Noticias

O MUMI estreita vínculos culturais e profesionais entre as dúas beiras do Miño ao reunir 200 axentes do sector musical

O encontro MUMI-Músicas do Minho conta con máis de 200 profesionais do sector musical acreditados. Entre a relación de participantes, destaca a concorrencia de medio centenar de responsables da programación cultural de concellos como As Pontes, Padrón, Carral, Cedeira, Póvoa do Varzim ou Matoshinhos, e da dirección de festivais como Arteficial, Revenidas, 17º Ribeira Sacra, SonRías Baixas, PortAmérica, Minho Reggae ou Gaia World Music. No eido empresarial, tamén acudirán axencias como Esmerarte, Correveydile, La Yogurtera ou D’Orfeu Agueda; as salas Mardi Grass e A Pousada da Galiza Imaxinaria e representantes de entidades profesionais como Músicas ao Vivo ou a Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural.

A Xunta é a principal patrocinadora da cuarta edición do MUMI-Músicas do Minho, encontro profesional de intercambio que reunirá ata o domingo 200 profesionais do sector musical ao redor dun programa que inclúe faladoiros, reunións de negocios, concertos abertos e conferencias. O concello galego de Tui e o municipio portugués de Valença do Minho convértense nas sedes dun evento transfronteirizo que o Goberno galego apoia como unha mostra máis do seu compromiso no achegamento ao Norte de Portugal en todos os ámbitos.

Nesta liña manifestouse esta mañá o director de Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, quen se trasladou á Universidade de Valença do Minho para participar na recepción de benvida do MUMI xunto a Aitana Cuétara, coordinadora galega do evento, e Diana Martins, a súa homologa lusa, así como doutros voceiros do resto de entidades colaboradoras.

O representante da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades definiu como “obxectivo estratéxico irrenunciable” o estreitamento de lazos culturais entre ambas beiras do Miño. Explicou tamén que o MUMI, con tan só catro anos de traxectoria é xa unha “ferramenta magnífica” para acadar esta meta, especialmente, no referente á música.

Para o responsable de Industrias Culturais da Xunta, este encontro sectorial transcende máis alá das relacións existentes entre Galicia e Norte de Portugal polo seu enorme impacto, xa que malia celebrarse “nun espazo común e acoutado territorialmente pola eurocidade Tui-Valença, o seu eco espállase por toda a Península Ibérica grazas ao efecto multiplicador que acadan os proxectos artísticos e contactos que agroman no seo do MUMI”.

Programadores e axencias

O encontro MUMI-Músicas do Minho conta con máis de 200 profesionais do sector musical acreditados. Entre a relación de participantes, destaca a concorrencia de medio centenar de responsables da programación cultural de concellos como As Pontes, Padrón, Carral, Cedeira, Póvoa do Varzim ou Matoshinhos, e da dirección de festivais como Arteficial, Revenidas, 17º Ribeira Sacra, SonRías Baixas, PortAmérica, Minho Reggae ou Gaia World Music. No eido empresarial, tamén acudirán axencias como Esmerarte, Correveydile, La Yogurtera ou D’Orfeu Agueda; as salas Mardi Grass e A Pousada da Galiza Imaxinaria e representantes de entidades profesionais como Músicas ao Vivo ou a Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural.

Todos estes axentes participarán da programación profesional que se aglutina ao redor da chamada Zona PRO, instalada no edificio da Escola Superior de Ciencias Empresarias de Valença. Ao longo do MUMI celebraranse roldas de encontros rápidos, sesións de intercambio, xuntanzas con artistas ou conferencias sectoriais.

Artistas de Galicia e Portugal

O cartel do MUMI inclúe 18 concertos e actuacións, gran parte deles en formato showcase abertos ao público. A carteleira repártese ao longo desta fin de semana, combinando voces galegas con bandas e cantantes de Portugal. Desde a nosa Comunidade, participaron xa formacións como Habelas Hainas, que abriu cunha ruada en Tui a actividade previa ao concerto especial de abertura de onte; e actuarán hoxe Xurxo Fernández, Anxo Araújo, Diego Alonso 5Tet ou Mondra, cantante que forma parte de Sonemerxente, primeira edición da aceleradora de proxectos musicais organizada pola Xunta e a Fundación Paideia.

Xa na programación de mañá sábado, sobre os múltiples escenarios repartidos entre Tui e Valença do Minho soarán as propostas galegas de Moura, Antía Muíño ou Lontreira. Desde a outra banda da Raia, actuarán ao longo do fin de semana grupos como Virgem Suta, Retimbrar, Aníbal Zola ou Expresso Transatlântico. Ao cartel de artistas galegos e lusos hai que sumarlle a participación dos catalás Alba Careta&Henrio, que chegan ao MUMI grazas á colaboración establecida coa Fira Mediterrània de Manresa a través dunha acción de intercambio apoiada pola Axencia Galega das Industrias Culturais.

R., 2023-09-22

Actualidad

Foto del resto de noticias (medio-ambiente.jpg) Os apoios, que poden chegar aos 3 millóns de euros por proxecto, son de ata o 45% do investimento subvencionable no caso dos proxectos de grandes empresas, mentres que no caso das pemes serán do 45% ou do 55% en función da porcentaxe de redución de emisións xustificada. Con estas axudas que xestiona o Instituto Enerxético de Galicia (Inega) búscase incentivar a transformación ecolóxica da actividade industrial de cara a unha economía baixa en carbono e a súa competitividade nun mercado global, diminuíndo o consumo de enerxía e promovendo a introdución da mellor tecnoloxía dispoñible. Ao mesmo tempo, estas axudas que se enmarcan na Estratexia Galega de Cambio Climático e Enerxía 2050 e na Axenda Enerxética de Galicia 2030 contribúen a reactivar e dinamizar a economía da provincia tras o peche das centrais térmicas.
Foto de la tercera plana (doazons.jpg) A directora da Axencia Galega de Doazón de Sangue, Órganos e Tecidos, ADOS, Marisa López, salientou que o pasado ano se rexistraron en Galicia 103.525 doazóns de sangue, das que 9.564 se corresponden a persoas que doaron por primeira vez. Estes bos resultados, que foron expostos pola directora na Comisión 5ª de Sanidade do Parlamento de Galicia, sitúan Galicia entre as comunidades máis solidarias. Este número de doazóns permitiu dar resposta e garantir o abastecemento de hemoderivados de todos os centros hospitalarios de Galicia, en todo momento, e de xeito ininterrompido.

Notas

Achegar á cidadanía o traballo do persoal investigador da Universidade e os beneficios dos seus estudos para o avance da sociedade, así como contribuír ao fomento de vocacións científicas. Estes son os obxectivos da expo-feira A ciencia que vén, que a UVigo organizará por primeira vez en Pontevedra o 31 de maio. A praza da Ferraría acollerá 14 carpas nas que grupos de investigación ofrecerán unha serie de obradoiros e actividades, dirixidas a un público familiar, que permitirán achegarse dun xeito lúdico e divertido ás aplicacións dos seus traballos en múltiples ámbitos.
A UDC inaugurou na Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas, o Congreso Internacional Emerging Trends in Applied Mathematics and Mechanics 2024. No programa figuran charlas de temas de especial interese e máxima actualidade como o derretemento das capas de xeo, que aborda un dos problemas ambientais máis críticos do noso tempo, vital para prever e mitigar os impactos do cambio climático.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES