Noticias

Galicia recibe no que vai de 2023 un 8% máis de visitantes que no ano Xacobeo 2022

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe a consolidación do "auxe turístico" de Galicia, ao rexistrar 3,7 millóns de viaxeiros aloxados e 6,8 millóns de noites nos sete primeiros meses deste 2023, o que supón un 8 % más que no 2022. Obsérvase así que a comunidade "consolida unha tendencia moi boa" en materia turística, debido a varios motivos entre os que destaca o feito de que este ano aumentou o número de turistas estranxeiros, que xa presentan o 30 % do total e que con dous millóns de pernoitas supoñen tamén un "récord histórico". De igual xeito, os aeroportos galegos rexistraron "máximos de pasaxeiros" con 3,4 millóns, co liderado de Lavacolla (2 millóns).

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe a consolidación do "auxe turístico" de Galicia, ao rexistrar 3,7 millóns de viaxeiros aloxados e 6,8 millóns de noites nos sete primeiros meses deste 2023, o que supón un 8 % más que no 2022, "que foi un excelente Ano Xacobeo", remarcou.

O mandatario galego deu conta do balance da actividade turística presentado hoxe no Consello da Xunta sobre os meses de xullo e agosto, á vez que da evolución da demanda turística regrada en Galicia do que vai de 2023. Rueda salientou que este informe amosa que a comunidade "consolida unha tendencia moi boa" en materia turística, á vez que demostra que "Galicia non é unha moda pasaxeira, senón un dos destinos máis puxantes de España de forma sostible".

O presidente da Xunta tamén puxo en valor o feito de que este ano aumentou o número de turistas estranxeiros, que xa presentan o 30 % do total e que con dous millóns de pernoitas supoñen tamén un "récord histórico". De igual xeito, destacou que os aeroportos galegos rexistraron "máximos de pasaxeiros" con 3,4 millóns, co liderado de Lavacolla (2 millóns). Rueda tamén apuntou que os portos "bateron marcas" de cruceiristas con 246.000 chegados, a maioría, un total de 150.000, ao porto da Coruña.

Camiño de Santiago
O presidente da Xunta incidiu na importancia do Camiño de Santiago como un dos "elementos tractores" do turismo en Galicia. Así, apuntou que máis de 310.000 peregrinos recolleron a súa compostela no que vai de ano, o que supón un 2 % máis que no mesmo período de 2022, que foi Ano Santo.

De igual xeito, fixo fincapé en que se ten observado que se vai cumprindo o obxectivo de desestacionalizalo, pois cada vez son máis os que optan por facelo fóra da tempada alta. Nesta liña, asegurou que a Xunta traballa para que Galicia continúe a ser un lugar atractivo para os viaxeiros durante todos os meses do ano. "E imos no bo camiño", aseverou.

Por iso, defendeu a preservación daquelas características que confirman a Galicia como un destino de "turismo tranquilo", en referencia á non masificación, á natureza, á gastronomía ou ao patrimonio.

R., 2023-09-14

Actualidad

Foto del resto de noticias (medio-ambiente.jpg) O Pacto Mundial da ONU é a iniciativa de Nacións Unidas que lidera a sustentabilidade empresarial no mundo. Conta con máis de 20 anos de experiencia e máis de 70 redes locais a nivel global, entre elas, a española. O Cactus do Campus Terra da USC acolleu este luns 6 a xuntanza deste órgano que ten como obxectivo fomentar a implantación dos Dez Principios do Pacto Mundial ao mesmo tempo que promove a integración dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible no sector empresarial, sendo a única organización que conta co mandato de Nacións Unidas para este propósito.
Foto de la tercera plana (cdc-01.jpg) A Cidade da Cultura impulsa a transformación artística do patrimonio sonoro galego a través de dúas residencias dos artistas Xoán-Xil López e Matilde Meireles. Faino a través da Fundación Cidade da Cultura en colaboración co festival RESIS de música contemporánea e co Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit-CSIC). No proxecto titulado Sereas, o lugués Xoán-Xil López está a dar forma a un concerto inspirado no levantamento das traballadoras da Fábrica de Tabacos da Coruña en 1857, cando estas se revelaron contra a mecanización da produción arroxando ao mar as máquinas adquiridas pola empresa.

Notas

O Festival Internacional de Divulgación Científica Pint of Science regresa a vindeira semana e nesta nova edición estará presente 500 cidades de 25 países, entre elas, 67 cidades de España como Ourense e Vigo. Será a novena vez que esta iniciativa de divulgación científica se celebre en España, propoñendo bares, pubs e cafeterías como punto de encontro entre científicos e científicas e o público xeral.
Un consorcio formado por persoal investigador das tres universidades galegas, liderado desde a Universidade de Santiago de Compostela pola docente Luzia Oca e a ONG Ecos do Sur, están a traballar no proxecto ‘Mulleres á fronte dende o Sur Global. Investigación e intervención participativa en materia de desenvolvemento e igualdade a través da música’.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES