Noticias

A aceleradora de proxectos turísticos consolida a súa aposta pola innovación con selección de 8 statups

Clausurouse a segunda edición da Aceleradora de proxectos turísticos Turislab, que rematou con 8 startups seleccionadas entre as 117 presentadas. As 8 startups finalistas participaron durante oito meses nun programa de formación nas instalacións de Turislab, no complexo do Centro Superior de Hostalaría de Galicia e contaron tamén co apoio de titores, mentores e expertos colaboradores. Ademais, tiveron a ocasión de darse a coñecer no Investors Day ante investidores privados que poden estar interesados en financialas para potenciar a súa competitividade. Das 8 propostas que participaron no proxecto da Aceleradora en 2022, foron distinguidas Boldest, Wonder Experience e Spa Relajarse, ademais de Tric Track Circuítos Permanentes, recoñecida coa distinción Talento emprendedor.

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou hoxe na clausura da segunda edición da Aceleradora de proxectos turísticos da Xunta de Galicia, Turislab, que rematou con 8 startups seleccionadas entre as 117 presentadas, para optar á liña de apoio de Turismo de Galicia.
 
Durante a celebración deste encontro destacou a potencialidade deste proxecto levado a cabo polo Goberno galego para consolidar o éxito do sector turístico da Comunidade apoiado polas iniciativas dos participantes que tratan de impulsar un sector turístico innovador e competitivo gracias ás empresas que crearon e que pretenden dar solucións e novas alternativas turísticas personalizadas aos viaxeiros.
 
As 8 startups finalistas participaron durante oito meses nun programa de formación nas instalacións de Turislab, no complexo do Centro Superior de Hostalaría de Galicia e contaron tamén co apoio de titores, mentores e expertos colaboradores. Ademais, tiveron a ocasión de darse a coñecer no Investors Day ante investidores privados que poden estar interesados en financialas para potenciar a súa competitividade.

Durante a súa intervención, Nava Castro lembrou que Turislab naceu nun momento de crise para o sector turístico debido ao impacto da pandemia do coronavirus e coincidindo co ecuador do Xacobeo 21-22, evento que foi unha das puntas de lanza da recuperación do turismo e da economía galega.
 
A directora de Turismo de Galicia incidiu na importancia do turismo para Galicia, xa que ano a ano consolídase como referente para o crecemento económico e a aposta polas novas tecnoloxías. Así, salientou iniciativas como Turislab, que naceu coa pretensión de fortalecer a innovación o sector turístico galego para ser unha rede de recursos innovadores e de alto impacto especializada no turismo sostible e de calidade.
 
Das 8 propostas que participaron no proxecto da Aceleradora en 2022, foron distinguidas por este orden Boldest, Wonder Experience e Spa Relajarse, ademais de Tric Track Circuítos Permanentes, recoñecida coa distinción Talento emprendedor.

R., 2022-12-16

Actualidad

Foto del resto de noticias (reciclaxe_vidro.jpg) Cada galego reciclou o ano pasado unha media de 30,3 quilos de envases domésticos lixeiros e de papel-cartón, o que supón un incremento de case un 3% respecto ao ano anterior. Estes datos enmárcanse no traballo conxunto desenvolvido nos últimos anos pola Xunta e Ecoembes (organización sen ánimo de lucro que coordina a reciclaxe dos envases domésticos en todo o país) para mellorar o depósito, recollida e posterior recuperación deste tipo de residuos no conxunto da comunidade galega. Segundo os datos correspondentes ao ano 2023, en Galicia recuperáronse un total de 73.687 toneladas (Tn) de envases de orixe doméstica (37.640 Tn de envases plásticos, 23.781 Tn de papel-cartón, 11.566 Tn de latas e outros envases metálicos e 700 Tn de recipientes de madeira).
Foto de la tercera plana (doazons.jpg) A directora da Axencia Galega de Doazón de Sangue, Órganos e Tecidos, ADOS, Marisa López, salientou que o pasado ano se rexistraron en Galicia 103.525 doazóns de sangue, das que 9.564 se corresponden a persoas que doaron por primeira vez. Estes bos resultados, que foron expostos pola directora na Comisión 5ª de Sanidade do Parlamento de Galicia, sitúan Galicia entre as comunidades máis solidarias. Este número de doazóns permitiu dar resposta e garantir o abastecemento de hemoderivados de todos os centros hospitalarios de Galicia, en todo momento, e de xeito ininterrompido.

Notas

Creada co obxectivo de impulsar a visibilidade dos traballos das creadoras e creadores máis novos, o Festival de Cans seleccionou dez curtametraxes para a súa sección Novas Camadas, das que cinco tiveron a súa orixe na Facultade de Comunicación. As curtas dos estudantes de Comunicación Audiovisual Juan Ares, Anxo González, Miguel Romero e Rebeca Tella e Daniel F. Filloy, xunto co traballo de fin de grao de Manu Sacoga optarán ao premio dunha sección dirixida a cineastas menores de 25 anos.
O proxecto Caxato (‘Camiño de Santiago: camiño de intercambio e de aprendizaxe cultural europea’) pretende que persoas maiores de 50 anos sexan protagonistas da súa propia experiencia formativa, potenciando a adquisición de competencias culturais e artísticas, sociais (soft skills), dixitais e de sustentabilidade.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES