Noticias

A alianza industrial galega do hidróxeno verde desenvolverá un mapa de capacidades industriais

Tiveron lugar as reunións dos comités executivos de capacidades industriais, por unha parte, e de proxectos tractores e infraestruturas, por outra, dependentes da Alianza Industrial Galega do Hidróxeno Verde para avanzar nos traballos que teñen que ver co desenvolvemento desta enerxía na Comunidade. Deste xeito, o comité encargado da área de capacidades industriais acordou promover un mapa que incluirá as instalacións que forman parte da cadea de valor do hidróxeno verde (produción, transporte, consumo e almacenaxe), así como un catálogo de subministradores, capacidades TIC e tecnolóxicas. Neste sentido, estase traballando na localización das zonas máis propicias para a implantación de proxectos vinculados ao hidróxeno verde.

O secretario xeral de Industria, Nicolás Vázquez, participou nas reunións dos comités executivos de capacidades industriais, por unha parte, e de proxectos tractores e infraestruturas, por outra, dependentes da Alianza Industrial Galega do Hidróxeno Verde para avanzar nos traballos que teñen que ver co desenvolvemento desta enerxía na Comunidade.

Deste xeito, o comité encargado da área de capacidades industriais acordou promover un mapa que incluirá as instalacións que forman parte da cadea de valor do hidróxeno verde (produción, transporte, consumo e almacenaxe), así como un catálogo de subministradores, capacidades TIC e tecnolóxicas. Neste sentido, estase traballando na localización das zonas máis propicias para a implantación de proxectos vinculados ao hidróxeno verde.

A Alianza Industrial Galega do Hidróxeno Verde, como instrumento de colaboración público-privada promovido pola Xunta de Galicia, ten como obxectivo maximizar as posibilidades de atracción de proxectos e impulsar e consolidar un novo tecido industrial, que faga de Galicia un hub do hidróxeno renovable a nivel internacional.

Proxectos tractores

O secretario xeral tamén participou na reunión do comité exectutivo de proxectos tractores e infraestruturas do que forman parte empresas da cadea de valor como Naturgy, Reganosa, Forestal del Atlántico, Repsol Ence ou Enagás, as tras autoridades portuarias da Coruña, Ferrol e Vigo e a propia Xunta.


Neste encontro valoráronse os avances dos últimos meses e púxose de manifesto a necesidade de contar cun inventario actualizado de infraestruturas de produción, transporte e distribución do hidróxeno renovable.

R., 2023-09-26

Actualidad

Foto del resto de noticias (al-majisti-festival.jpg) O festival Al–Majisti' vaise desenvolver os vindeiros 17,18 e 19 de maio neste concello da alta montaña galega. Trátase dun certame literario no rural de Galicia que propón un diálogo entre literatura, astronomía e música, con afán de converterse nunha das citas culturais máis importantes da provincia. O nome 'Al–Majisti' é o topónimo árabe traducido como 'o máis grande, o grande tratado' e empregado polos astrónomos ata a Alta Idade Media, incluídos os navegantes dos descubrimentos; por iso o festival ten a súa partida en dúas grandes estrelas da cultura astronómica, Claudio Ptolomeo e Afonso X O Sabio.
Foto de la tercera plana (20240509-uvigo.jpg) Catro traballos que versan sobre a liberdade vixiada, a crise dos pellets, a ocupación de vivendas e a intelixencia artificial foron galardoados este xoves co III Premio Xurídico de Investigación en lingua galega Xosé Luís Franco. Os catro gañadores, dúas estudantes da Universidade de Vigo, un de Santiago de Compostela e outra da Coruña, déronse a coñecer este xoves na Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo, impulsora destes premios, no transcurso dun acto co gallo do Día das Letras Galegas.

Notas

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega aprobou o nomeamento de Joseba Sarrionandia, escritor vasco, como Escritor Galego Universal en 2024, desde o profundo respecto e afecto á súa persoa e a valoración da altísima calidade da súa obra, así como por defender a lingua, a cultura e a dignidade nacional de Euskadi. Joseba Sarrionandía (Bizkaia, 1958), formou parte nos anos oitenta da banda literaria Pott, xunto con Bernardo Atxaga, Jon Juaristi e Ruper Ordorika.
Galiciencia, a maior feira científica que se celebra na nosa comunidade, estase a desenvolver ata o venres no Parque Tecnolóxico de Galicia, baixo o lema 'Mellor, de Madeira'. A finalidade desta proposta é espertar as vocacións científicas entre o alumnado de Primaria, Secundaria, Educación Especial, FP e Bacharelato.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES