Noticias

O labor de Santiago Llovo a prol da difusión e posta en valor do patrimonio marítimo galego

O director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Antonio Basanta, participou na presentación do libro "A salga no fin do camiño. As fábricas de Fisterra", no que Santiago Llovo cataloga os vestixios das plantas de salgadura co obxectivo de preservalos e poñelos en valor. O representante da Consellería do Mar enxalzou o labor deste historiador-escritor para afondar nas orixes da actividade industrial marítimo-pesqueira do noso litoral, actividade iniciada cos cataláns que impulsaron a salga da sardiña como precursores do que agora é a industria de transformación de produtos do mar da comunidade.

Antonio Basanta destacou a prolífica traxectoria de Santiago Llovo neste eido e o seu rigor documental, recorrendo en todas as súas obras a fontes de información moi diversas, algunhas incluso inéditas, que permanecían agochadas nos arquivos públicos. Ese traballo, dixo, contribúe a preservar toda esa información e poñela a disposición das vindeiras xeracións. Nesta liña,l animou ao autor a continuar con ese gran labor de recompilación pois concorda co compromiso da Xunta coa preservación do patrimonio marítimo-pesqueiro galego, que se materializa no Plan da Cultura Marítima de Galicia-Horizonte 2030.

R., 2023-08-31

Actualidad

Foto del resto de noticias (al-majisti-festival.jpg) O festival Al–Majisti' vaise desenvolver os vindeiros 17,18 e 19 de maio neste concello da alta montaña galega. Trátase dun certame literario no rural de Galicia que propón un diálogo entre literatura, astronomía e música, con afán de converterse nunha das citas culturais máis importantes da provincia. O nome 'Al–Majisti' é o topónimo árabe traducido como 'o máis grande, o grande tratado' e empregado polos astrónomos ata a Alta Idade Media, incluídos os navegantes dos descubrimentos; por iso o festival ten a súa partida en dúas grandes estrelas da cultura astronómica, Claudio Ptolomeo e Afonso X O Sabio.
Foto de la tercera plana (20240509-uvigo.jpg) Catro traballos que versan sobre a liberdade vixiada, a crise dos pellets, a ocupación de vivendas e a intelixencia artificial foron galardoados este xoves co III Premio Xurídico de Investigación en lingua galega Xosé Luís Franco. Os catro gañadores, dúas estudantes da Universidade de Vigo, un de Santiago de Compostela e outra da Coruña, déronse a coñecer este xoves na Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo, impulsora destes premios, no transcurso dun acto co gallo do Día das Letras Galegas.

Notas

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega aprobou o nomeamento de Joseba Sarrionandia, escritor vasco, como Escritor Galego Universal en 2024, desde o profundo respecto e afecto á súa persoa e a valoración da altísima calidade da súa obra, así como por defender a lingua, a cultura e a dignidade nacional de Euskadi. Joseba Sarrionandía (Bizkaia, 1958), formou parte nos anos oitenta da banda literaria Pott, xunto con Bernardo Atxaga, Jon Juaristi e Ruper Ordorika.
Galiciencia, a maior feira científica que se celebra na nosa comunidade, estase a desenvolver ata o venres no Parque Tecnolóxico de Galicia, baixo o lema 'Mellor, de Madeira'. A finalidade desta proposta é espertar as vocacións científicas entre o alumnado de Primaria, Secundaria, Educación Especial, FP e Bacharelato.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES