Noticias

Galicia mellora a súa proposta enogastronómica con 18 estrelas Michelin en 16 establecementos

Galicia recibiu onte un total de 18 estrelas Michelin para 16 restaurantes galegos, o que reafirma que a proposta galega sitúa a Galicia como destino enogastronómico de referencia. Dos 16 restaurantes, dous deles, Culler de Pau e Camiño da Serpe, acadan dous destes distintivos. Durante esta celebración, o restaurante Ceibe, localizado en Ourense, e o Asador O´Pazo, en Padrón recibiron unha estrela Michelin. Así, os chefs Lydia do Olmo e Xosé Magalhaes, do restaurante ourensán, e Óscar Vidal, do restaurante situado no concello coruñés, recibiron as icónicas chaquetas de cor branca polo súa labor.

Estes dous novos locais súmanse, desta forma, ao listado máis importante a nivel gastronómico do que forman parte Árbore da Veira (A Coruña), As Garzas (Malpica), Retiro da Costiña (Santa Comba), A Tafona (Santiago), Casa Marcelo (Santiago), Culler de Pau (O Grove), Yayo Daporta (Cambados), Eirado da Leña (Pontevedra), Casa Solla (Poio), Pepe Vieira (Poio), Maruja Limón (Vigo), Silabario(Vigo), Nova (Ourense) y Miguel González (Pereiro de Aguiar).
 
Durante esta celebración, o restaurante Camiño da Serpe, de Pepe Vieira, conseguía a súa segunda estrela e convertíase así, xunto con Culler de Pau de Javier Olleiros, no segundo restaurante galego en contar con dous destes distintivos
 
Estrela Verde e BIg Gourmand

Ademais, Galicia conta con 3 restaurantes galardoados coa Estrela Verde: Culler de Pau, O Balado, A Coruña) e Pepe Vieira, distinción coa que Michelin premia o seu compromiso coa sustentabilidade no campo gastronómico
 
Na categoría de Big Gourmand, establecementos de calidade que ofrezan unha boa comida a prezos alcanzables, a nosa comunidade suma 6 novos locais: o Villa de Oro (Camariñas), Pementa Rosa (Carballo), Frank (Ferrol), O Tobo do Lobo (Melide), A Xanela Gastronómica (Ponteareas) e a A Maceta, en Santiago de Compostela.

R., 2022-11-23

Actualidad

Foto del resto de noticias (reciclaxe_vidro.jpg) Cada galego reciclou o ano pasado unha media de 30,3 quilos de envases domésticos lixeiros e de papel-cartón, o que supón un incremento de case un 3% respecto ao ano anterior. Estes datos enmárcanse no traballo conxunto desenvolvido nos últimos anos pola Xunta e Ecoembes (organización sen ánimo de lucro que coordina a reciclaxe dos envases domésticos en todo o país) para mellorar o depósito, recollida e posterior recuperación deste tipo de residuos no conxunto da comunidade galega. Segundo os datos correspondentes ao ano 2023, en Galicia recuperáronse un total de 73.687 toneladas (Tn) de envases de orixe doméstica (37.640 Tn de envases plásticos, 23.781 Tn de papel-cartón, 11.566 Tn de latas e outros envases metálicos e 700 Tn de recipientes de madeira).
Foto de la tercera plana (doazons.jpg) A directora da Axencia Galega de Doazón de Sangue, Órganos e Tecidos, ADOS, Marisa López, salientou que o pasado ano se rexistraron en Galicia 103.525 doazóns de sangue, das que 9.564 se corresponden a persoas que doaron por primeira vez. Estes bos resultados, que foron expostos pola directora na Comisión 5ª de Sanidade do Parlamento de Galicia, sitúan Galicia entre as comunidades máis solidarias. Este número de doazóns permitiu dar resposta e garantir o abastecemento de hemoderivados de todos os centros hospitalarios de Galicia, en todo momento, e de xeito ininterrompido.

Notas

Creada co obxectivo de impulsar a visibilidade dos traballos das creadoras e creadores máis novos, o Festival de Cans seleccionou dez curtametraxes para a súa sección Novas Camadas, das que cinco tiveron a súa orixe na Facultade de Comunicación. As curtas dos estudantes de Comunicación Audiovisual Juan Ares, Anxo González, Miguel Romero e Rebeca Tella e Daniel F. Filloy, xunto co traballo de fin de grao de Manu Sacoga optarán ao premio dunha sección dirixida a cineastas menores de 25 anos.
O proxecto Caxato (‘Camiño de Santiago: camiño de intercambio e de aprendizaxe cultural europea’) pretende que persoas maiores de 50 anos sexan protagonistas da súa propia experiencia formativa, potenciando a adquisición de competencias culturais e artísticas, sociais (soft skills), dixitais e de sustentabilidade.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES