Noticias

O Faro de Corrubedo acolle esta fin de semana os dous últimos concertos do festival Mar Aberto, concertos na fin da terra

O Faro de Corrubedo, en Ribeira, será o lugar escollido para a despedida desta edición do ciclo de concertos en espazos singulares promovido por Turismo de Galicia e a Fundación LaCaixa, “Festival Mar Aberto, Concertos na fin do Mundo”, que chega ao seu remate esta fin de semana. O sábado, 19 a proposta estará protagonizada por The Gift, un dos máximos expoñentes do panorama da música independente portuguesa, e por Sheila Patricia, cantautora galega que nos achegará as súa música orixinal e chea de forza, influenciada polo jazz, o fado ou o folckore.

Xa o domingo, a quenda será para Blanca Paloma que, tralo seu paso por Eurovisión, é unha das artistas españolas con maior proxección internacional; e de Allova, un orixinal proxecto vangardista liderado por a súa vocal de orixe rusa que mestura sons electrónicos con instrumentos e voz. Rapariga Dj e Senhora DJ serán as encargadas de pechar os concertos que, polo de agora, mantense en datas e ubicación establecidas, sempre que as condicións meteorolóxicas permitan a súa celebración. Estes concertos xa tiveran que ser adiados no mes de xullo por mor das condicións climatolóxicas adversas.

Compre lembrar que a apertura de portas será ás 19.30h e os concertos comezarán a partires das 20.15h. Aínda quedan entradas polo que aqueles interesados poden reservalas en www.festivalmaraberto.com.

R., 2023-08-14

Actualidad

Foto del resto de noticias (reciclaxe_vidro.jpg) Cada galego reciclou o ano pasado unha media de 30,3 quilos de envases domésticos lixeiros e de papel-cartón, case un 3% respecto máis que o ano anterior. Estes datos enmárcanse no traballo desenvolvido pola Xunta e Ecoembes (organización sen ánimo de lucro que coordina a reciclaxe dos envases domésticos en todo o país) para mellorar o depósito, recollida e posterior recuperación deste tipo de residuos no conxunto da comunidade galega. En 2023 en Galicia recuperáronse 73.687 toneladas (Tn) de envases de orixe doméstica (37.640 Tn de envases plásticos, 23.781 Tn de papel-cartón, 11.566 Tn de envases metálicos e 700 Tn de recipientes de madeira).
Foto de la tercera plana (doazons.jpg) A directora da Axencia Galega de Doazón de Sangue, Órganos e Tecidos, ADOS, Marisa López, salientou que o pasado ano se rexistraron en Galicia 103.525 doazóns de sangue, das que 9.564 se corresponden a persoas que doaron por primeira vez. Estes bos resultados, que foron expostos pola directora na Comisión 5ª de Sanidade do Parlamento de Galicia, sitúan Galicia entre as comunidades máis solidarias. Este número de doazóns permitiu dar resposta e garantir o abastecemento de hemoderivados de todos os centros hospitalarios de Galicia, en todo momento, e de xeito ininterrompido.

Notas

Achegar á cidadanía o traballo do persoal investigador da Universidade e os beneficios dos seus estudos para o avance da sociedade, así como contribuír ao fomento de vocacións científicas. Estes son os obxectivos da expo-feira A ciencia que vén, que a UVigo organizará por primeira vez en Pontevedra o venres 31 de maio. Nesta xornada, a praza da Ferraría acollerá 14 carpas nas que diferentes grupos de investigación ofrecerán unha serie de obradoiros e actividades, dirixidas a un público familiar, que permitirán achegarse dun xeito lúdico e divertido ás aplicacións dos seus traballos en múltiples ámbitos.
A Universidade da Coruña inaugurou na Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas, o Congreso Internacional Emerging Trends in Applied Mathematics and Mechanics 2024 (ETAMM 2024). No programa figuran charlas de temas de especial interese e máxima actualidade como o derretemento das capas de xeo, que aborda un dos problemas ambientais máis críticos do noso tempo, vital para prever e mitigar os impactos do cambio climático. Esta é a terceira edición do ciclo de conferencias de Matemática Aplicada, e a primeira na que a UDC é sede do evento.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES