Noticias

A Coruña será clave na axenda industrial da Galicia do 2030 con proxectos vinculados ás tecnoloxías e ás enerxías renovables

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, visitou hoxe as instalacións de Nordés Club Empresarial para analizar a situación do tecido empresarial galego no marco do clima de diálogo constante que a Xunta está tendo coas diferentes asociacións, co obxectivo de coñecer de primeira man as necesidades de pemes e autónomos para poder dar unha mellor resposta desde a Administración. Conde, que estivo acompañado polo delegado territorial da Xunta de Galicia na Coruña, Gonzalo Trenor, incidiu na necesidade da colaboración público-privada para o impulso da actividade económica e industrial, e lembrou que a Xunta está traballando na axenda industrial da Galicia do ano 2030, na que A Coruña está chamada a ter un peso importante.

Así, segundo destacou o vicepresidente primeiro, a comarca ten sectores moi relevantes onde Galicia se está posicionando grazas ao seu dinamismo.

En primeiro lugar, referiuse ao sector tecnolóxico, coa Cidade das TIC, que a Xunta está apoiando a través de iniciativas como o centro de fabricación avanzada ou o proxecto do Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG). Tamén resaltou a oportunidade de contar na cidade coa sede da Axencia Española de Supervisión da Intelixencia Artificial (Aesia).

Ademais, o responsable de Economía, Industria e Innovación do Goberno galego sinalou que se está traballando noutros sectores emerxentes e de enorme oportunidade para A Coruña, apuntando a diferentes proxectos cos que se está traballando coa Autoridade Portuaria, con iniciativas para establecer fábricas de ensamblaxe de plataformas de éolica mariña, e que permitirían que a comarca se poida erixir como un centro industrial de fabricación de plataformas de eólica mariña flotante.

Isto sumaríase ao desenvolvemento da plataforma experimental que a Xunta de Galicia, en colaboración coa Autoridade Portuaria e Red Eléctrica están deseñando co obxectivo de que, a través dos proxectos industriais e dos proxectos de innovación, A Coruña e Galicia poidan ser un polo de referencia da eólica mariña. Para iso, tal e como lembrou Conde, é preciso que o Goberno aprobe os Plans de Ordenación de Espazos Marítimos (POEM), así como a propia normativa de desenvolvemento da eólica mariña.

O vicepresidente primeiro lembrou que A Coruña tamén está traballando con proxectos de hidróxeno verde e de amoníaco verde, e apuntou que tamén se seguirá traballando en iniciativas vinculadas aos fondos europeos, como o de Resonac, para que a antiga Showa Denko poida seguir fortalecendo o tecido empresarial.
Conde destacou que o club empresarial Nordés está conformado por máis de 200 empresas, e apelou a seguir traballando conxuntamente para que A Coruña siga crecendo e sendo un referente desde o punto de vista industrial.

R., 2023-02-20

Actualidad

Foto del resto de noticias (medio-ambiente.jpg) Os apoios, que poden chegar aos 3 millóns de euros por proxecto, son de ata o 45% do investimento subvencionable no caso dos proxectos de grandes empresas, mentres que no caso das pemes serán do 45% ou do 55% en función da porcentaxe de redución de emisións xustificada. Con estas axudas que xestiona o Instituto Enerxético de Galicia (Inega) búscase incentivar a transformación ecolóxica da actividade industrial de cara a unha economía baixa en carbono e a súa competitividade nun mercado global, diminuíndo o consumo de enerxía e promovendo a introdución da mellor tecnoloxía dispoñible. Ao mesmo tempo, estas axudas que se enmarcan na Estratexia Galega de Cambio Climático e Enerxía 2050 e na Axenda Enerxética de Galicia 2030 contribúen a reactivar e dinamizar a economía da provincia tras o peche das centrais térmicas.
Foto de la tercera plana (doazons.jpg) A directora da Axencia Galega de Doazón de Sangue, Órganos e Tecidos, ADOS, Marisa López, salientou que o pasado ano se rexistraron en Galicia 103.525 doazóns de sangue, das que 9.564 se corresponden a persoas que doaron por primeira vez. Estes bos resultados, que foron expostos pola directora na Comisión 5ª de Sanidade do Parlamento de Galicia, sitúan Galicia entre as comunidades máis solidarias. Este número de doazóns permitiu dar resposta e garantir o abastecemento de hemoderivados de todos os centros hospitalarios de Galicia, en todo momento, e de xeito ininterrompido.

Notas

Achegar á cidadanía o traballo do persoal investigador da Universidade e os beneficios dos seus estudos para o avance da sociedade, así como contribuír ao fomento de vocacións científicas. Estes son os obxectivos da expo-feira A ciencia que vén, que a UVigo organizará por primeira vez en Pontevedra o 31 de maio. A praza da Ferraría acollerá 14 carpas nas que grupos de investigación ofrecerán unha serie de obradoiros e actividades, dirixidas a un público familiar, que permitirán achegarse dun xeito lúdico e divertido ás aplicacións dos seus traballos en múltiples ámbitos.
A UDC inaugurou na Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas, o Congreso Internacional Emerging Trends in Applied Mathematics and Mechanics 2024. No programa figuran charlas de temas de especial interese e máxima actualidade como o derretemento das capas de xeo, que aborda un dos problemas ambientais máis críticos do noso tempo, vital para prever e mitigar os impactos do cambio climático.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES