Noticias

A Xornada Mixta de Networking Transfronteirizo Spin Up acolle a presentación de medio cento de proxectos emprendedores

A Xornada Mixta de Networking Transfronterizo SPIN_UP serviu como marco para a presentación de 42 proxectos emprendedores alén de xerar encontros de networking entre empresas e emprendedores para impulsar a transferencia de tecnoloxía. Foron un total de dezaseis empresas as que solicitaron reunións, chegando ao medio cento de encontros. O vicerreitor de Investigación e Innovación, Vicente Pérez Muñuzuri, en calidade de conselleiro delegado de Uninova presidiu un acto no que tamén tomaron parte a responsable de emprendemento da Universidade do Porto, Joana Resende; e a técnica de Uninova Mónica Suárez, quen explicou os obxectivos dunha xornada que favoreceu o encontro entre o tecido produtivo e a oferta dos axentes xeradores de coñecemento.

Como consecuencia das actuais limitacións derivadas da crise sanitaria, a xornada, ademais do formato presencial na sede da Área Empresarial do Tambre, a onde acudiron os socios españois do proxecto, tamén se retransmitiu por streaming, formato que seguiron os socios portugueses.

Este encontro celebrouse no marco do proxecto SPIN_UP ‘Definición e implementación de núcleos locais de transferencia para a promoción de spinoffs universitarias e startups innovadoras’ cofinanciado ao 75 % polo programa INTERREG V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020 a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) da Unión Europea, ten como obxectivo final estimular a creación de empresas a través da transferencia de tecnoloxía e coñecemento mediante o encontro entre o tecido produtivo e a oferta dos axentes xeradores de coñecemento. Como socios do proxecto participan, da parte española, Uninova, Igape, Asociación Área Empresarial do Tambre e Cámara de Comercio Santiago, e, da parte portuguesa, Universidade do Porto e Anje.

R., 2020-11-26

Actualidad

Foto del resto de noticias (cdc-01.jpg) A Cidade da Cultura reunirá estes días as persoas representantes dunha vintena de linguas minoritarias de Europa. Será durante a asemblea xeral e a conferencia anual da Network to Promote Linguistic Diversity (NPLD), unha organización de ámbito europeo cuxa finalidade é promover a diversidade lingüística na UE. Entre os seus membros figura, desde a súa creación, a Xunta de Galicia, que, a través da Consellería de Cultura actúa como anfitrioa nos eventos de 2024. Na xornada trataranse os asuntos que atinxen á administración da organización e presentaranse varios informes.
Foto de la tercera plana (costa.jpg) A Xunta vai solicitar de xeito inmediato ao Goberno central o traspaso dos medios materiais e persoais para xestionar a súa costa trala sentenza do Tribunal Constitucional que avala a Lei de ordenación e xestión integrada do litoral de Galicia. A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, respondeu unha pregunta no pleno do Parlamento sobre esta materia na que salientou que o Alto Tribunal certifica que a norma galega é plenamente constitucional. Ademais, subliñou, confirma o que sempre defendeu a comunidade, que non é necesario reformar o Estatuto de Autonomía para que Galicia poida exercer plenamente as súas lexítimas competencias sobre o litoral.

Notas

Dos inicios do cinema galego á progresiva profesionalización do sector, pasando polo novos modelos de produción e pola situación das cineastas no momento actual. Trazar un percorrido histórico do panorama audiovisual galego ao longo das últimas tres décadas era o obxectivo central das xornadas que este xoves promoveu na Facultade de Comunicación a Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi), con motivo do seu 30 aniversario.
A 22ª edición do Encontro Universitario de Danza da USC chega a Lugo este xoves 25 e o venres 26 coa presentación de producións de danza das compañías das universidades de Vigo, A Coruña e máis a propia da USC. As funcións, de entrada libre e de balde, serán ambos os dous días ás 20.30 horas na Caixa Negra do Museo Interactivo de Historia (MIHL). A compañía de danza da UDC abrirá este encontro o xoves 25, ás 20.30 horas, coa posta en escena de ‘… E todo o demais non importa’, unha coreografía colectiva con dirección artística de Alba Fdez. Cotelo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES