Noticias

O ciclo Xacobeo Importa inicia a súa nova edición con nove concertos confirmados ata finais de maio

O ciclo de concertos Galicia Importa, renomeado na súa novena edición como Xacobeo Importa presenta a súa nova temporada que arranca con nove concertos ata finais de maio que configuran unha proposta heteroxénea e de gran calidade artística. A primeira destas citas será a que protagonizará mañá venres, ás 22,00 h., na Sala Capitol de Santiago de Compostela a banda norteamericana de stoner rock Monster Magnet, na que é a súa primeira visita a Galicia. O concerto de mañá insírese na súa xira europea Powertrip A Celebration! Plus Much More... na que o grupo orixinario de New Jersey está a celebrar o vixésimo aniversario do seu maior éxito discográfico.

A Xunta colabora un ano máis co ciclo de concertos Galicia Importa, renomeado na súa novena edición como Xacobeo Importa no marco das actividades culturais previas á celebración do Xacobeo 2021. A nova temporada desta programación, organizada pola promotora galega Sweet Nocturna co apoio da Consellería de Cultura e Turismo, arranca con nove concertos ata finais de maio que configuran unha proposta heteroxénea e de gran calidade artística.

A primeira destas citas será a que protagonizará mañá venres, ás 22,00 h., na Sala Capitol de Santiago de Compostela a banda norteamericana de stoner rock Monster Magnet, na que é a súa primeira visita a Galicia. O concerto de mañá insírese na súa xira europea Powertrip A Celebration! Plus Much More... na que o grupo orixinario de New Jersey está a celebrar o vixésimo aniversario do seu maior éxito discográfico.

Este mesmo fin de semana terá lugar en Vigo a segunda das actuacións desta nova edición, que correrá a cargo dos británicos Tindersticks no Auditorio Afundación. A programación inclúe outras sobresaíntes figuras do panorama musical internacional en moi diferentes estilos, como The Bellrays (22 de marzo na SalaSon de Cangas), The Cat Empire (25 de marzo na Sala Capitol de Santiago), Ash (5 de abril, tamén na Capitol), Michael Kiwanuka (10 de maio no Auditorio Pazo de Congresos Mar de Vigo), Bebel Gilberto (15 de maio no Teatro Afundación de Vigo), JD McPherson (26 de maio na sala Masterclub de Vigo) e Jordan Mackampa (30 de maio no Vello Cárcere de Lugo).

Do mesmo xeito que no anterior Xacobeo 2010, o ciclo adapta o seu nome á celebración do de 2021 afondando no seu obxectivo orixinario: achegarlle ao público galego os directos de destacados nomes da música nun formato especial e máis próximo, como alternativa a eventos musicais de carácter máis masivo.

Con oito edicións anteriores e máis de 40 concertos celebrados, a súa aposta pola descentralización e desestacionalización conseguiu situar Galicia no calendario das xiras europeas de artistas do talle de Joan Baez, Alice Cooper, Yo la tengo, Teenege Fan Club, Interpol ou St. Etienne, entre moitos outros.

R., 2020-02-20

Actualidad

Foto del resto de noticias (fp-ordenador.jpg) A Formación Profesional galega contará a partir do vindeiro curso co dobre de inglés do marcado como mínimo na normativa básica estatal e permitirá ao alumnado realizar ata 700 horas de formación práctica, ata un 82% máis que ata o momento. Todo isto mantendo o peso da formación no centro educativo, cuxo profesorado é o piar fundamental do éxito acadado polo sistema galego de FP nos últimos anos. O modelo de FP de éxito tense adiantado e implementado moitos dos cambios que agora o Ministerio toma como sistema a imitar en toda España. Polo tanto a aplicación da nova lei vai ser flexible, de tal forma que en Galicia se manteña a excelencia e se incorporen as novidades.
Foto de la tercera plana (tecnologia.jpg) Foi presentado o evento The Way Startup Summit 2024, que un ano máis convertirá a Vigo no maior foro de emprendemento, innovación e investimento no Noroeste de España e cita de referencia a nivel nacional. O programa de They Way contempla tres grandes escenarios ao redor da innovación, o emprendemento e o investimento, así como a organización de espazos de networking entre os asistentes, co obxectivo de que establezan contactos, intercambien coñecementos e propíciense sinerxias entre eles. The Way desenvolverase os días 9 e 10 de maio abordando temas como os retos de futuro das FinTech, da mobilidade, da alimentación, do retail, do turismo, do deporte ou do téxtil, entre outras áreas.

Notas

Desde maio de 2022, un equipo internacional liderado polo físico da UVigo Juan Antonio Añel desenvolve un proxecto financiado polo Instituto Internacional de Ciencias Espaciais sobre os impactos do cambio climático sobre a atmosfera alta do planeta, a orbitación de satélites e o lixo espacial. Esta semana, o equipo celebra na sede do ISSI, na cidade suíza de Berna, a súa segunda xuntanza, na que avalían os avances no seu traballo.
O grupo de investigación sobre Criminoloxía, Psicoloxía Xurídica e Xustiza Penal no século XXI da UDC organiza o seminario internacional 'Trafficking in Cultural Property: A Criminological Perspective', un encontro que terá lugar o próximo 30 de abril no salón de graos da Facultade de Dereito da Coruña. Trátase dunha actividade enmarcada dentro do proxecto 'Horizon Europe RITHMS' (Research, Intelligence and Technology for Heritage and Market Security).
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES