Noticias

A Fundación Camilo José Cela homenaxea a Picasso na nova exposición de máis de 40 pezas que repasan a súa historia de amizade co escritor de Iria Flavia

A exposición, que poderá visitarse ata o 31 de maio, súmase ás iniciativas postas en marcha este ano para conmemorar o 50 aniversario da morte do pintor malegueño. De feito, a Fundación Camilo José Cela consta cun valioso legado de Picasso entre os seus fondos das que cede seis pezas para 'Picasso. Branco no recordo azul', a exposición que reivindicará a pegada galega na traxectoria do artista a través dunha escolma de 120 pezas.

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, inaugurou hoxe a exposición Picasso vivo. O legado picassiano de Camilo José Cela, a nova mostra coa que a Xunta repasa a historia de amizade que viviron Cela e Picasso a través dunha colección de máis de 40 pezas entre documentos, textos, obras de arte e distintos utensilios que se agasallaron entre eles.

Trátase, en palabras do titular de Cultura da Xunta, dunha retrospectiva que achega “unha visión pouco habitual da gran creatividade dos dous autores e unha oportunidade de coñecer as intimidades que ambos compartían”. Son un total de 41 pezas que Picasso deseñou con Cela ou para Cela, entre documentos, edicións, pinturas, textos, obras de arte, fotografías ou distintos utensilios que se agasallaron entre eles como unha botella de anís asinada polo pintor, que proceden dos fondos da fundación.

En concreto, inclúense distintas obras autoría de Picasso coa colaboración de Camilo José Cela como Dibujos y escritos, algúns obxectos que se conservan da obra de Cela relacionada con Picasso, así como as primeiras probas e manuscritos de Gavilla de fábulas sin amor, que se acompañaron na edición impresa con 32 debuxos orixinais de Picasso, tres dos cales se conservan na pinacoteca da Fundación. No acto de inauguración tamén estiveron presentes varios alumnos de 5ª de Primaria do colexio CEIP Plurilingüe de Portonovo que participaron nunha visita guiada á Fundación.

Programación conmemorativa

A exposición, que poderá visitarse ata o 31 de maio, súmase ás iniciativas que pon en marcha a Xunta este ano para conmemorar o 50 aniversario da morte do pintor malegueño. De feito, a Fundación Camilo José Cela consta cun valioso legado de Picasso entre os seus fondos das que cede seis pezas para Picasso. Branco no recordo azul, a gran exposición coa que a Xunta reivindicará no Museo de Belas Artes da Coruña a pegada galega na traxectoria do artista a través dunha escolma de 120 pezas, moitas delas representativas do seu período de formación na Coruña e da súa etapa de madurez e consagración.

Trátase da única proposta galega que se enmarca na programación oficial da Celebración Picasso 1973-2023, impulsada polo Musée National Picasso-París e a Comisión Nacional para a Conmemoración do 50º aniversario da morte de Pablo Picasso, que conta con Telefónica como empresa colaboradora do programa en España.

Entre as pezas que cede en préstamo a Fundación para a mostra no Museo de Belas Artes da Coruña inclúense 3 cadros de Picasso, unha fotografía, exemplares de Trozo de piel, con texto do pintor malagueño e ilustracións de Camilo José Cela.

R., 2023-02-28

Actualidad

Foto del resto de noticias (al-majisti-festival.jpg) O festival Al–Majisti' vaise desenvolver os vindeiros 17,18 e 19 de maio neste concello da alta montaña galega. Trátase dun certame literario no rural de Galicia que propón un diálogo entre literatura, astronomía e música, con afán de converterse nunha das citas culturais máis importantes da provincia. O nome 'Al–Majisti' é o topónimo árabe traducido como 'o máis grande, o grande tratado' e empregado polos astrónomos ata a Alta Idade Media, incluídos os navegantes dos descubrimentos; por iso o festival ten a súa partida en dúas grandes estrelas da cultura astronómica, Claudio Ptolomeo e Afonso X O Sabio.
Foto de la tercera plana (20240509-uvigo.jpg) Catro traballos que versan sobre a liberdade vixiada, a crise dos pellets, a ocupación de vivendas e a intelixencia artificial foron galardoados este xoves co III Premio Xurídico de Investigación en lingua galega Xosé Luís Franco. Os catro gañadores, dúas estudantes da Universidade de Vigo, un de Santiago de Compostela e outra da Coruña, déronse a coñecer este xoves na Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo, impulsora destes premios, no transcurso dun acto co gallo do Día das Letras Galegas.

Notas

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega aprobou o nomeamento de Joseba Sarrionandia, escritor vasco, como Escritor Galego Universal en 2024, desde o profundo respecto e afecto á súa persoa e a valoración da altísima calidade da súa obra, así como por defender a lingua, a cultura e a dignidade nacional de Euskadi. Joseba Sarrionandía (Bizkaia, 1958), formou parte nos anos oitenta da banda literaria Pott, xunto con Bernardo Atxaga, Jon Juaristi e Ruper Ordorika.
Galiciencia, a maior feira científica que se celebra na nosa comunidade, estase a desenvolver ata o venres no Parque Tecnolóxico de Galicia, baixo o lema 'Mellor, de Madeira'. A finalidade desta proposta é espertar as vocacións científicas entre o alumnado de Primaria, Secundaria, Educación Especial, FP e Bacharelato.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES