Noticias

Galicia lidera o deporte escolar como a Comunidade Autónoma con maior participación de centros educativos (60) na Semana Europea do Deporte

A Semana Europea do Deporte é unha iniciativa do Parlamento Europeo para a promoción da practica deportiva saudable nos cidadáns da Unión Europea. Os preto de 60 centros educativos responderon a esta iniciativa, programando diferentes actividades durante esta semana e celebrando o Día do Deporte Escolar con alomenos 120 minutos de actividade física dentro do horario lectivo. Galicia aposta así polo incremento da actividade física de calidade que se realiza nos centros educativos galegos, para loitar contra a inactividade física, o sedentarismo e consecuentemente, contra o sobrepeso e a obesidade, promovendo hábitos de vida activa que perduren dende a infancia ata a vellez, vinculados aos Proxectos de Vida Activa en centros educativos escolares.



O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, acompañado pola delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz, vén de participar na actividade deportiva organizada a través do ximnasio BeOne na Praza Maior de Ourense na que participaron uns 500 alumnos do CPR Luis Vives tras realizar unha andaina co gallo do Día Europeo do Deporte Escolar encadrado dentro da Semana Europea Do Deporte. Coa actividade deste colexio plurilingüe son preto de 60 centros educativos de Galicia os que participan desta efeméride e que converten a Galicia en líder do deporte escolar en canto a participación na Semana Europea do Deporte que se celebra do 23 ao 30 de setembro e que culmina hoxe no calendario lectivo coa celebración do Día Europeo do Deporte Escolar.

O secretario xeral apuntou a importancia que ten o deporte nas idades máis temperás para configurar unha sociedade máis activa e saudable e lembrou o Programa Xogade (Xogos Deportivo Galegos en Idade Escolar) que vén de dar comezo á súa undécima edición nesta tempada 2019/2020 como publicou o Diario Oficial de Galicia o pasado mércores. O obxectivo será superar os 126.614 nenos e nenas mutualizados na tempada 2018. Cómpre lembrar que nesta edición mantense a gratuidade do seguro de accidentes deportivos para os nenos e nenas de entre 6 e 16 anos que será sufragado directamente pola Secretaría Xeral para o Deporte cunha achega de 2 millóns de euros e que o Xogade conta coa colaboración de 36 federacións adheridas ao programa e dezaseis modalidades escolares coa estrea nesta tempada do piragüismo.

A Semana Europea do Deporte é unha iniciativa do Parlamento Europeo para a promoción da practica deportiva saudable nos cidadáns da Unión Europea que a Secretaria Xeral para o Deporte, a través da Fundación Deporte Galego e a Rede de Centros Activos e Saudables de Galicia, está a dinamizar para difundir esta mensaxe de vida activa entre os escolares galegos. Os preto de 60 centros educativos responderon a esta iniciativa, programando diferentes actividades durante esta semana e celebrando o Día do Deporte Escolar con alomenos 120 minutos de actividade física dentro do horario lectivo.

A Secretaria Xeral para o Deporte celebra a resposta por parte dos centros, demostrando que Galicia aposta polo incremento da actividade física de calidade que se realiza nos centros educativos galegos, para loitar contra a inactividade física, o sedentarismo e consecuentemente, contra o sobrepeso e a obesidade, promovendo hábitos de vida activa que perduren dende a infancia ata a vellez, vinculados aos Proxectos de Vida Activa en centros educativos escolares.

R., 2019-09-27

Actualidad

Foto del resto de noticias (fp-ordenador.jpg) A Formación Profesional galega contará a partir do vindeiro curso co dobre de inglés do marcado como mínimo na normativa básica estatal e permitirá ao alumnado realizar ata 700 horas de formación práctica, ata un 82% máis que ata o momento. Todo isto mantendo o peso da formación no centro educativo, cuxo profesorado é o piar fundamental do éxito acadado polo sistema galego de FP nos últimos anos. O modelo de FP de éxito tense adiantado e implementado moitos dos cambios que agora o Ministerio toma como sistema a imitar en toda España. Polo tanto a aplicación da nova lei vai ser flexible, de tal forma que en Galicia se manteña a excelencia e se incorporen as novidades.
Foto de la tercera plana (tecnologia.jpg) Foi presentado o evento The Way Startup Summit 2024, que un ano máis convertirá a Vigo no maior foro de emprendemento, innovación e investimento no Noroeste de España e cita de referencia a nivel nacional. O programa de They Way contempla tres grandes escenarios ao redor da innovación, o emprendemento e o investimento, así como a organización de espazos de networking entre os asistentes, co obxectivo de que establezan contactos, intercambien coñecementos e propíciense sinerxias entre eles. The Way desenvolverase os días 9 e 10 de maio abordando temas como os retos de futuro das FinTech, da mobilidade, da alimentación, do retail, do turismo, do deporte ou do téxtil, entre outras áreas.

Notas

Desde maio de 2022, un equipo internacional liderado polo físico da UVigo Juan Antonio Añel desenvolve un proxecto financiado polo Instituto Internacional de Ciencias Espaciais sobre os impactos do cambio climático sobre a atmosfera alta do planeta, a orbitación de satélites e o lixo espacial. Esta semana, o equipo celebra na sede do ISSI, na cidade suíza de Berna, a súa segunda xuntanza, na que avalían os avances no seu traballo.
O grupo de investigación sobre Criminoloxía, Psicoloxía Xurídica e Xustiza Penal no século XXI da UDC organiza o seminario internacional 'Trafficking in Cultural Property: A Criminological Perspective', un encontro que terá lugar o próximo 30 de abril no salón de graos da Facultade de Dereito da Coruña. Trátase dunha actividade enmarcada dentro do proxecto 'