Noticias

Presentados os membros dos catro comités que asesorarán o Proxecto Xenoma Galicia

Foron presentados os comités que asesorarán o Proxecto Xenoma Galicia, a nova iniciativa sanitaria coa que a Xunta recompilará o ADN de 400.000 galegos e galegas, co obxectivo de poder detectar enfermidades antes de que aparezan, diagnosticalas dun xeito precoz e ofrecer tratamentos farmacolóxicos individualizados. O devandito proxecto, permitirá identificar as variantes xenéticas das persoas que, con idades comprendidas entre os 35 e os 65 anos, participen neste programa. Así, o conselleiro destacou o seu carácter “de país”, de acordo ao grande valor científico-sanitario que terá a recollida e secuenciación destes datos xenéticos.

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, interveu esta mañá no acto de presentación dos comités que asesorarán o Proxecto Xenoma Galicia. A nova iniciativa sanitaria coa que a Xunta recompilará o ADN de 400.000 galegos e galegas, co obxectivo de poder detectar enfermidades antes de que aparezan, diagnosticalas dun xeito precoz e ofrecer tratamentos farmacolóxicos individualizados.

O devandito proxecto, permitirá identificar as variantes xenéticas das persoas que, con idades comprendidas entre os 35 e os 65 anos, participen neste programa. Así, o conselleiro destacou o seu carácter “de país”, de acordo ao grande valor científico-sanitario que terá a recollida e secuenciación destes datos xenéticos.

Con estas probas xerarase unha información fundamental para a historia clínica do paciente, pero tamén moi valiosa para o eido da investigación e para coñecer o perfil xenético da comunidade.

Acompañado polo director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica, Ángel Carracedo; e pola coordinadora do proxecto, María Brión; o titular do departamento sanitario da Xunta precisou tamén que “100.000 destas 400.000 persoas” participarán así mesmo na denominada ‘Cohorte Galicia’, unha sección que, inserida dentro do programa, ten por obxecto a creación dun Biobanco de mostras de sangue, plasma e soro; para poder afondar no eido investigación e desenvolver fármacos máis adaptados ás características xenéticas máis cotiás entre poboación galega.

Galicia, referente mundial en investigación xenética

Durante o acto, o doutor Ángel Carracedo, subliñou a “importancia que terá este proxecto para a comunidade científica mundial”, destacando así mesmo a súa dimensión, de acordo ao seu grande número de participantes, “un feito que situará Galicia nas primeiras posicións da investigación xenética mundial”.

“As futuras xeracións agradecerán a realización deste proxecto”, proseguiu o director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica, pois os seus datos suporán unha revolución para o coidado da saúde da nosa poboación.

Pola súa banda, a coordinadora do Proxecto Xenoma Galicia, María Brión, explicou que entre os obxectivos do programa destacan: a creación dun banco con datos xenéticos, a creación dun biobanco de mostras biolóxicas, e tamén a realización de cribados xenéticos, que nesta primera fase do proxecto abordarán o cribado de cancer de mama e ovario hereditario, sindrome de Lynch e a Hipercolesterolemia familiar.

“Avanzaremos no coñecemento das bases xenéticas das enfermidades e situaremos a Galicia no primeiro nivel da investigación xenómica mundial”, concluíu Brión.
Catro comités para un proxecto ambicioso

Durante o acto desta mañá, déronse a coñecer os nomes dos membros dos 4 comités que asesorarán e acompañarán o desenvolvemento do Proxecto Xenoma Galicia. Comesaña explicou que esta iniciativa tamén implicará ás universidades galegas, aos institutos e centros de investigación, así como ao tecido económico do ámbito biotecnolóxico de Galicia.

Nesta liña, remarcou que o Proxecto Xenoma Galicia contará co acompañamento e asesoramento de ata 4 comités: un institucional, un de tipo funcional, ademais de cadanseu comité científico de carácter interno e externo.

“Eliximos aos mellores expertos para formar dos comités do Proxecto Xenoma Galicia”, apuntou Comesaña, ao tempo que puxo en valor a firme aposta da Xunta pola Medicina 5P -personalizada, predictiva, preventiva, participativa e poboacional-.

“Trátase dun proxecto moi ambicioso” salientou o conselleiro, e co que “se avanza cara a Sanidade do futuro”, que se caracterizará por afondar en modelos sanitarios predictivos, e cos que se procura anticipar a aparición das doenzas ou das lesións de calquera tipo, garantido diagnósticos e tratamentos máis precoces e eficaces.

No transcurso desta mañá, interviron na presentación do Proxecto Xenoma Galicia, o profesor de ciencia estadística na Universidade de Oxford e director executivo de Genomics PLC, Peter Donnelly; o profesor de Xenética Complexa no Centro Médico Erasmus de Rotterdam e director do Genomics Core Facility, o doutor André Utterlinden; o xefe do Biobanco de Estonia e Director do Centro de Xenoma de Estonia, doutor Andrés Mespalu; e o membro nacional do Comité Científico Director do departamento de Ciencias da Vida do Barcelona Supercomputing Center e coordinador do eixo de datos da iniciativa IMPaCT, o doutor Alfonso Valencia.

Así mesmo, o doutor Joaquín Cubiella, moderou a charla sobre o Proxecto Xenoma Galicia, na que participaron como relatores, o xefe do servizo de Oncoloxía do CHUO, Jesús García Mata; o xefe do servizo de Cardioloxía do CHUS, José Ramón Juanatey e o xefe da sección de Medicina interna do CHUAC, José Luis Díaz Díaz.

Membros dos Comités científicos

Comité científico externo

Peter Donnelly (Universidad de Oxford y Genomics PLC)
Carmen Ayuso (IIS,Fundación Jimenez Diaz, Madrid)
Andres Metspalu (Estonian Genome Center, Tartu, Estonia)
Astrid Vicente (Universidad de Lisboa, Portugal)
Marcos Lopez Hoyos (Cohorte Cantabria, Instituto de investigación de Valdecilla)
André Uitterlinden (Erasmus MC, Rotterdam)
Marina Pollán (Coordinadora de Impact cohortes Madrid,)
Alfonso Valencia (Coordinador de Impact datos, Barcelona )

Comité científico interno

José Ramón González Juanatey
Rafael López López
Rosario García Campelo
Jesús García Mata
David Posada González
Francisco Javier Blanco García
Joaquín Cubiella Fernández
Maria José Lamas Gonzalez
Francisco Javier De Toro Santos
Manuel Portela Romero
Francisco Javier García Soidán
José Luis Díaz Díaz
José Enrique López Paz
María Isabel Loza García
Alberto Malvar Pintos
Ángel Gómez Amorín
Susana María Romero Yuste
Ana Echarri Piudo
Sergio Vázquez Estévez
Ana Vega Glienmo
Clara Ruiz Ponte
Ángel Carracedo Alvarez
María Brion Martínez

R., 2024-01-26

Actualidad

Foto del resto de noticias (libros.jpg) Máis de 3.000 alumnos e alumnas, tras ler as obras finalistas, emitiron as súas valoracións para escoller as obras gañadoras das sete categorías. Os títulos seleccionados na categoría Infantil foron Caderno de cores e cancións, de Magín Blanco e Sonia García, como ilustradora, e está editado por Galaxia. Na de primeiro e segundo curso de Educación primaria foi distinguido Violeta parapluie e outras historias de xente pouco corrente de Ramón D. Veiga, publicada por Edicións Embora. Na segunda categoría distinguiuse A pulga espacial de Xabier Domínguez e Alba de Evan.
Foto de la tercera plana (comunicacion.jpg) A Xunta publica a consulta previa para unha nova Lei de servizos dos medios públicos de comunicación audiovisual de Galicia para a sociedade dixital, que se adecúe á normativa europea e á realidade que trouxeron consigo os cambios tecnolóxicos dos últimos anos. As modificacións introducidas pola Directiva comunitaria 2018/1808, polo Regulamento comunitario 2024/1083 e pola recente Lei 13/2022 xeral de comunicación audiovisual, xunto cos avances tecnolóxicos, obrigan a reconsiderar o vixente texto legal.

Notas

O próximo día 8 de maio terá lugar no Xardín das Pedras que falan (xardín traseiro do Colexio de Fonseca), ás 20.00 horas e con entrada libre, a segunda edición do MilongUSC. Nesta ocasión, contará coa participación dos alumnos do curso de Danza-tango 23/24 da USC que, baixo as ensinanzas dos profesores Chusa Pérez de Vallejo e Ezequiel Merlo, amosarán o aprendido neste curso.
A Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense acolleu a xornada 'Inclusión e deporte. O deporte como clave para intervir socialmente'. Nela reivindicouse o papel da educación social no deporte, convidando a egresadas deste centro, educadoras sociais, a expor boas prácticas desenvolvidas neste eido en diferentes entidades da cidade.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES