Noticias

A Comisión de Recursos Naturais acordou celebrar en Santiago unha reunión do Comité Europeo das Rexións en maio

O director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, Jesús Gamallo, participou na quinta reunión do ano da comisión de Recursos Naturais (NAT) do Comité Europeo das Rexións (CdR), na que se acordou a celebración dunha reunión do Comité Europeo das Rexións en Santiago de Compostela, en maio do 2021, coincidindo coa celebración do ano Xacobeo. Durante este encontro presentáronse tamén para o seu debate e aprobación un proxecto de ditame sobre agroecoloxía e dous documentos de traballo destinados a fomentar o intercambio de opinións sobre o novo enfoque da estratexia marítima atlántica e sobre as experiencias e leccións aprendidas polas rexións e cidades durante a crise da covid-19.

O documento de traballo a debate “Un novo enfoque para a Estratexia Marítima Atlántica. Plan de Acción Atlántico 2.0”, serviu para que NAT puidera traballar nunha resposta conxunta á consulta da Comisión Europea ao CdR sobre a nova versión do Plan de Acción Atlántico (PAA), que ten como finalidade impulsar a estratexia marítima atlántica, dar cumprimento aos obxectivos do Pacto Verde Europeo e fortalecer a recuperación dos países participantes, entre eles España.

Para iso, formuláronse varias preguntas aos integrantes de NAT, especialmente, sobre os obxectivos expostos nos seus catro alicerces, sobre o reforzo da cooperación transfronteiriza e sobre a idoneidade da posta en marcha dunha estratexia a nivel macrorrexional da conca atlántica. Unhas cuestións que contaron cunha resposta favorable de Galicia, que contribuíu ao debate achegando novos aspectos a ter en conta, como a introdución dun novo obxectivo dentro do pilar 3 do PAA (enerxías renovables mariñas) que asegure a compatibilidade da produción de enerxía renovable mariña coas actividades preexistentes (pesca, marisqueo, acuicultura). Tras o intercambio de opinións, tivo lugar un debate sobre este tema no que participou o comisario de Medio Ambiente Océanos e Pesca, Virjinijus Sinkevičius.

En canto ao documento de traballo “Experiencias e leccións extraídas polas rexións e cidades durante a crise da covid-19”, os integrantes de NAT fixeron balance das experiencias das cidades e rexións, como organismos cun nivel de gobernanza máis próximo á cidadanía europea, co fin de establecer unha resposta máis eficiente, baseada na mellora da lexislación a escala nacional e comunitaria e en consonancia co principio de subsidariedade activa.

Sobre o ditame “Agroecoloxía”, Galicia presentou catro emendas co obxectivo de, entre outros aspectos, poñer en valor a práctica da gandería ecolóxica e os seus beneficios para o medio ambiente, como o mantemento dos pastos ou a limpeza da masa forestal. A votación deste ditame está prevista para o vindeiro mércores, 25 de novembro.

Ao peche desta xornada, a comisión NAT puido debater, ademais, sobre o futuro da Política Agrícola Común (PAC) co director da Dirección Xeral de Agricultura e Desenvolvemento Rural da Comisión Europea.

Galicia na Comisión NAT do Comité Europeo das Rexións

Neste sétimo mandato do CdR que deu comezo o pasado mes de febreiro, Galicia participa nas comisións de Recursos Naturais (NAT) e na comisión de Cidadanía, Gobernanza e Asuntos Institucionais e Exteriores (CIVEX). NAT prepara os ditames de opinión dos municipios e rexións europeos en campos como a Política Agrícola Común, a pesca, o turismo ou a saúde pública.

O Comité das Rexións é a asemblea consultiva na que están representados os entes locais e rexionais da Unión Europea. En representación da Comunidade Autónoma de Galicia, o membro titular é o propio presidente da Xunta de Galicia, mentres que o cargo de membro suplente recae no director xeral de Relacións Exteriores e coa UE.

R., 2020-11-23

Actualidad

Foto del resto de noticias (fp-ordenador.jpg) A Formación Profesional galega contará a partir do vindeiro curso co dobre de inglés do marcado como mínimo na normativa básica estatal e permitirá ao alumnado realizar ata 700 horas de formación práctica, ata un 82% máis que ata o momento. Todo isto mantendo o peso da formación no centro educativo, cuxo profesorado é o piar fundamental do éxito acadado polo sistema galego de FP nos últimos anos. O modelo de FP de éxito tense adiantado e implementado moitos dos cambios que agora o Ministerio toma como sistema a imitar en toda España. Polo tanto a aplicación da nova lei vai ser flexible, de tal forma que en Galicia se manteña a excelencia e se incorporen as novidades.
Foto de la tercera plana (tecnologia.jpg) Foi presentado o evento The Way Startup Summit 2024, que un ano máis convertirá a Vigo no maior foro de emprendemento, innovación e investimento no Noroeste de España e cita de referencia a nivel nacional. O programa de They Way contempla tres grandes escenarios ao redor da innovación, o emprendemento e o investimento, así como a organización de espazos de networking entre os asistentes, co obxectivo de que establezan contactos, intercambien coñecementos e propíciense sinerxias entre eles. The Way desenvolverase os días 9 e 10 de maio abordando temas como os retos de futuro das FinTech, da mobilidade, da alimentación, do retail, do turismo, do deporte ou do téxtil, entre outras áreas.

Notas

Desde maio de 2022, un equipo internacional liderado polo físico da UVigo Juan Antonio Añel desenvolve un proxecto financiado polo Instituto Internacional de Ciencias Espaciais sobre os impactos do cambio climático sobre a atmosfera alta do planeta, a orbitación de satélites e o lixo espacial. Esta semana, o equipo celebra na sede do ISSI, na cidade suíza de Berna, a súa segunda xuntanza, na que avalían os avances no seu traballo.
O grupo de investigación sobre Criminoloxía, Psicoloxía Xurídica e Xustiza Penal no século XXI da UDC organiza o seminario internacional 'Trafficking in Cultural Property: A Criminological Perspective', un encontro que terá lugar o próximo 30 de abril no salón de graos da Facultade de Dereito da Coruña. Trátase dunha actividade enmarcada dentro do proxecto 'Horizon Europe RITHMS' (Research, Intelligence and Technology for Heritage and Market Security).
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES