Noticias

O Bono Deporte permitirá financiar a compra de equipamento e a realización de actividades a nenos e nenas de 6 a 16 anos

A Xunta de Galicia vén de poñer en marcha o novo Bono Deporte, unha iniciativa destinada a nenos e nenas galegos entre 6 e 16 anos que conten con licenza deportiva federada, ou que participen no programa Xogade. Este bono ofrece descontos do 80% (ata esgotar o importe do mesmo) na adquisición de material e equipamento deportivo e na realización de actividades relacionadas co deporte. Con este programa preténdese promover a vida saudable e a socialización entre os nenos e nenas, mentres se axuda ás familias a afrontar os gastos relacionados coa práctica deportiva.

O Bono Deporte pretende ademais promover o deporte base e os valores do deporte entre a rapazada da nosa comunidade, complementando así outras iniciativas da Xunta de Galicia como o Programa Xogade.

O Bono Deporte pode descargarse ata o 29 de febreiro, e unha vez descargado a contía queda reservada para o beneficiario, contía que se poderá empregar ata o 1 de xullo nun dos más dos 700 establecementos adheridos. O primeiro paso é darse de alta na web bonodeporte.gal, e unha vez recibido o SMS de validación, o bono pode ser activado e descargado nunha aplicación wallet en formato dixital mediante un código QR.

Coa contía asignada, as familias beneficiarias poden adquirir material e equipamento deportivo, e tamén afrontar o pago de actividades deportivas, como cotas de clubs, clases, monitores ou cursos. Os gastos realizados vanse descontando da contía total (IVE incluído), simplemente amosando o código QR no momento do pago en establecementos e entidades adheridos, que estarán identificados co distintivo da campaña. Estas entidades accederán á aplicación do Bono Deporte, que validará e calculará o prezo final con desconto. Este desconto será aplicado ao prezo final e se descontará do wallet do cliente.

Para calquera dúbida ou suxestión, este programa pon ao dispor da cidadanía o seguinte correo electrónico: bonodeporte@xunta.gal.

R., 2024-02-19

Actualidad

Foto del resto de noticias (libros.jpg) Máis de 3.000 alumnos e alumnas, tras ler as obras finalistas, emitiron as súas valoracións para escoller as obras gañadoras das sete categorías. Os títulos seleccionados na categoría Infantil foron Caderno de cores e cancións, de Magín Blanco e Sonia García, como ilustradora, e está editado por Galaxia. Na de primeiro e segundo curso de Educación primaria foi distinguido Violeta parapluie e outras historias de xente pouco corrente de Ramón D. Veiga, publicada por Edicións Embora. Na segunda categoría distinguiuse A pulga espacial de Xabier Domínguez e Alba de Evan.
Foto de la tercera plana (comunicacion.jpg) A Xunta publica a consulta previa para unha nova Lei de servizos dos medios públicos de comunicación audiovisual de Galicia para a sociedade dixital, que se adecúe á normativa europea e á realidade que trouxeron consigo os cambios tecnolóxicos dos últimos anos. As modificacións introducidas pola Directiva comunitaria 2018/1808, polo Regulamento comunitario 2024/1083 e pola recente Lei 13/2022 xeral de comunicación audiovisual, xunto cos avances tecnolóxicos, obrigan a reconsiderar o vixente texto legal.

Notas

O próximo día 8 de maio terá lugar no Xardín das Pedras que falan (xardín traseiro do Colexio de Fonseca), ás 20.00 horas e con entrada libre, a segunda edición do MilongUSC. Nesta ocasión, contará coa participación dos alumnos do curso de Danza-tango 23/24 da USC que, baixo as ensinanzas dos profesores Chusa Pérez de Vallejo e Ezequiel Merlo, amosarán o aprendido neste curso.
A Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense acolleu a xornada 'Inclusión e deporte. O deporte como clave para intervir socialmente'. Nela reivindicouse o papel da educación social no deporte, convidando a egresadas deste centro, educadoras sociais, a expor boas prácticas desenvolvidas neste eido en diferentes entidades da cidade.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES