Noticias

El presidente de la Xunta anima a los empresarios gallegos en Iberoamérica a desarrollar proyectos en su tierra

Pérez Touriño traslada a este colectivo que en Galicia se dan, como nunca en su historia, las mejores condiciones para emprender proyectos empresariales. Destacó que el encuentro GAER, Galicia en Red, previsto para enero en Compostela sentará las bases del intercambio de información y experiencias entre los empresarios de ambas orillas del Atlántico.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño trasladoulles aos empresarios galegos en Iberoamérica que en Galicia “se están a dar, como nunca na súa historia, as mellores condicións para emprender, para investir, para innovar, para crear valor e riqueza”. Polo tanto, o titular do Goberno autonómico animounos a “emprender novos proxectos empresariais na súa terra, Galicia”.

O xefe do Executivo galego mantivo en Montevideo un encontro con empresarios galegos no exterior no que participaron os responsables das asociacións empresariais de Arxentina, Panamá, Venezuela, República Dominicana, Uruguai e Brasil. Ante eles, o titular da Xunta relacionou o bo momento da economía galega co “esforzo dos cidadáns, dos emprendedores, dos axentes sociais e económicos” que está a facilitar, engadiu, “un camiño de crecemento, de estabilidade e de confianza, que é o caldo de cultivo para que os proxectos empresariais poidan agromar”.

“Quero que a Galicia exterior se sume a ese escenario de progreso económico”, afirmou Pérez Touriño, quen detallou ante os empresarios algúns dos indicadores que ilustran a puxanza económica do país. Así referiu que Galicia é a comunidade galega que máis medra actualmente a un ritmo do 4,3%, sensiblemente superior ao da media española, sendo España o país que lidera o crecemento europeo.

Resaltou que ese diferencial de crecemento permite “ir recortando déficits e avanzar na senda da converxencia” coas rexións máis desenvolvidas, “facendo a nosa economía máis competitiva e superando un escenario histórico de atraso”. “Galicia hoxe crece máis e mellor” subliñou Pérez Touriño, quen engadiu que se trata dun crecemento equilibrado que ten as súas bases na industria, no sector servizos e na construción, no que se prevé unha pequena ralentización pola crise hipotecaria.

Paralelamente, o xefe do Goberno galego destacou que a economía galega medra en competitividade, coas exportacións como “punta de lanza”, xa que medraron máis dun 40% en dous anos, triplicando o crecemento das españolas, o cal, dixo “é o mellor síntoma de que estamos gañando competitividade nos mercados internacionais”.

“Se tivera que escoller unha palabra que lles quixera transmitir, esa palabra chámase confianza, confianza das familias galegas, pois está aumentando o consumo ao 4%; confianza dos empresarios galegos e dos que desde fóra están sendo seducidos para investir, pois nos dous últimos anos se teñen creado en Galicia máis de 13.200 empresas”, resaltou o presidente galego.
Emilio Pérez Touriño subraiou a importancia do momento de “autoconfianza e autoestima” que atravesa a economía galega, que está a producir unha diversificación empresarial nos sectores máis punteiros e con máis futuro nos mercados globalizados, como son a automoción, as enerxías renovables, a transformación pesqueira, o medio ambiente ou as tecnoloxías da información e da comunicación. Ademais, resaltou que isto ten un positivo efecto nos mercados de traballo que permitiu que nos dous últimos anos se crearan 83.000 empregos, e se asinasen máis de 87.000 contratos indefinidos.

Así mesmo, o titular da Xunta defendeu o papel do Goberno galego na dirección deste “momento vigoroso e potente da economía galega”, na medida en que está a apostar “polo capital humano, pola educación, pola innovación e polo desenvolvemento tecnolóxico”, creando redes que vinculen aos empresarios coa administración e coas universidades, e centros de excelencia científica en áreas diferentes.

Na súa intervención, o presidente da Xunta remarcou que Galicia conta cun potencial que no posúen nin tan sequera a maioría dos Estados nacionais, que é “esta rede de presenza universal, moi condensada en Iberoamérica, que nos dá unhas posibilidades que queremos e debemos aproveitar”. No contexto dun escenario globalizado, defendeu que a nosa comunidade autónoma goza “dunha posición xeográfica, estratéxica e política especialmente relevante e singular” para funciona como ponte entre Europa e España e Iberoamérica e Portugal. “Galicia ocupa un escenario privilexiado”, insistiu o titular da Xunta, para engadir que o presidente do Goberno de España, José Luis Rodríguez Zapatero, así como os presidentes latinoamericanos cos que tivo ocasión de reunirse, Luiz Inácio Lula da Silva (Brasil), Néstor Kirchner (Arxentina) ou Tabaré Vázquez (Uruguai) lle manifestaran que compartían a mesma idea.

