Noticias

Galicia refórzase en setembro como destino competitivo cos mellores niveis de rendibilidade hoteleira desde que se teñen rexistros

O turismo de Galicia avanza na súa recuperación tanto de xeito cuantitativo, con máis viaxeiros que fan tamén máis noites en Galicia, pero tamén con importantes avances de xeito cualitativo desde o punto de vista económico. Así se desprende dos datos feitos públicos hoxe polo Instituto Nacional de Estatística (INE) sobre a actividade turística no mes de setembro nos hoteis e pensións galegas. O INE revela que foi o mellor mes de setembro desde que hai rexistros nestes establecementos. Así, en setembro preto de 594.000 viaxeiros escolleron os hoteis e pensións galegos, que fixeron 1,1 de noites, cifras que superan nun 4,6 % en un 3,2 % respectivamente as do ano pasado.

E tamén son valores mellores que antes da pandemia, neste caso o incremento é dun 20 % e convértense nos mellores datos dun mes de setembro desde que se teñen rexistros. Trátase de cifras especialmente significativas nun ano post-Xacobeo no que habitualmente os niveis de demanda caen en termos interanuais.

No mes de setembro destaca de novo o comportamento do turismo internacional. O 66 % das noites en hoteis e pensións corresponderon ao turismo nacional, o 18 % ao dos propios galegos e o 34 % ao turistas estranxeiros. Este segmento turístico, ademais, foi o que máis dinamismo tivo neste mes, que supera nun 23 % o volume de noites con respecto ao ano pasado.

Consolidación da recuperación

Estas boas cifras acontecen nun contexto, ademais, que permite que o sector hoteleiro mellorase en setembro nun 8 % nos niveis de rendibilidade, en comparación cos datos do pasado ano. Con estas cifras estímase que o sector hoteleiro obtivo uns ingresos totais nominais de 47,8 millóns de euros en setembro (un 10,4 % máis que o ano pasado), e tamén superior ao valor previo á pandemia, de setembro de 2019, cando se facturaban 36,6 millóns de euros no segmento hoteleiro da comunidade. Polo que se trata das cifras máis altas da serie histórica de setembro.

Estas cifras constatan a consolidación da recuperación do turismo galego e fanse extensivas tamén ao acumulado do ano, no que, segundo os datos do INE, a rendibilidade hoteleira tamén está a medrar nos nove primeiros meses do ano, neste caso un 7 %. As cifras globais de viaxeiros e noites completaranse cando o INE contabilice tamén os datos do resto de establecementos de aloxamento (establecementos de turismo rural, campings, albergues, apartamentos e vivendas turísticas) na súa enquisa de establecementos extrahoteleiros.

R., 2023-10-23

Actualidad

Foto del resto de noticias (medio-ambiente.jpg) O Pacto Mundial da ONU é a iniciativa de Nacións Unidas que lidera a sustentabilidade empresarial no mundo. Conta con máis de 20 anos de experiencia e máis de 70 redes locais a nivel global, entre elas, a española. O Cactus do Campus Terra da USC acolleu este luns 6 a xuntanza deste órgano que ten como obxectivo fomentar a implantación dos Dez Principios do Pacto Mundial ao mesmo tempo que promove a integración dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible no sector empresarial, sendo a única organización que conta co mandato de Nacións Unidas para este propósito.
Foto de la tercera plana (cdc-01.jpg) A Cidade da Cultura impulsa a transformación artística do patrimonio sonoro galego a través de dúas residencias dos artistas Xoán-Xil López e Matilde Meireles. Faino a través da Fundación Cidade da Cultura en colaboración co festival RESIS de música contemporánea e co Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit-CSIC). No proxecto titulado Sereas, o lugués Xoán-Xil López está a dar forma a un concerto inspirado no levantamento das traballadoras da Fábrica de Tabacos da Coruña en 1857, cando estas se revelaron contra a mecanización da produción arroxando ao mar as máquinas adquiridas pola empresa.

Notas

O Festival Internacional de Divulgación Científica Pint of Science regresa a vindeira semana e nesta nova edición estará presente 500 cidades de 25 países, entre elas, 67 cidades de España como Ourense e Vigo. Será a novena vez que esta iniciativa de divulgación científica se celebre en España, propoñendo bares, pubs e cafeterías como punto de encontro entre científicos e científicas e o público xeral.
Un consorcio formado por persoal investigador das tres universidades galegas, liderado desde a Universidade de Santiago de Compostela pola docente Luzia Oca e a ONG Ecos do Sur, están a traballar no proxecto ‘Mulleres á fronte dende o Sur Global. Investigación e intervención participativa en materia de desenvolvemento e igualdade a través da música’.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES