Noticias

Galicia prepara as reclamacións da fronte común para solicitar unha maior flexibilidade na PAC e a súa adaptación á realidade galega

O conselleiro do Medio Rural en funcións, José González, reuniuse con representantes de Unións Agrarias, Sindicato Labrego Galego, Asaga, Agaca e Fruga, as principais asociacións profesionais agrarias de Galicia. O obxectivo desta xuntanza foi avanzar na postura conxunta de Galicia diante do debate sobre o futuro da PAC, no marco das reunións técnicas que se están celebrando en Madrid entre o Goberno e as comunidades autónomas para flexibilizar o Plan Estratéxico da PAC (Pepac) 2023-2027. Es encontro tivo como obxectivo avanzar no deseño consensuado do documento que Galicia trasladará ao Goberno de España, como resposta ao posicionamento do Executivo na negociación para flexibilizar o Pepac.

Xunta e representantes das organizacións agrarias volveron a coincidir no encontro desta tarde tanto na insuficiencia das modificacións propostas ata o de agora polo Goberno, do que se volveu a lamentar a falta de diálogo, coma na urxencia de reducir a carga burocrática que hoxe soportan os agricultores e gandeiros derivada da nova PAC.

Na reunión volveu quedou clara a demanda común de goberno autonómico e representantes das entidades profesionais agrarias sobre cuestións coma a voluntariedade no uso do caderno dixital e a non aplicación da normativa vencellada á figura do veterinario de explotacións. Exemplos, remarcou o conselleiro do Medio Rural en funcións, dunha “lexislación comunitaria deseñada a costas do territorio, e que está a impoñer trabas aos nosos produtores en lugar de traballar para garantir a viabilidade dun sector fundamental para o futuro de Europa”.

Adaptar o novo Pepac ás características de Galicia

Neste sentido, a corto plazo, Xunta e organizacións agrarias traballarán para consensuar un posicionamento común de cara ao proceso de negociación da Pepac 2023-2027, que se está desenvolvendo nestes momentos entre o Ministerio de Agricultura e as comunidades autónomas.

O conselleiro en funcións remarcou que Galicia solicita ao Goberno flexibilizar a normativa comunitaria e que se axuste á realidade e ás peculiaridades do territorio galego en concreto e de toda a Cornixa cantábrica en xeral. Neste sentido, o conselleiro advertiu hoxe que a proposta do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA), “con total claridade, non se adecúa a Galicia nin, por extensión, ás comunidades autónomas do Cantábrico”. Así, sinalou que o territorio galego ten unhas condicións moi específicas (minifundismo, pluviometría, tamaño das explotacións ou tipos de solo, entre outras) que esixen un redeseño concreto de determinadas medidas da PAC, algo que -engadiu- “ata o de agora non se está facendo”.

Na reunión desta tarde, ademais de reducir a mencionada carga administrativa das explotacións, coincidiron noutras cuestións como a necesaria modificación dos ecorrexímenes e a chamada “condicionalidade reforzada” para adaptarse á realidade galega e non prexudicar aos agricultores e gandeiros galegos. Unha situación que xa fora advertida ao Goberno ao longo da negociación da nova Pepac.

Traballar por un posicionamento común en cuestións estratéxicas para o futuro do agro

En paralelo, xunto á negociación da flexibilización de Plan Estratéxico da PAC, as organizacións agrarias tamén achegarán as súas propostas ao amplo paquete de medidas que a Xunta quere coordinar con estes axentes e o resto das comunidades autónomas da cornixa cantábrica, en cuestións estratéxicas para o futuro do agro -a nivel estatal e comunitario-.

Este documento conta con catro grandes bloques, comezando precisamente pola solicitude de revisión de toda a normativa nacional derivada das directivas europeas da nova PAC. Neste primeiro bloque ten un especial protagonismo a necesidade de reducir a burocracia imposta aos agricultores e gandeiros, en cuestións xa mencionadas como flexibilizar o caderno dixital das explotacións ou potenciar as asociacións de defensa sanitaria gandeira fronte á figura do veterinario de explotación; ou alixeirar as inspeccións para facilitar o traballo cotiá dos produtores.

Ademais, outras reclamacións de Galicia -incluídas na segunda e terceira parte deste documento- e nas que tamén coincide coas asociacións profesionais do agro galego pasan pola esixencia de igualdade en relación coas regras de xogo nos mercados para todos os agricultores e gandeiros, de forma que nos tratados internacionais con terceiros países se inclúan cláusulas espello que garantan ese mesmo trato para todos os produtos; ademais de urxir a modificación da Lei da cadea alimentaria para que se cumpra dun xeito efectivo, introducindo mecanismos como os deseñados por Galicia -Contacarne e Contaláctea-, e traballar en coordinación coas CCAA para que os prezos que perciben os produtores cubran os seus custos, máis a marxe de beneficio correspondente.

O goberno autonómico galego tamén plantexa outros elementos estratéxicos para o futuro do rural -como unha fiscalidade favorable-, apelando ao Goberno na necesidade de que sitúe ao sector agrogandeiro no centro das súas políticas, asumindo o carácter de potencia agroalimentaria de España tanto nas políticas estatais como a nivel comunitaria, reclamando en Bruxelas unha moratoria urxente e temporal das medidas europeas que están a afogar hoxe aos agricultores e gandeiros, co obxectivo de realizar unha reflexión estratéxica sobre o futuro do sector que desemboque no redeseño das políticas cuestionadas, favorecendo unha introdución gradual no territorio.

R., 2024-03-12

Actualidad

Foto del resto de noticias (libros.jpg) Máis de 3.000 alumnos e alumnas, tras ler as obras finalistas, emitiron as súas valoracións para escoller as obras gañadoras das sete categorías. Os títulos seleccionados na categoría Infantil foron Caderno de cores e cancións, de Magín Blanco e Sonia García, como ilustradora, e está editado por Galaxia. Na de primeiro e segundo curso de Educación primaria foi distinguido Violeta parapluie e outras historias de xente pouco corrente de Ramón D. Veiga, publicada por Edicións Embora. Na segunda categoría distinguiuse A pulga espacial de Xabier Domínguez e Alba de Evan.
Foto de la tercera plana (comunicacion.jpg) A Xunta publica a consulta previa para unha nova Lei de servizos dos medios públicos de comunicación audiovisual de Galicia para a sociedade dixital, que se adecúe á normativa europea e á realidade que trouxeron consigo os cambios tecnolóxicos dos últimos anos. As modificacións introducidas pola Directiva comunitaria 2018/1808, polo Regulamento comunitario 2024/1083 e pola recente Lei 13/2022 xeral de comunicación audiovisual, xunto cos avances tecnolóxicos, obrigan a reconsiderar o vixente texto legal.

Notas

O próximo día 8 de maio terá lugar no Xardín das Pedras que falan (xardín traseiro do Colexio de Fonseca), ás 20.00 horas e con entrada libre, a segunda edición do MilongUSC. Nesta ocasión, contará coa participación dos alumnos do curso de Danza-tango 23/24 da USC que, baixo as ensinanzas dos profesores Chusa Pérez de Vallejo e Ezequiel Merlo, amosarán o aprendido neste curso.
A Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense acolleu a xornada 'Inclusión e deporte. O deporte como clave para intervir socialmente'. Nela reivindicouse o papel da educación social no deporte, convidando a egresadas deste centro, educadoras sociais, a expor boas prácticas desenvolvidas neste eido en diferentes entidades da cidade.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES