Noticias

Últimos días de 'A Coruña no tempo', que supera os 10.000 visitantes a unha exposición que afonda na identidade urbana da cidade

A exposición A Coruña no tempo, organizada pola Xunta de Galicia e a Afundación, pecha as súas portas o vindeiro sábado­ 16 na sede da entidade na Coruña superando os 10.000 visitantes. A mostra, inaugurada o 12 de xullo, reúne ao redor dun cento de pezas entre obras de arte, fotografías, documentos e mapas históricos e obxectos simbólicos, construíndo un relato único sobre a identidade dunha urbe exemplo de emprendemento e dinamismo. Comisariada por Manuel Gago, e co asesoramento do xornalista coruñés Rubén Ventureira, A Coruña no tempo aborda o pasado e presente da cidade desde distintas perspectivas.

Despois do paso por Santiago (xuño-setembro 2022), Ferrol (novembro 2023-xaneiro 2024) e Lugo (marzo-maio 2023), a da Coruña é polo de agora a mostra con máis afluencia de público no marco de Cidades no tempo, cunha media diaria de 190 persoas. O proxecto expositivo, que suma 25.000 visitas en total, contempla sete mostras, continuando o seu percorrido a finais de outubro en Vigo.

Comisariada por Manuel Gago, e co asesoramento do xornalista coruñés Rubén Ventureira, A Coruña no tempo aborda o pasado e presente da cidade desde distintas perspectivas como son a cultura, a creación artística, a estética urbanística, a industria e a economía, o entretemento e a memoria. Unha oportunidade excepcional de achegarse ás orixes e evolución da Coruña.

R., 2023-09-13

Actualidad

Foto del resto de noticias (medio-ambiente.jpg) Os apoios, que poden chegar aos 3 millóns de euros por proxecto, son de ata o 45% do investimento subvencionable no caso dos proxectos de grandes empresas, mentres que no caso das pemes serán do 45% ou do 55% en función da porcentaxe de redución de emisións xustificada. Con estas axudas que xestiona o Instituto Enerxético de Galicia (Inega) búscase incentivar a transformación ecolóxica da actividade industrial de cara a unha economía baixa en carbono e a súa competitividade nun mercado global, diminuíndo o consumo de enerxía e promovendo a introdución da mellor tecnoloxía dispoñible. Ao mesmo tempo, estas axudas que se enmarcan na Estratexia Galega de Cambio Climático e Enerxía 2050 e na Axenda Enerxética de Galicia 2030 contribúen a reactivar e dinamizar a economía da provincia tras o peche das centrais térmicas.
Foto de la tercera plana (doazons.jpg) A directora da Axencia Galega de Doazón de Sangue, Órganos e Tecidos, ADOS, Marisa López, salientou que o pasado ano se rexistraron en Galicia 103.525 doazóns de sangue, das que 9.564 se corresponden a persoas que doaron por primeira vez. Estes bos resultados, que foron expostos pola directora na Comisión 5ª de Sanidade do Parlamento de Galicia, sitúan Galicia entre as comunidades máis solidarias. Este número de doazóns permitiu dar resposta e garantir o abastecemento de hemoderivados de todos os centros hospitalarios de Galicia, en todo momento, e de xeito ininterrompido.

Notas

Achegar á cidadanía o traballo do persoal investigador da Universidade e os beneficios dos seus estudos para o avance da sociedade, así como contribuír ao fomento de vocacións científicas. Estes son os obxectivos da expo-feira A ciencia que vén, que a UVigo organizará por primeira vez en Pontevedra o 31 de maio. A praza da Ferraría acollerá 14 carpas nas que grupos de investigación ofrecerán unha serie de obradoiros e actividades, dirixidas a un público familiar, que permitirán achegarse dun xeito lúdico e divertido ás aplicacións dos seus traballos en múltiples ámbitos.
A UDC inaugurou na Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas, o Congreso Internacional Emerging Trends in Applied Mathematics and Mechanics 2024. No programa figuran charlas de temas de especial interese e máxima actualidade como o derretemento das capas de xeo, que aborda un dos problemas ambientais máis críticos do noso tempo, vital para prever e mitigar os impactos do cambio climático.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES