, intensificando a colaboración con Portugal. Froito desta colaboración, tal e como detallou o presidente da Xunta, vén de ser aprobado por Bruxelas o financiamento do AVE entre Galicia e Portugal, considerado “prioritario” polos Gobernos español e luso.

R., 2007-12-26

Actualidad

Foto del resto de noticias (manifestacion_slg_leche_2.jpg) Santiago de Compostela acogió la celebración de dos manifestaciones en las que agricultores gallegos demandan precios dignos para la leche y ayudas públicas al sector. La división entre los sindicatos agrarios llevó a una doble convocatoria: por un lado la protesta de Unións Agrarias y de Xóvenes Agricultres, y por otra la del Sindicato Labrego Galego.
Foto de la tercera plana (castelao.jpg) Presentado en el Museo Provincial el catálogo de fondos digitalizados de la obra de Castelao, que recoge en la web cerca de dos mil dibujos del intelectual galleguista. El catálogo, que puede ser visitado a través de la página web del Museo, pone a la disposición directa de los ciudadanos toda la obra plástica de Castelao custodiada en el Museo de Pontevedra.

Notas

O ciclo de conferencias A Galiza das Irmandades: Unha perspectiva actual, pretende achegar luz sobre a esta etapa histórica de Galicia. Un total de nove conferencias servirán para profundar no coñecemento do feito histórico do nacionalismo galego producido en 1918.
Los presidentes de la CEP, Aclunaga y el Cluster del Audiovisual participaron en el Club de Debates de Empresa y Finanzas y destacaron que los cluster proporcionan valor, conocimientos y colaboración.

Editorial

Abandono no rural: As correntes migratorias dos anos sesenta e setenta, de xeito especial, redu...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información