Noticias

Galicia e outras rexións europeas avalían a dimensión rexional da loita contra o tráfico de drogas

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou hoxe en Bruxelas no último encontro da comisión de Cidadanía, Gobernanza, Asuntos Institucionais (CIVEX) do Comité Europeo das Rexións (CdR). Nun dos debates sobre os novos ditames, abordouse a nova folla de ruta para a loita contra o tráfico de drogas, adoptada pola Comisión Europea en outubro de 2023 para intensificar os esforzos da UE neste eido. No debate avaliouse o papel das autoridades rexionais e locais na mitigación dos efectos negativos do tráfico de drogas, especialmente no ámbito da prevención. Neste sentido, a través das súas aportacións ao documento de traballo do ditame, a Xunta puxo o foco no ámbito escolar, apostando por campañas de información destinadas tanto aos mozos como aos seus familiares e docentes.

Ademais, os asistentes subliñaron a importancia da cooperación entre os actores competentes a todos os niveis, tanto a escala nacional como no marco comunitario.

Tamén nesta última comisión CIVEX, o director xeral interveu para compartir a súa valoración da oitava edición do foro internacional Cidades e rexións pola cooperación internacional. Celebrada o pasado mes de decembro, contou coa súa participación na sesión de clausura en calidade de representante do CdR.

Na súa intervención, Jesús Gamallo destacou o traballo desenvolvido nas 25 mesas de debate celebradas ao longo do foro. Finalmente, pechou cunhas conclusións nas que subliñou a importancia da cooperación descentralizada e da Global Gateway, a estratexia europea que pretende colmar o déficit de financiamento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS) mediante a creación de vínculos a nivel global que impulsen o investimento en infraestruturas sostibles e de calidade.

Galicia nas comisións CIVEX e NAT do Comité das Rexións

No actual mandato 2020-2025 do Comité Europeo das Rexións, Galicia participa na Comisión de Recursos Naturais (NAT) e na Comisión de Cidadanía, Gobernanza e Asuntos Institucionais e Exteriores (CIVEX). Esta última elabora ditames en materia de seguridade, liberdade, xustiza, política migratoria e cidadanía, polo que nestes momentos contribúe de maneira fundamental a reforzar a democracia europea.

Na reunión da CIVEX celebrada hoxe tamén tivo lugar a aprobación de dous ditames sobre a situación da política de ampliación, un intercambio de puntos de vista sobre a subsidariedade activa e un debate sobre o Paquete de Defensa da Democracia.

R., 2024-02-07

Actualidad

Foto del resto de noticias (libros.jpg) Máis de 3.000 alumnos e alumnas, tras ler as obras finalistas, emitiron as súas valoracións para escoller as obras gañadoras das sete categorías. Os títulos seleccionados na categoría Infantil foron Caderno de cores e cancións, de Magín Blanco e Sonia García, como ilustradora, e está editado por Galaxia. Na de primeiro e segundo curso de Educación primaria foi distinguido Violeta parapluie e outras historias de xente pouco corrente de Ramón D. Veiga, publicada por Edicións Embora. Na segunda categoría distinguiuse A pulga espacial de Xabier Domínguez e Alba de Evan.
Foto de la tercera plana (comunicacion.jpg) A Xunta publica a consulta previa para unha nova Lei de servizos dos medios públicos de comunicación audiovisual de Galicia para a sociedade dixital, que se adecúe á normativa europea e á realidade que trouxeron consigo os cambios tecnolóxicos dos últimos anos. As modificacións introducidas pola Directiva comunitaria 2018/1808, polo Regulamento comunitario 2024/1083 e pola recente Lei 13/2022 xeral de comunicación audiovisual, xunto cos avances tecnolóxicos, obrigan a reconsiderar o vixente texto legal.

Notas

O próximo día 8 de maio terá lugar no Xardín das Pedras que falan (xardín traseiro do Colexio de Fonseca), ás 20.00 horas e con entrada libre, a segunda edición do MilongUSC. Nesta ocasión, contará coa participación dos alumnos do curso de Danza-tango 23/24 da USC que, baixo as ensinanzas dos profesores Chusa Pérez de Vallejo e Ezequiel Merlo, amosarán o aprendido neste curso.
A Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense acolleu a xornada 'Inclusión e deporte. O deporte como clave para intervir socialmente'. Nela reivindicouse o papel da educación social no deporte, convidando a egresadas deste centro, educadoras sociais, a expor boas prácticas desenvolvidas neste eido en diferentes entidades da cidade.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES