Noticias

Xulio Gil retrata a un cento de artistas galegos nunha exposición na Coruña

Trátase dunha iniciativa do fotógrafo Xulio Gil, comisariada por Xabier Limia, que se poderá visitar na sede de Afundación na Coruña ata o 25 de maio. A mostra, articulada por unhas 100 imaxes, tivo o seu berce no ano 1988 co gallo da exposición Antropolóxicas e continuou posteriormente coa colección Artistas Galegos dirixida por Antón Pulido. Desde entón, foi sumando fotografías ata construír este proxecto expositivo, composto por imaxes de gran formato e acompañado dun catálogo. As persoas que se acheguen ata este espazo poderán descubrir as miradas capturadas por Xulio Gil de numerosos artistas recoñecidos como Francisco Leiro, Laxeiro, Elena Colmeiro, Antón Pulido, Ánxel Huete, Rosalía Pazó e moitos outros.

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participou hoxe na inauguración da mostra Xulio Gil. Retratos dun tempo da plástica galega, o proxecto da Xunta de Galicia e Afundación que, tras o seu paso por Vigo e Ourense, chega á cidade coruñesa. “Esta exposición é unha homenaxe á plástica galega desde os retratos fotográficos dun cento de artistas que tivo a ben capturar Xulio Gil”, sinalou o representante da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades.

Trátase dunha iniciativa do fotógrafo Xulio Gil, comisariada por Xabier Limia, que se poderá visitar na sede de Afundación na Coruña ata o 25 de maio. A mostra, articulada por unhas 100 imaxes, tivo o seu berce no ano 1988 co gallo da exposición Antropolóxicas e continuou posteriormente coa colección Artistas Galegos dirixida por Antón Pulido. Desde entón, foi sumando fotografías ata construír este proxecto expositivo, composto por imaxes de gran formato e acompañado dun catálogo editado pola Xunta.

As persoas que se acheguen ata este espazo poderán descubrir as miradas capturadas por Xulio Gil de numerosos artistas recoñecidos como Francisco Leiro, Laxeiro, Elena Colmeiro, Antón Pulido, Ánxel Huete, Rosalía Pazó e moitos outros. “Eles fixeron unha importante contribución á identidade cultural de Galicia e a realidade que hoxe coñecemos é froito do persoeiros aquí retratados”, concluíu o director xeral de Cultura.

R., 2024-04-04

Actualidad

Foto del resto de noticias (bus.jpg) O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou que o Consello aprobou hoxe a Estratexia galega de Mobilidade, a folla de ruta a seguir ata 2050 para 'garantir uns desprazamentos máis sostibles, seguros e funcionais' que estará dotada de 420 millóns de euros para implantar 'un centenar de medidas'. A estratexia contén un plan de acción que implica as diferentes administracións públicas, a autonómica, a estatal e a local, para facilitar os desprazamentos das persoas e mercadorías, apoiar a competitividade do territorio e transformar os patróns de mobilidade. Preséntase como un instrumento para deseñar solucións que permitan transformar o actual modelo nun máis funcional, sustentable e seguro.
Foto de la tercera plana (economia-porcentaje.jpg) O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, salientou hoxe que o Goberno galego xa adxudicou 985M€ de fondos do Mecanismo de recuperación e resiliencia (MRR) desde a posta en marcha do plan de recuperación. Así, o Executivo autonómico autorizou a publicación de convocatorias por importe de 1.097M€ e adxudicou o 90%, o que supón 'un grado de execución moi razoable', tal e como sinalou o titular da Administración. Segundo o informe analizado hoxe na reunión do Consello, na actualidade, a suma dos recursos do MRR asignados polo Goberno central á Administración galega ascenden a 1.545 M€, o 5,8 % do distribuído entre as comunidades autónomas, o que supón menos recursos dos que corresponderían á comunidade por PIB per cápita.

Notas

A Conferencia de Reitores de Universidades Españolas desenvolve este luns e o martes no Edificio Fontán da Cidade da Cultura as súas XXI Xornadas sobre Internacionalización e Cooperación, organizadas nesta ocasión polas tres universidades públicas galegas. A xornada inaugural presidiuna o reitor da USC, Antonio López Díaz, e contou coa participación dos seus homólogos da Coruña e Vigo, Ricardo Cao Abad e Manuel Reigosa Roger, respectivamente.
Do 6 ao 10 de maio o campus de Ourense acolle a celebración do 12 Taller internacional sobre cambios e tendencias a longo prazo na atmosfera (Trends 2024). Nel participan de xeito presencial ou virtual 77 especialista de 21 países e procedentes de 51 institucións, entre elas a Nasa, o Massachusetts Institute of Technology (MIT), o National Center for Atmospheric Research dos EEUU e as academia de Ciencias de países como China, India e Chequia, ademais de España.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES