
Nota de prensa remitida por la Xunta de Galicia:
A Consellaría do Medio Rural convocou aos veciños dos concellos das comarcas dos Ancares-Courel a asistir a unha sesión de cinema ao aire libre este luns, ás dez da noite, no Mosteiro de Samos para dar a coñecer as posibilidades da nova tecnoloxía Wimax de acceso a internet que se está a implantar, de forma experimental, nos concellos de Samos e de Folgoso do Courel e que se prevé ampliar a outras zonas rurais de Galiza.
A piques de concluír as obras de instalación da nova rede, o departamento de Estruturas e Infraestruturas Agrarias da Delegación provincial de Lugo pretende coñecer cales son as necesidades máis importantes dos veciños da zona e como se poden subsanar a través do acceso a internet.
Para iso distribuirá unha sinxela enquisa entre os asistentes e, nos vindeiros días, proseguirá coas consultas entre os fogares e as empresas da zona.
Así mesmo, antes da proxección, a técnica de dinamización contratada dentro do Plan de desenvolvemento Ancares-Courel, explicará as posibilidades desta infraestrutura que, entre outras cousas, permite acceder a distintos paquetes de servizos mediante unha sinxela conexión que, durante o período que o plan piloto estea en marcha, será gratuíto.
Precisamente, co obxectivo de que os futuros usuarios se familiaricen coa súa utilización, a Consellaría organizará diversos cursos de formación sobre o manexo de ferramentas informáticas básicas, de teletraballo ou de comercio electrónico.
Dentro do plan deseñado por Medio Rural, tamén está prevista a posta en marcha dun proxecto piloto de detección remota de incendios e outro de vixilancia ambiental, a xeración de puntos de información e de conexión á rede ao longo do Camiño de Santiago, a súa aplicación nos centros educativos da zona como un recurso de aprendizaxe máis e a súa extensión entre as pemes, concellos e entidades privadas do LIC, co fin de que se incorporen ao negocio electrónico e adapten a súa xestión ao "modelo en rede".
Así mesmo, tamén se prevé a execución do Programa Asisto, un servizo asistencial remoto dirixido a persoas maiores e discapacitadas que permite a monitorización ou a consulta médica a distancia mediante distintas tecnoloxías de doado manexo para o usuario.
Nestes intres, a Consellaría traballa na elaboración dun portal electrónico que aglutine estes e outros servizos e que contribúa a mellorar a competitividade das explotacións agropecuarias e das empresas existentes na comarca.
Esta ferramenta está concibida para darlle solución ás necesidades específicas das granxas, casas de turismo rural, empresas de servizos e establecementos comerciais, entre outros, presentes na zona, para o que se facilitará a creación de webs sectoriais e o manexo de instrumentos adaptados ao perfil de cada usuario (SIXPAC, administración electrónica, control leiteiro, central de reservas hostaleiras...).
Foron presentados os novos equipamentos do Centro de Supercomputación de Galicia) instalación que vai incorporar un segundo computador cuántico, denominado IQM Spark. O novo supercomputador e os dous novos computadores cuánticos que se van adquirir situarán a nosa Comunidade na vangarda europea en canto a capacidade de almacenamento de datos e participación en grandes proxectos internacionais. En canto aos computadores cuánticos, o de menor capacidade (5 cúbits), dedicarase exclusivamente a tarefas de formación, probas de concepto e de algoritmia, complementando así ao de maior capacidade (54 cúbits), que será o buque insignia.
A Xunta exixe o rescate da AP-9 e asina cos Gobernos de Asturias e Castela e León e o tecido empresarial das tres comunidades a Declaración Compostela, que insta á Comisión Europea a culminar o ditame sobre as prórrogas da AP-9 e AP-66. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, interveu no encontro 'As infraestruturas viarias do Noroeste', organizado pola Confederación de Empresarios de Galicia.