Por ese motivo, explicou, é que o Goberno galego está tratando de impulsar “de maneira decidida a internacionalización das empresas galegas”, desde o convencemento de que “calquera estratexia económica responsable ten a necesidade de dinamizar as relacións comerciais, de intensificar e ampliar as relacións comerciais e buscar a apertura dos novos mercados e a captación de proxectos de investimento”.

Informou que as relacións económicas entre Galicia e os países representados polos empresarios asistentes á reunión son moi intensas e se cuantificaron o ano pasado en 250 millóns no tocante ás exportacións galegas e en 750 millóns nas importacións. Defendeu o interese de Galicia por seguir “incrementando e diversificando esas relacións comerciais”, así como apoiando o esforzo emprendedor das empresas galegas no exterior.

Nese sentido, Pérez Touriño subliñou a estabilización política e económica que se está a vivir en boa parte de Sudamérica, e resaltou os mecanismos de apoio da Xunta de Galicia que os empresarios galegos teñen á súa disposición neses esforzos emprendedores tamén no exterior a través do Instituto Galego de Promoción Económica, organismo que mudou a política da mera subvención por “unha estratexia de acompañamento no risco”.
“Temos instrumentos para apoiar a internacionalización, para apoiar a actividade no exterior”, remarcou o xefe do Goberno galego, quen engadiu que “seguimos con máis forza que nunca apoiando o labor dos empresarios galegos estean onde estean”.

Nese sentido subliñou a importancia da creación de GAER, Galicia en Rede, que o vindeiro mes de xaneiro motivará a celebración en Santiago dun gran encontro de empresarios galegos que sentará as bases para “o intercambio de información, o trasvase de experiencias aquí e alá, decisivo para a toma de decisións confiables e para acertar nos proxectos empresariais”.

R., 2007-10-09

Actualidad

Foto del resto de noticias (terceira-idade.jpg) A posta en marcha do Rexistro galego de persoas centenarias, Regace, sitúa Galicia nunha posición de referencia para o estudo da lonxevidade, posibilitando coñecer mellor as claves deste fenómeno e afrontar os retos que presenta. Preto de 1.800 persoas de cen ou máis anos viven na comunidade galega, o que supón ao redor do 12 % de toda a poboación centenaria de España, un dato que fala da realidade demográfica de Galicia e reflicte unha oportunidade única para aprender, investigar e avanzar. Deste xeito, Galicia presenta un dos mellores resultados no que a esperanza de vida se refire: 81,19 anos para os homes e 86,83 para as mulleres, superando en ambos os casos a media estatal.
Foto de la tercera plana (cgac-2021.jpg) A mostra a 'Illa ignorada' estará aberta ata o 12 de febreiro de 2027 e toma o seu título do primeiro poemario da escritora Gloria Fortes. Nela cabe destacar os traballos tanto dos artistas galegos Alberto Ardid, Vicente Blanco, Andrea Costas, Caxigueiro, Fina Mantiñán, Juan Carlos Meana, Ariadna Silva, Seoane e María Elena Montero, como os de Abel Azcona, Amparo Garrido, Regina Giménez, Antoni Muntadas, Sonia Navarro, Íñigo Royo, Regina Silveira. Ademais desta nova mostra, o centro tamén inaugurou a ampliación, no dobre espazo do Centro Galego de Arte Contemporánea, da exposición Misha Bies Golas, que abriu ao público o pasado 22 de maio cunha escolma de máis de dúas décadas da creación heteroxénea do lalinense Miguel Calvo Ulloa, un dos fundadores do colectivo Nova Escultura Galega.

Notas

'A Galicia inédita' reúne obras de profesionais do fotoxornalismo que desenvolven o seu quefacer en medios de comunicación de Galicia, complementadas con lendas de corte literario ou informativo, elaboradas por membros da APG e outros xornalistas que tamén traballan na nosa comunidade autónoma. As imaxes captan todo tipo de acontecementos, lugares e personaxes, dende a vertente máis costumbrista ata sucesos de actualidade.
Persoal investigador do Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía (CICA) da Universidade da Coruña (UDC) desenvolveu unha nova estratexia para o transporte de material xenético ao interior das células mediante vesículas formadas por lipopéptidos catiónicos autoensamblables. O traballo representa un avance no desenvolvemento de sistemas non virais para terapia xénica, un dos campos con maior potencial para o tratamento de enfermidades de base xenética e para a medicina rexenerativa.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES