Noticias

O CGAI avanza na súa homenaxe a directoras pioneiras e inicia unha retrospectiva sobre o cine negro de Robert Siodmak

A programación que o Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI-Filmoteca de Galicia) desenvolve na súa sede da Coruña avanza este mes na súa homenaxe ás pioneiras do cinema, dedicándolle tres sesións a Lois Weber, quen tras comezar a súa traxectoria como actriz, se converteu na primeira muller en dirixir unha longametraxe e nunha activa realizadora durante a segunda década do século XX. Tamén en decembro dá comezo unha ampla retrospectiva dos filmes do director xermano-estadounidense Robert Siodmak, un dos mestres do cinema negro e responsable do seu renacer en Hollywood.

Tras a exhibición en setembro de The Blot, obra mestra dos anos vinte do pasado século, a cinemateca da Xunta de Galicia regresa á filmografía de Lois Weber para proxectar unha decena dos seus títulos, programados para o este venres día 4 (On the Brink, The Rosary, Suspense, Lost By a Hair, Idle Wives e Where are my children), o martes 15 (Fine Feathers e The Dumb Girl of Portici) e o martes 22 (Discontent, What Do Men Want? e Too wise wives).

Outro dos protagonistas desta carteleira será Robert Siodmak, cuxa destacada produción americana se define polo cultivo do drama psicolóxico, as achegas baseadas na súa estilización da posta en escena e a contribución ao espertar mesmo do cine negro. O ciclo, que terá continuidade no mes de xaneiro, amosará na Coruña a que foi a súa primeira película en Hollywood, La dama desconocida (martes 9 e mércores 10), e La escalera de caracol (martes 16 e o mércores 17). O xoves 11 será a quenda de Pesadilla e o mércores 23, de A través del espejo.

Festival de cultura electrónica

Documental, videoclip, performance ou videoarte formarán parte hoxe mesmo da sesión inaugural da sexta edición do festival Fanzine, FPS-BPM, que propón un percorrido por diferentes ámbitos nos que a música electrónica e a experimentación sonora se hibridan coa creación de vangarda audiovisual.

O CGAI é unha das tres sedes do encontro, no marco do que artistas galegos da traxectoria de Berio Molina ou Félix Fernández amosarán a súa particular relación coa música e co son. Así mesmo, estrearase en primicia o novo videoclip de Rayotaser, por Jairo Moreno, ademais de proxectarse a aclamada longametraxe documental The Rise of the Synths, de Iván Castell, sobre o movemento SynthWave. Ao final da sesión, os directores participarán nun debate, moderado polos programadores deste certame co afán de achegar o público á cultura electrónica.

Animación, máis filmes Fóra de Serie e distintas propostas para os sábados

A cinemateca galega tamén colabora coa cuarta edición do Festival Internacional de Cine de Animación da Coruña, que acolle o venres 18 de decembro. E xa dentro das súas seccións habituais, o Centro programa en Fóra de Serie dous filmes de Pedro Costa: o martes 1, Cabalo Diñeiro, e o xoves 3, a segunda sesión de Vitalina Varela.

Esta nova carteleira mensual complétase con distintas propostas para os sábados: Longa noite, de Eloy Enciso, que se poderá ver o día 5 dentro de Off Galicia; unha nova sesión de Desencadres sobre Stan Brakhage o día 12 e Luces de la Ciudad, de Charles Chaplin, o sábado 19 dentro do ciclo CGAI Júnior.

O Centro Galego de Artes da Imaxe continúa a concentrar as proxeccións nunha sesión diaria ás 19,30 h., de martes a venres, e ás 18,00 h. os sábados dando cumprimento ao protocolo de control sanitario. A entrada segue sendo gratuíta para todos os pases.

R., 2020-12-01

Actualidad

Foto del resto de noticias (cdc-01.jpg) A Cidade da Cultura reunirá estes días as persoas representantes dunha vintena de linguas minoritarias de Europa. Será durante a asemblea xeral e a conferencia anual da Network to Promote Linguistic Diversity (NPLD), unha organización de ámbito europeo cuxa finalidade é promover a diversidade lingüística na UE. Entre os seus membros figura, desde a súa creación, a Xunta de Galicia, que, a través da Consellería de Cultura actúa como anfitrioa nos eventos de 2024. Na xornada trataranse os asuntos que atinxen á administración da organización e presentaranse varios informes.
Foto de la tercera plana (costa.jpg) A Xunta vai solicitar de xeito inmediato ao Goberno central o traspaso dos medios materiais e persoais para xestionar a súa costa trala sentenza do Tribunal Constitucional que avala a Lei de ordenación e xestión integrada do litoral de Galicia. A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, respondeu unha pregunta no pleno do Parlamento sobre esta materia na que salientou que o Alto Tribunal certifica que a norma galega é plenamente constitucional. Ademais, subliñou, confirma o que sempre defendeu a comunidade, que non é necesario reformar o Estatuto de Autonomía para que Galicia poida exercer plenamente as súas lexítimas competencias sobre o litoral.

Notas

Dos inicios do cinema galego á progresiva profesionalización do sector, pasando polo novos modelos de produción e pola situación das cineastas no momento actual. Trazar un percorrido histórico do panorama audiovisual galego ao longo das últimas tres décadas era o obxectivo central das xornadas que este xoves promoveu na Facultade de Comunicación a Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi), con motivo do seu 30 aniversario.
A 22ª edición do Encontro Universitario de Danza da USC chega a Lugo este xoves 25 e o venres 26 coa presentación de producións de danza das compañías das universidades de Vigo, A Coruña e máis a propia da USC. As funcións, de entrada libre e de balde, serán ambos os dous días ás 20.30 horas na Caixa Negra do Museo Interactivo de Historia (MIHL). A compañía de danza da UDC abrirá este encontro o xoves 25, ás 20.30 horas, coa posta en escena de ‘… E todo o demais non importa’, unha coreografía colectiva con dirección artística de Alba Fdez. Cotelo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES