Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos de la Xunta de Galicia:
A Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos vén de asinar un convenio de colaboración coa Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para a implantación do Bacharelato Internacional no Instituto de Educación Secundaria do Castro de Vigo. Para a incorporación deste centro de ensinanza á rede de centros de Bacharelato Internacional, o departamento que dirixe Carmen Gallego aportará un total de 15.000 euros.
Con esta actuación os fillos dos eurofuncionarios que traballarán na sede oficial da Axencia Comunitaria de Control da Pesca (CFCA) en Vigo, poderán cursar o Programa Diploma do Bacharelato Internacional (un curso preuniversitario de dous anos) como se estiveran no seu lugar de orixe. Con esta medida preténdese conciliar a vida familiar coa función pública comunitaria do persoal ao servizo da Axencia para que poida desenvolver o seu traballo na cidade de Vigo sen que o seu ámbito persoal e familiar poida verse afectado máis alá do indispensable e necesario, sobre todo no referente á educación e ensinanza dos membros das súas familias con idade escolar.
Actualmente, en Galicia, só existe un centro educativo que forme parte da rede de centros de Bacharelato Internacional, é o I.E.S. Rosalía de Castro de Santiago de Compostela, que xa ofrece este programa educativo dende 1989.
A Organización do Bacharelato Internacional é unha fundación educativa, sen ánimo de lucro, fundada en 1968 e que ten aos alumnos como eixo principal. Na actualidade traballa con 2.051 colexios en 125 países para desenvolver e ofrecer tres programas educativos a máis de 539.000 alumnos de idades comprendidas entre os 3 e os 19 anos. Trátase dos programas da Escola Primaria, dos Anos Intermedios e o Programa Diploma. Este último é o que se poderá cursar, no marco deste acordo, no I.E.S. do Castro de Vigo.
A Axencia Comunitaria de Control da Pesca creouse a través do Regulamento da Comisión Europea nº 768/2005 do Consello, do 26 de abril de 2005, co obxectivo de organizar a coordinación operativa das actividades de control e inspección da pesca dos países membros da Unión Europea. Así mesmo, nace co propósito de auspiciar a cooperación entre os Estados membros co fin de cumprir as normas da política pesqueira común e para garantir que se apliquen de maneira eficaz e uniforme.
Na actualidade as súas oficinas provisionais atópanse en Bruxelas (Bélxica), pero en breve a súa sede oficial estará en Vigo, tal e como recolle o Regulamento comunitario, anteriormente citado, polo que se crea este organismo.
Tivo lugar a xornada 'Deputados por un día', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxías. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxístico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartíronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.