Noticias

Galicia y Portugal analizan la construcción europea y ponen en valor el papel de las regiones

La eurorregión Galicia-Norte de Portugal ha sido puesta como ejemplo en materia de cooperación territorial en Europa por el presidente de la Xunta que participa en una jornada promovida por el Jornal de Noticias luso. En un encuentro con el presidente de la Comisión Europea se analizó el proceso de construcción europea en la que se destacó el papel de las regiones y se resaltó la evolución de la economía gallega.

En Portugal se reunieron los presidentes de la Xunta y de la Comisión Europea para analizar el proceso de construcción europea en la que destaca el papel de las regiones. Ambos líderes políticos aprovecharon el encuentro promovido por el periódico luso Jornal de Noticias para hablar de economía, estrechar lazos y mostrar los mejores vínculos de solidaridad y proximidad. El presidente de la Xunta, poniendo de relieve la evolución de la economía gallega, llamó la atención sobre el esfuerzo de Portugal por recuperar el ritmo de crecimiento y la confianza en sus posibilidades de futuro.
En este sentido, Touriño señaló que la eurorregión Galicia-Norte de Portugal supone un ejemplo de cooperación territorial europea.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, analizou co presidente da Comisión Europa, José Manuel Durao Barroso, a evolución que está a rexistrar a economía galega e as perspectivas nas que se está a desenvolver o proceso de fortalecemento e relanzamento da Unión Europea.

Nunha reunión no Palacio da Bolsa de Porto, onde o máximo mandatario galego acudiu para impartir unha conferencia sobre Europa e as rexións, Emilio Pérez Touriño e José Manuel Durao Barroso tiveron ocasión e analizar o actual momento de crecemento polo que atravesa Galicia. Asemade, ambos dirixentes departiron sobre a situación pola que está a pasar o “delicado” proceso de construción europea, se ben o presidente da Xunta manifestou a súa “esperanza” en poder lograr a adopción de medidas de “relanzamento e fortalecemento” da Unión Europea, de xeito que o proceso de adopción de decisións resulte máis áxil e eficaz.

A preguntas dos xornalistas, o xefe do Executivo galego sinalou a necesidade, nesta perspectiva de desenvolvemento rexional, de afianzar e fortalecer as relacións de Galicia e o Norte de Portugal. “Xuntos podemos facer máis e mellor as cousas, xuntos podemos aspirar a competir mellor e ter máis nivel de calidade de vida e ter maiores oportunidades no mercado e no mundo global”, enfatizou.

Segundo explicou Touriño, é necesario que Portugal recupere o ritmo de crecemento e a confianza nas súas posibilidades, polo que avogou por “estreitar lazos e mostrar os mellores vínculos de solidariedade e proximidade” coa comunidade lusa nese esforzo.

Nesta liña, incidiu en que a Agrupación Europea de Cooperación Territorial acordada no seo da Comunidade de Traballo Galicia Norte de Portugal debe permitir avanzar nesa dirección, polo que emprazou os Gobernos de España e Portugal a acelerar a adopción do regulamento europeo que permita a súa constitución no último trimestre deste ano. O presidente incidiu en que a Agrupación, que terá a súa sede en Vigo tal e como se acordou formalmente na Comunidade de Traballo, terá entre os seus obxectivos a xestión dos fondos do plan estratéxico de cooperación transfronteiriza, que ascenden a uns 100 millóns de euros, así como a mobilización da iniciativa empresarial e a concertación de proxectos coas universidades.

Previamente ao encontro con Barroso, o presidentes remarcou a importancia que terá a execución do tren de alta velocidade Vigo-Porto e da vía de alta capacidade que unirá Ferrol con Chaves a través de Lugo e Ourense para fortalecer os intercambios económicos na Eurorrexión.

No coloquio aberto unha vez rematada a súa conferencia, o xefe do Executivo galego enxalzou a prioridade dada polo presidente español, José Luis Rodríguez Zapatero, e o primeiro ministro luso, José Sócrates, á conexión ferroviaria en alta velocidade entre Vigo e Porto, de xeito que hoxe goza da mesma prioridade que a liña Lisboa-Madrid e un horizonte certo para a súa construción: 2013.

Segundo explicou Touriño, a construción do AVE permitirá articular a mobilidade de pasaxeiros e mercadorías entre Portugal e a rede de cidades de Galicia, o que permitirá marcar “un antes e un despois” no desenvolvemento económico da Eurorrexión. O presidente remarcou que os traballos para facer realidade esta infraestrutura avanzan “na boa dirección” , como o demostra que xa están en marcha os traballos de deseño do treito entre Porto e a Fronteira, mentres que xa foi sometida a estudo informativo a saída sur de Vigo e foi constituída o grupo hispano-luso que debe definir a sección internacional da liña.

Con esta infraestrutura, e coa construción do eixe de alta capacidade Ferrol-Lugo-Ourense-Chaves, Galicia e o Norte de Portugal contarán en 5 anos, segundo Touriño, con dous “elementos decisivos” para dar un salto nas posibilidades de comunicación e de desenvolvemento económico

O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, puxo en valor o papel das rexións na construción de Europa. Así, incidiu na definición das rexións “como principais actores da política rexional europea, unha política exitosa que contribuíu de maneira única a facer visible a idea de Europa entre os cidadáns”.

Neste sentido, Pérez Touriño suxeriu que “debemos ser ambiciosos” e as rexións deben xerar ideas que se poidan aplicar en toda Europa, “contribuíndo ao desenvolvemento de comunidades máis cohesionadas, dinámicas e respectuosas co medio, nas que os cidadáns teñan a oportunidade de prosperar”. Neste sentido, referiuse á eurorrexión Galicia-Norte de Portugal como exemplo en materia de cooperación territorial Europea.

O presidente galego expresou que a política rexional reflicte, “mellor ca ningunha”, esa “solidariedade de feito” á que se refería Jean Monet. Así, destacou a “solidariedade e a cohesión territorial” como eixes desta política grazas á cal, territorios como Galicia e Portugal “progresaron enormemente”.

Na súa intervención o presidente galego quixo destacar a relevancia das rexións na xestión de “cuestións tan importantes” como o desenvolvemento urbano, o medio ambiente ou as políticas sociais, “o que lles concede un papel central na construción dunha Europa unida aínda que diversa”.

Na súa intervención, Pérez Touriño anunciou que a Agrupación Europea de Cooperación Territorial -que tería sede en Vigo- verá a luz no último trimestre deste ano. Trátase dunha aposta do Goberno da Xunta e da Rexión Norte de Portugal que permitirá dar un salto en materia de cooperación a través “dunha xestión e execución conxunta dos fondos para alcanzar o que temos chamado unha cooperación transfronteiriza de segunda xeración, máis ampla e eficiente”, expuxo o presidente.

O máximo mandatario galego, explicou que as Agrupacións Europeas de Cooperación Territorial “son unha oportunidade única”, non só para as rexións, senón “para o avance da idea europea e a cooperación territorial”. Así o indicou en Porto, onde participou nas xornadas A Europa e as Regiões, organizada polo xornal portugués Jornal de Noticias, e nas que tamén participaron o presidente da Comissão de Cordenação e Desenvolvento da Região Norte de Portugal, Carlos Lage, e os eurodeputados lusos Elisa Ferreira e Silva Peneda. O presidente galego participou nestas xornadas por expreso desexo do norte de Portugal para por en valor á comunidade galega como exemplo de descentralización política, así como o seu papel destacado entre as rexións de Europa.

NoticiaO titular do Goberno autonómico asegurou que a posta en marcha da Agrupación Europea contribuirá a que a cooperación “continúe, medre e se desenvolva da maneira máis estruturada posible”. Así, considerou que se trata dun instrumento básico para integrar os recursos e os esforzos das distintas administracións “dunha forma consorciada, permitindo unha mellor utilización dos recursos financeiros dispoñibles en Galicia e na Rexión Norte de Portugal”.

O presidente galego explicou que as especiais relacións con Portugal, e en particular coa súa Rexión Norte, son “un bo exemplo de cara a onde debe camiñar unha Europa das Rexións”. Neste sentido, lembrou a creación nos últimos anos dun espazo de colaboración único que permitiu o desenvolvemento de importantes proxectos transfronteirizos.

O Plan Estratéxico de Cooperación para o período 2007-2013, elaborado pola Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal, ten “como gran obxectivo ampliar e afondar nos ámbitos de cooperación”, destacou.

A eurorrexión Galicia Norte de Portugal caracterízase, tal e como expuxo o presidente galego, polo seu importante peso demográfico e por unha gran mobilidade da poboación. “A existencia de intensas relacións económicas e culturais entre os dous lados da fronteira converte a cooperación transfronteiriza nun instrumento esencial para a cohesión do territorio”, subliñou. Neste marco, Pérez Touriño definiu como “obxectivo global” do Plan Estratéxico de Cooperación Galicia-Norte de Portugal facer da eurorrexión un “territorio atractivo para vivir, investir e traballar”.

Na súa intervención nesta conferencia, o presidente da Xunta disertou sobre a Europa das Rexións, da que dixo sentirse parte “como galego e europeo”. Pérez Touriño explicou que co paso dos anos as competencias atribuídas ás rexións non deixaron de medrar, incluso naqueles Estados que tradicionalmente parecían máis inclinados ao centralismo. Pérez Touriño expuxo que esta crecente importancia do fenómeno rexional non sempre se traduciu nunha participación axeitada nas políticas europeas dos estados, nin nun recoñecemento por parte das Institucións Europeas do seu carácter de actores institucionais lexítimos.

Se ben, o presidente galego recoñeceu que, con todo, “houbo importantes progresos.” Así, destacou que “o feito rexional pasou a formar parte do debate sobre a UE e incidiu e incide na elaboración e na posta en práctica de diversas políticas”.

Entre estas políticas, Pérez Touriño destacou que a Política Rexional situou á rexión no centro das estratexias de desenvolvemento económico e social europeas. Así, explicou que coa incorporación á Unión de estados máis atrasados economicamente, fíxose indispensable a creación dunha verdadeira política rexional dirixida a reducir as diferenzas de desenvolvemento e de nivel de vida. A UE acabou desenvolvendo cada vez máis políticas rexionais a través dos fondos estruturais, o que, segundo resaltou o presidente galego, “abriu unha vía de participación das rexións nas decisións comunitarias e incluso propiciou unha certa descentralización dalgúns estados que carecían de calquera estrutura rexional”.

Outra das políticas establecidas foi o recoñecemento institucional. Pérez Touriño referiuse así, ao Tratado de Maastricht que propiciou a creación no ano 1993 do Comité das Rexións para dar voz aos entes rexionais e recoller as súas demandas. O Comité das Rexións “representa un foro único para conseguir que as políticas europeas teñan máis en conta os intereses de entidades territoriais subestatais como as rexións, incidiu.

En terceiro lugar, o xefe do Executivo galego referiuse a aplicación da normativa e as políticas europeas “das que son sempre responsables últimas as rexións”. Así, destacou, “os actores rexionais xa non teñen que negociar exclusivamente cos seus propios estados, senón tamén coas instancias europeas, pois o proceso de integración afecta ás súas competencias e aos mesmo tempo abre oportunidades”.

Neste contexto, explicou o xefe do Executivo, no que a evolución dos procesos de descentralización foi imparable, “a idea dunha Europa das rexións está máis vixente ca nunca”. “Podemos dicir que hoxe en día as rexións son actores claves en Europa e ningunha estratexia pode esquecelas”, sentenciou.

Neste sentido, o presidente da Xunta sinalou que o papel das rexións é fundamental en políticas como a loita contra o cambio climático, a integración dos inmigrantes ou a adaptación a unha economía globalizada, “pois delas dependen en moitos casos o éxito ou fracaso na aplicación final destas políticas”, subliñou.

“Na Europa de hoxe as rexións deixaron de ser actores pasivos no deseño de políticas, o alto nivel competencial alcanzado por moitas delas permitiulles cobrar un maior peso dentro das estruturas estatais e iso non foi alleo a responsabilidade que conleva a xestión dos fondos europeos”, explicou.

O reto das rexións atópase, segundo destacou Pérez Touriño, “en conseguir que a voz das rexións non só sexa escoitada e tida en conta polas institucións europeas, senón considerada parte integrante e esencial nos procesos de toma de decisións”. Neste sentido, o presidente valorou a posta en marcha de diversos mecanismos que permitiron ás comunidades autónomas como Galicia participar na toma de decisións comunitarias.

Tal e como expuxo Pérez Touriño, unha das últimas evolucións neste sentido foi a posta en marcha dun sistema de participación autonómica nas formacións do Consello da UE. Así, durante o primeiro semestre do 2007 correspóndelle a Galicia representar no ámbito da educación ás comunidades autónomas españolas no Consello de Ministros da Unión Europea.

O presidente galego referiuse ao que considerou a “nova encrucillada” na que se atopa Europa: definir o lugar que ocuparán as rexións no proxecto europeo nos próximos anos. Neste sentido, incidiu na idea de que, para que o proxecto europeo se afiance definitivamente, “haberá que enraizarse nas rexións e nos cidadáns”. “En Galicia temos clara a nosa vocación europea. Estamos convencidos de que Galicia ten moito que dicir e que achegar en Europa. Nunha sociedade aberta, a nosa identidade e a súa defensa só cobra sentido dentro dunha identidade europea máis ampla, na que identifiquemos valores comúns e á que contribuamos cos propios”, destacou.

Así, o presidente galego rematou a súa intervención expresando a súa vocación europeísta e apostando por un proxecto, o europeo, “baseado nos principios de paz, democracia, desenvolvemento económico e social e respecto á diversidade”.< /i>

R., 2007-06-01

Actualidad

Foto del resto de noticias (libros.jpg) Máis de 3.000 alumnos e alumnas, tras ler as obras finalistas, emitiron as súas valoracións para escoller as obras gañadoras das sete categorías. Os títulos seleccionados na categoría Infantil foron Caderno de cores e cancións, de Magín Blanco e Sonia García, como ilustradora, e está editado por Galaxia. Na de primeiro e segundo curso de Educación primaria foi distinguido Violeta parapluie e outras historias de xente pouco corrente de Ramón D. Veiga, publicada por Edicións Embora. Na segunda categoría distinguiuse A pulga espacial de Xabier Domínguez e Alba de Evan.
Foto de la tercera plana (comunicacion.jpg) A Xunta publica a consulta previa para unha nova Lei de servizos dos medios públicos de comunicación audiovisual de Galicia para a sociedade dixital, que se adecúe á normativa europea e á realidade que trouxeron consigo os cambios tecnolóxicos dos últimos anos. As modificacións introducidas pola Directiva comunitaria 2018/1808, polo Regulamento comunitario 2024/1083 e pola recente Lei 13/2022 xeral de comunicación audiovisual, xunto cos avances tecnolóxicos, obrigan a reconsiderar o vixente texto legal.

Notas

O próximo día 8 de maio terá lugar no Xardín das Pedras que falan (xardín traseiro do Colexio de Fonseca), ás 20.00 horas e con entrada libre, a segunda edición do MilongUSC. Nesta ocasión, contará coa participación dos alumnos do curso de Danza-tango 23/24 da USC que, baixo as ensinanzas dos profesores Chusa Pérez de Vallejo e Ezequiel Merlo, amosarán o aprendido neste curso.
A Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense acolleu a xornada 'Inclusión e deporte. O deporte como clave para intervir socialmente'. Nela reivindicouse o papel da educación social no deporte, convidando a egresadas deste centro, educadoras sociais, a expor boas prácticas desenvolvidas neste eido en diferentes entidades da cidade.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES