Noticias

Galicia participa no proxecto transfronteirizo Innov4life para a validación de solucións innovadoras dixitais no eido da saúde

O conselleiro de Sanidade en funcións, Julio García Comesaña, participou no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, no acto de lanzamento do proxecto ‘Innov4life’, o novo programa no que Galicia e Portugal colaborarán na procura de novas solucións dixitais para abordar as demencias e a dexeneración cognitiva. Así, mediante unha dotación económica de 1,5 millóns de euros (a través do Programa Interreg POCTEP) e unha duración de tres anos, o proxecto establecerá un LivingLab que contará con instalacións na cidade de Vigo e na Santa Casa dá Misericórdia de Riba de Ave (Portugal).

Na compaña do xerente da área sanitaria de Vigo, Javier Puente; o xerente da Axencia Galega de Coñecemento en Saúde (ACIS), Antonio Fernández-Campa; e do presidente da AFAGA Alzhéimer, Juan Carlos Rodríguez; Comesaña remarcou que a Xunta continúa coa súa aposta decidida por un Servizo Galego de Saúde “innovador e referente a nivel europeo”, unha folla de ruta que xa lle supuxo o máximo recoñecemento da Unión Europea, como rexión de referencia no desenvolvemento de prácticas para un envellecento activo e saudable.

O proxecto Innov4Life contribuirá a pechar a brecha entre os axentes innovadores e os usuarios finais que forman parte do grupo demográfico ao que se dirixen estas solucións em saúde. Deste xeito, crearanse as condicións para poder valilidar estas solucións dixitais, posibilitando a súa proba, recepción e adopción entre os usuarios finais, e dentro da súa propia contorna.

Coa coordinación do Centro de Competencia para o Envellecemento Activo e Saudable da Universidade do Porto ‘Porto4Ageing’, un total de sete organizacións forman parte deste consorcio.

Neste senso, catro delas son galegas: a Universidade de Santiago de Compostela (USC); o Servizo Galego de Saúde (SERGAS) a través da Área sanitaria de Vigo; a Axencia Galega de Coñecemento en Saúde (ACIS); e AFAGA Alzheimer. Así mesmo, o Parque de Ciência e Tecnologia da Universidade do Porto (UPTEC) e a Santa Casa dá Misericórdia de Riba de Ave, serán os representantes por parte de Portugal.

O evento estenderase durante dous días, e incluirá unha visita ao Instituto de Investigación Biomédica Galicia Sur, conducida pola súa Directora Científica, Eva Póveda.

Galicia, referente en proxectos de envellecemento activo

Esta iniciativa continúa coa traxectoria de Galicia que a levou a ter o recoñecemento por parte da Comisión Europea como rexión de referencia europea -con catro estrelas-, no desenvolvemento de prácticas innovadoras, no marco da iniciativa estratéxica European Innovation Partnership on Active and Healthy Ageing (EIP on AHA).

O LivingLab de Saúde de Vigo será o segundo tras a experiencia em Ourense da rede LABSAÚDE, e contará coa colaboración do Servizo Galego de Saúde, Universidades, centros de investigación, empresas, organismos de apoio do sector da biomedicina e da biotecnoloxía e á sociedade. Trátase dun espazo de creación, que promove a innovación, a transferencia de coñecemento e o desenvolvemento dun tecido empresarial emprendedor no eido da saúde.

A nivel europeo, actualmente están en marcha seis proxectos europeos xunto con Innov4Life cun orzamento, e que superan os 25 millóns de euros de investimento. Entre os mesmo destacan: Procure4health para a creación dunha rede europea de compra pública de innovación en saúde (5 millóns); Circe para a transferencia e implantación de boas prácticas en atención primaria (12,2 millóns); Invest4Health que procura novos modelos de financiamento para os sistemas sanitarios (5,5 millóns); TransfireSaúde cuxo obxectivo é o impulso da integración do ecosistema de I+D+i eurorexional en saúde (2,5 millóns); e Hercules centrado na medicina personalizada e o fomento do envellecemento activo e saudable da poboación (1,6 millóns).

R., 2024-02-27

Actualidad

Foto del resto de noticias (libros.jpg) Máis de 3.000 alumnos e alumnas, tras ler as obras finalistas, emitiron as súas valoracións para escoller as obras gañadoras das sete categorías. Os títulos seleccionados na categoría Infantil foron Caderno de cores e cancións, de Magín Blanco e Sonia García, como ilustradora, e está editado por Galaxia. Na de primeiro e segundo curso de Educación primaria foi distinguido Violeta parapluie e outras historias de xente pouco corrente de Ramón D. Veiga, publicada por Edicións Embora. Na segunda categoría distinguiuse A pulga espacial de Xabier Domínguez e Alba de Evan.
Foto de la tercera plana (comunicacion.jpg) A Xunta publica a consulta previa para unha nova Lei de servizos dos medios públicos de comunicación audiovisual de Galicia para a sociedade dixital, que se adecúe á normativa europea e á realidade que trouxeron consigo os cambios tecnolóxicos dos últimos anos. As modificacións introducidas pola Directiva comunitaria 2018/1808, polo Regulamento comunitario 2024/1083 e pola recente Lei 13/2022 xeral de comunicación audiovisual, xunto cos avances tecnolóxicos, obrigan a reconsiderar o vixente texto legal.

Notas

O próximo día 8 de maio terá lugar no Xardín das Pedras que falan (xardín traseiro do Colexio de Fonseca), ás 20.00 horas e con entrada libre, a segunda edición do MilongUSC. Nesta ocasión, contará coa participación dos alumnos do curso de Danza-tango 23/24 da USC que, baixo as ensinanzas dos profesores Chusa Pérez de Vallejo e Ezequiel Merlo, amosarán o aprendido neste curso.
A Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense acolleu a xornada 'Inclusión e deporte. O deporte como clave para intervir socialmente'. Nela reivindicouse o papel da educación social no deporte, convidando a egresadas deste centro, educadoras sociais, a expor boas prácticas desenvolvidas neste eido en diferentes entidades da cidade.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES