Noticias

La Fundación Galicia Emigración multiplica su presupuesto dedicado a actividades

El conselleiro de Presidencia de la Xunta de Galicia hizo balance de la gestión de esta institución.

La Fundación Galicia Emigración multiplica su presupuesto dedicado a actividades. Esta es una de las conclusiones del balance presentado por el conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza de la Xunta de Galicia, José Luis Méndez Romeu, que destacó que este incremento se produjo coincidiendo con el cambio de Gobierno en Galicia.

Ménde Romeu señaló, además, que la Fundación Galicia Emigración tuvo que cubrir un desfase presupuestario de 600.000 euros debido a la mala gestión de sus anteriores responsables, según el conselleiro. La Xunta pretende introducir claridad y transparencia en la gestión de los fondos públicos, incluidos los que se encuentran en el exterior, por lo que el conselleiro de Presidencia recordó que la Xunta, por primera vez en la historia de la autonomía, acaba de aprobar un decreto que regula las delegaciones del propio Ejecutivo en el exterior.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza de la Xunta:

A Fundación Galicia Emigración vén de aumentar “notablemente” o seu orzamento dedicado a actividades, segundo asegurou o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, José Luis Méndez Romeu, no Parlamento. O conselleiro relatou que na primeira xuntanza da Fundación Galicia Emigración tras o cambio de Goberno se constatou que existía unha “impresionante” desviación de gastos e ingresos, que obrigou aos seus responsables a cubrir 600.000 euros de desviación entre os orzamentos de gastos e de ingresos.

“A Fundación, para cubrir ese desfase orzamentario provocado pola mala xestión dos anteriores responsables, tivo que actuar contra os fondos fundacionais, minorando estes en medio millón de euros –afirmou-. Malia iso, e coma expresión do compromiso dos membros do padroado, a Fundación neste momento ten multiplicado notablemente o capítulo de gastos dedicado a actividades, e así consta na memoria do último ano”.

O titular de Presidencia respondía así a unha interpelación sobre os integrantes e a localización das actividades desta entidade, sobre a que explicou que está rexida polo seu padroado, “que ten exactamente a mesma composición que determinou o goberno anterior” e no que figuran por razón do seu cargo representantes de diferentes consellerías relacionadas coa emigración, así coma 18 empresas “que estaban antes e que seguen estando agora”.

Méndez Romeu declarou que segundo a acta da xuntanza celebrada o 22 de xuño de 2006 todos eles acordaron por unanimidade nomear como apoderados a Evaristo Groña Marcote, José Antonio Fernández Andrade e Irene Gurrea en Arxentina, Uruguai e Venezuela, respectivamente. Sobre eles dixo que non son persoas descoñecidas no ámbito social, xa que dous deles son profesores universitarios mentres que outro é dirixente empresarial.

“Esas persoas desempeñan a súa función con carácter altruísta”, subliñou o titular de Presidencia, xa que a Fundación, no momento actual, “non está en condicións de pagar retribucións fixas e periódicas por este tipo de servizos”. As súas responsabilidades inclúen, entre outros, a representación da Fundación ante os organismos necesarios para o recoñecemento da súa personalidade xurídica e para celebrar, modificar, resolver ou rescindir certos tipos de contratos; así como a supervisión da execución das obrigas derivadas destes contratos.

O conselleiro informou á Cámara de que non hai constancia nin na Xunta –Secretaría de Emigración- nin na propia Fundación de ningunha queixa de persoas que foran atendidas nun lugar impropio. Ademais, lembrou que o Goberno, por primeira vez na historia da autonomía, vén de aprobar un decreto que regula as delegacións do propio Executivo no exterior.

“Ese decreto vai permitir a integración de todos os servizos das diferentes consellerías, institucións e órganos da administración, naqueles países en que así se decida, nunha única estrutura baixo a supervisión dun delegado nomeado polo Executivo”, relatou, o que tamén afectará a entidades que desempeñan servizos ou funcións por delegación ou por encomenda do Goberno, como o caso da Fundación Galicia Emigración. Segundo dixo, actualmente se está a facer un inventario dos lugares nos que cómpre levar adiante esta iniciativa, e é aí onde se procederá á devandita integración para que a representación do Goberno sexa exercida por funcionarios públicos e dentro do marco xurídico da propia administración de Galicia.

O conselleiro asegurou que o que intenta o Goberno é “introducir claridade e transparencia na xestión dos fondos públicos, tamén os que están alén do mar”. Con este obxetivo tense modificado a composición das comisións de avaliación de axudas para emigrantes no exterior: “Para unificar o procedemento e inxerilo plenamente na estrutura administrativa da Xunta de xeito que, como din as ordes deste ano, sexan funcionarios da propia administración os que avalíen a totalidade das solicitudes presentadas con criterios homoxéneos ao abeiro da convocatoria correspondente, decidan e propoñan a decisión que corresponda ao Goberno, e ao mesmo tempo ofrezan o abano de recursos que corresponde en calquera convocatoria”.

“Iso axudará a introducir, senón proximidade, polo menos transparencia na administración e garantías para que os cidadáns no exterior saiban que van ter exactamente o mesmo grao de compromiso do Goberno que os residentes no interior”, considerou Méndez Romeu, quen avogou por evitar a “mestura impropia” do que son as funcións dun representante político e as dun cargo institucional, sexa ou non retribuído.

R., 2007-02-28

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-cuantica.jpg) Foron presentados os novos equipamentos do Centro de Supercomputación de Galicia) instalación que vai incorporar un segundo computador cuántico, denominado IQM Spark. O novo supercomputador e os dous novos computadores cuánticos que se van adquirir situarán a nosa Comunidade na vangarda europea en canto a capacidade de almacenamento de datos e participación en grandes proxectos internacionais. En canto aos computadores cuánticos, o de menor capacidade (5 cúbits), dedicarase exclusivamente a tarefas de formación, probas de concepto e de algoritmia, complementando así ao de maior capacidade (54 cúbits), que será o buque insignia.
Foto de la tercera plana (autopista-ap9.jpg) A Xunta exixe o rescate da AP-9 e asina cos Gobernos de Asturias e Castela e León e o tecido empresarial das tres comunidades a Declaración Compostela, que insta á Comisión Europea a culminar o ditame sobre as prórrogas da AP-9 e AP-66. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, interveu no encontro 'As infraestruturas viarias do Noroeste', organizado pola Confederación de Empresarios de Galicia.

Notas

O próximo 12 de agosto a Península Ibérica vivirá un dos eventos astronómicos máis importantes do século: unha eclipse total de Sol. Pola súa posición xeográfica, a súa climatoloxía e a súa contorna histórica-monumental, a cidade de Lugo foi sinalada como un dos mellores destinos de toda Europa para contemplar este fenómeno na súa máxima plenitude.
A VIII edición do congreso da Sociedad de Estudios de Cerámica Antigua en Hispania (SECAH) está estes días celebrándose no campus de Ourense, cunha visita tamén a Lugo. A cita reúne a 80 especialistas de España e Portugal e conta cun programa formado por 50 relatorios e 35 pósters nos que se abordan as últimas novidades e proxectos neste eido de investigación.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES