Noticias

En marcha unha nova convocatoria do itinerario de consolidación da Business Factory Aero

Un total de 42 proxectos empresariais incubáronse, aceleráronse ou consolidáronse nas cinco edicións da Business Factory Aero, desde o seu inicio ata a actualidade. En concreto, 15 en itinerario de incubación, 21 en aceleración e 6 en consolidación, ás que se sumarán as tres que se seleccionarán nesta nova convocatoria que hoxe se lanza. Os proxectos das cinco primeiras edicións da BFAero, que ten a súa sede central en Lugo, xeraron 182 empregos; mobilizaron un investimento de 2,78 M€ (propio, de XesGalicia e de investidores externos); e rexistraron unha facturación conxunta de 6,54 M€ desde o inicio do programa en 2019.

A Xunta de Galicia reforza o seu apoio e compromiso co crecemento e internacionalización de empresas emerxentes do sector aeroespacial con proxectos disruptivos cunha nova convocatoria do itinerario de consolidación da Business Factory Aero (BFAero), o programa de incubación, aceleración e consolidación do Polo Aeroespacial de Galicia.

Ata o 14 de maio ás 14:00 horas, empresas de ata 7 anos de antigüidade cunha proposta innovadora, especialmente no segmento das tecnoloxías de sistemas non tripulados, poden presentar a súa candidatura na web www.bfaero.es, onde tamén poden consultarse as bases da convocatoria.

As tres empresas que resulten seleccionadas beneficiaranse dun completo programa de apoio de seis meses de duración que contempla a mentoría por parte de profesionais e empresas do sector, como Airbus, Avincis e Telespazio; a formación, a asistencia a feiras especializadas, apoio económico de ata 30.000 euros en axudas, acceso ás infraestruturas e servizos do ecosistema aeroespacial de Galicia cun bono de ata 10.000 euros, e financiamento de ata 250.000 euros de Xesgalicia.

Ademais, as empresas seleccionadas terán a oportunidade de conectar con outros emprendedores, institucións e potenciais investidores coa súa incorporación ao ecosistema do Polo Aeroespacial de Galicia, do que xa forman parte máis de 100 axentes, unha oportunidade única para fomentar a colaboración e o intercambio de ideas.

Arzeos Aircraft

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, anunciou hoxe o lanzamento desta nova convocatoria nunha visita a Arzeos Aircraft, en Silleda, onde coñeceu da man dos seus promotores o innovador prototipo de aeronave ultralixeira desta empresa, que será presentado internacionalmente a finais de mes na feira Aero Friedrichshafen en Alemaña.

Arzeos Aircraft está participando no itinerario de incubación da 5ª edición da Business Factory Aero, onde recibiu 40.000 euros de apoio económico directo. O seu proxecto está centrado no deseño e fabricación desta aeronave ultralixeira que incorpora novos mecanismos de seguridade pasiva e innovacións en materia de aerodinámica e ergonomía, que supoñen unha mellora na operación de voo e na seguridade dos ocupantes. Trátase dunha avioneta deseñada e construída integramente en Silleda.

Ademais, a startup foi unha das 126 financiadas no programa NEOTEC 2021 do CDTI, que apoia a empresas de recente creación con proxectos tecnolóxicos con gran potencial de crecemento, onde competiu con solicitudes de todo o territorio español; e acaba de obter unha axuda a startups do Igape, que apoia aos emprendedores innovadores cubrindo investimentos e gastos de lanzamento e consolidación dos proxectos. Tamén obtivo a certificación de Iniciativa de Emprego de Base Tecnolóxica da Xunta de Galicia en 2019, no ano da súa creación.

Balance BFAero

Un total de 42 proxectos empresariais incubáronse, aceleráronse ou consolidáronse nas cinco edicións da Business Factory Aero, desde o seu inicio ata a actualidade. En concreto, 15 en itinerario de incubación, 21 en aceleración e 6 en consolidación, ás que se sumarán as tres que se seleccionarán nesta nova convocatoria que hoxe se lanza.

Os proxectos das cinco primeiras edicións da BFAero, que ten a súa sede central en Lugo, xeraron 182 empregos; mobilizaron un investimento de 2,78 M€ (propio, de XesGalicia e de investidores externos); e rexistraron unha facturación conxunta de 6,54 M€ desde o inicio do programa en 2019. Catro delas obtiveron a certificación ENISA (Acre, Aguia, Anduriña e Proteus).

R., 2024-04-05

Actualidad

Foto del resto de noticias (libros.jpg) Máis de 3.000 alumnos e alumnas, tras ler as obras finalistas, emitiron as súas valoracións para escoller as obras gañadoras das sete categorías. Os títulos seleccionados na categoría Infantil foron Caderno de cores e cancións, de Magín Blanco e Sonia García, como ilustradora, e está editado por Galaxia. Na de primeiro e segundo curso de Educación primaria foi distinguido Violeta parapluie e outras historias de xente pouco corrente de Ramón D. Veiga, publicada por Edicións Embora. Na segunda categoría distinguiuse A pulga espacial de Xabier Domínguez e Alba de Evan.
Foto de la tercera plana (comunicacion.jpg) A Xunta publica a consulta previa para unha nova Lei de servizos dos medios públicos de comunicación audiovisual de Galicia para a sociedade dixital, que se adecúe á normativa europea e á realidade que trouxeron consigo os cambios tecnolóxicos dos últimos anos. As modificacións introducidas pola Directiva comunitaria 2018/1808, polo Regulamento comunitario 2024/1083 e pola recente Lei 13/2022 xeral de comunicación audiovisual, xunto cos avances tecnolóxicos, obrigan a reconsiderar o vixente texto legal.

Notas

O próximo día 8 de maio terá lugar no Xardín das Pedras que falan (xardín traseiro do Colexio de Fonseca), ás 20.00 horas e con entrada libre, a segunda edición do MilongUSC. Nesta ocasión, contará coa participación dos alumnos do curso de Danza-tango 23/24 da USC que, baixo as ensinanzas dos profesores Chusa Pérez de Vallejo e Ezequiel Merlo, amosarán o aprendido neste curso.
A Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense acolleu a xornada 'Inclusión e deporte. O deporte como clave para intervir socialmente'. Nela reivindicouse o papel da educación social no deporte, convidando a egresadas deste centro, educadoras sociais, a expor boas prácticas desenvolvidas neste eido en diferentes entidades da cidade.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES