Noticias

Fontegam, un novo recurso en liña para coñecer as linguas usadas na escrita da Galicia medieval

En FONTEGAM, xa aberto ao público para consulta libre, converxen textos latinos e romances. Os primeiros son achega do Corpus Documentale Latinum Gallaeciae (CODOLGA), proxecto desenvolvido tamén desde o Ramón Piñeiro, dependente da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades; mentres que os materiais romances son a contribución do Corpus Galego-Portugués Antigo (CGPA), impulsado desde o Instituto da Lingua Galega, centro de investigación da Universidade de Santiago de Compostela. Trátase dun recurso innovador que unifica nun mesmo espazo as linguas usadas na escrita da Galicia medieval, unha etapa da nosa historia na que ambas as institucións son un referente.

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou hoxe na presentación da nova base de datos Fontes Textuais da Galicia Medieval (FONTEGAM), unha nova ferramenta en liña impulsada polo Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades en colaboración co Instituto da Lingua Galega. “Trátase dun recurso innovador que unifica nun mesmo espazo as linguas usadas na escrita da Galicia medieval, unha etapa da nosa historia na que ambas as institucións son un referente”, destacou o representante da Xunta.

En FONTEGAM, xa aberto ao público para consulta libre, converxen textos latinos e romances. Os primeiros son achega do Corpus Documentale Latinum Gallaeciae (CODOLGA), proxecto desenvolvido tamén desde o Ramón Piñeiro, dependente da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades; mentres que os materiais romances son a contribución do Corpus Galego-Portugués Antigo (CGPA), impulsado desde o Instituto da Lingua Galega, centro de investigación da Universidade de Santiago de Compostela.

No acto de presentación, que tivo lugar no compostelán Pazo de san Roque, tamén participaron a directora do Instituto da Lingua Galega, Elisa Fernández Rei; o director do proxecto CODOLGA, Xosé Carracedo, e o director do Corpus Galego-Portugués Antigo, Xavier Varela.

Máis de 20.000 textos documentais dispoñibles

Precisamente o CODOLGA, que actualiza cada ano a súa aplicación informática coa incorporación de novos materiais, chega este 2024 á súa versión número 20 coa incorporación de 640 novos documentos procedentes, fundamentalmente, do Mosteiro de Santa María de Sobrado.

Isto supón que a base de datos do Centro Ramón Piñeiro ten dispoñibles a día de hoxe 20.320 textos documentais relacionados coa Gallaecia dos séculos VI ata o XV, para consulta libre e aproveitamento por parte de todo o público interesado na Galicia da Idade Media nos ámbitos da lingüística, da literatura, da cultura, da socioloxía ou da historia en xeral.

R., 2024-04-08

Actualidad

Foto del resto de noticias (libros.jpg) Máis de 3.000 alumnos e alumnas, tras ler as obras finalistas, emitiron as súas valoracións para escoller as obras gañadoras das sete categorías. Os títulos seleccionados na categoría Infantil foron Caderno de cores e cancións, de Magín Blanco e Sonia García, como ilustradora, e está editado por Galaxia. Na de primeiro e segundo curso de Educación primaria foi distinguido Violeta parapluie e outras historias de xente pouco corrente de Ramón D. Veiga, publicada por Edicións Embora. Na segunda categoría distinguiuse A pulga espacial de Xabier Domínguez e Alba de Evan.
Foto de la tercera plana (comunicacion.jpg) A Xunta publica a consulta previa para unha nova Lei de servizos dos medios públicos de comunicación audiovisual de Galicia para a sociedade dixital, que se adecúe á normativa europea e á realidade que trouxeron consigo os cambios tecnolóxicos dos últimos anos. As modificacións introducidas pola Directiva comunitaria 2018/1808, polo Regulamento comunitario 2024/1083 e pola recente Lei 13/2022 xeral de comunicación audiovisual, xunto cos avances tecnolóxicos, obrigan a reconsiderar o vixente texto legal.

Notas

O próximo día 8 de maio terá lugar no Xardín das Pedras que falan (xardín traseiro do Colexio de Fonseca), ás 20.00 horas e con entrada libre, a segunda edición do MilongUSC. Nesta ocasión, contará coa participación dos alumnos do curso de Danza-tango 23/24 da USC que, baixo as ensinanzas dos profesores Chusa Pérez de Vallejo e Ezequiel Merlo, amosarán o aprendido neste curso.
A Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense acolleu a xornada 'Inclusión e deporte. O deporte como clave para intervir socialmente'. Nela reivindicouse o papel da educación social no deporte, convidando a egresadas deste centro, educadoras sociais, a expor boas prácticas desenvolvidas neste eido en diferentes entidades da cidade.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES