Noticias

El 5 de octubre se abre la primera delegación de la Xunta de Galicia en Buenos Aires

Su principal objetivo es estrechar una relación de transparencia y servicio a la emigración. El presidente del Ejecutivo gallego viaja a Argentina entre el 5 y el 9 de octubre para asistir a la conmemoración del centenario del Centro Galego.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O máximo mandatario galego, Emilio Pérez Touriño, avanzou esta mañá que na viaxe que realizará a Arxentina no mes de outubro porá en marcha a primeira delegación da Xunta de Galicia no Exterior, concretamente en Bos Aires, a primeira dunha rede de delegacións que nacen co obxectivo de afondar nunha relación de transparencia e servizo á emigración, así como fomentar na presenza da economía galega no exterior.

“Imos abrir, poñer en servizo, a Delegación da Xunta en Bos Aires o día 5 de outubro”, anunciou Pérez Touriño, lembrando que Arxentina e Bos Aires son o país e a cidade, respectivamente, con máis presenza galega no exterior.

“Este Goberno tense comprometido cunha relación razoable, transparente, como debe ser, de respecto, e de información e de cercanía ao administrado”, engadiu o máximo mandatario autonómico indicando que existen compromisos asistenciais, de xestión de pensións, de asistencia sanitaria, de temas que teñen que ver co retorno dos emigrados nos que “consideramos que merecía a pena facer o esforzo de que haxa unha oficina como tal, oficial, como pode ser calquera departamento da Xunta no exterior”, aseverou.

Segundo salientou Pérez Touriño, esta oficina onde haberá un equipo de funcionarios nas distintas áreas, nace co obxectivo de ofrecerlle aos cidadáns galegos residentes en Bos Aires asesoramento e tamén como “exercicio de proximidade, transparencia e de servizo”.

De igual xeito, o presidente galego explicou que a rede de delegacións da Xunta no exterior vai ter outra función de potenciar a oferta económica galega, apoiando as iniciativas empresariais e favorecendo a apertura de mercados.

Trátase de ter unha “presenza cultural e económica, pero sobre todo unha presenza de servizo de atención” aos emigrantes, asegurou Pérez Touriño remarcando que esta presenza se debe facer “en sede pública, de xeito transparente e polos mecanismos normais da administracións públicas”. “Unha administración moderna e eficiente, se pode, e podemos, creo que debe empezar a facer ese esforzo”, aseverou.

Viaxe tamén a Uruguai

Durante un almorzo informativo cos medios de comunicación en Madrid, o presidente da Xunta confirmou que no vindeiro mes de outubro, entre os días 5 e 9, viaxará ademais da capital arxentina, tamén á uruguaia, a Montevideo, onde dixo, “espero ter un amplo contacto co Goberno”. Nesta liña lembrou que onte mesmo, no marco dunha cea ofrecida ao presidente de Uruguai polas S.M. Os Reis, tivo a oportunidade de “saudar e estar” con Tabaré Vázquez, con quen, asegurou, “teño unha magnífica relación persoal e institucional”.

Durante a viaxe oficial a Arxentina e Uruguai o presidente galego tamén asistirá á conmemoración do centenario do Centro Galego de Bos Aires, ao que cualificou como un dos centros “de referencia” da presenza galega no mundo.

Esta viaxe, segundo remarcou o máximo mandatario autonómico, enmárcase dentro do obxectivo do Goberno galego de estreitar e consolidar permanentemente as relacións con Iberoamérica, “prioritarias na axenda exterior”, xunto coas relacións coa Unión Europea e, particularmente, con Portugal.



R., 2007-09-19

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-cuantica.jpg) Foron presentados os novos equipamentos do Centro de Supercomputación de Galicia) instalación que vai incorporar un segundo computador cuántico, denominado IQM Spark. O novo supercomputador e os dous novos computadores cuánticos que se van adquirir situarán a nosa Comunidade na vangarda europea en canto a capacidade de almacenamento de datos e participación en grandes proxectos internacionais. En canto aos computadores cuánticos, o de menor capacidade (5 cúbits), dedicarase exclusivamente a tarefas de formación, probas de concepto e de algoritmia, complementando así ao de maior capacidade (54 cúbits), que será o buque insignia.
Foto de la tercera plana (autopista-ap9.jpg) A Xunta exixe o rescate da AP-9 e asina cos Gobernos de Asturias e Castela e León e o tecido empresarial das tres comunidades a Declaración Compostela, que insta á Comisión Europea a culminar o ditame sobre as prórrogas da AP-9 e AP-66. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, interveu no encontro 'As infraestruturas viarias do Noroeste', organizado pola Confederación de Empresarios de Galicia.

Notas

O próximo 12 de agosto a Península Ibérica vivirá un dos eventos astronómicos máis importantes do século: unha eclipse total de Sol. Pola súa posición xeográfica, a súa climatoloxía e a súa contorna histórica-monumental, a cidade de Lugo foi sinalada como un dos mellores destinos de toda Europa para contemplar este fenómeno na súa máxima plenitude.
A VIII edición do congreso da Sociedad de Estudios de Cerámica Antigua en Hispania (SECAH) está estes días celebrándose no campus de Ourense, cunha visita tamén a Lugo. A cita reúne a 80 especialistas de España e Portugal e conta cun programa formado por 50 relatorios e 35 pósters nos que se abordan as últimas novidades e proxectos neste eido de investigación.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES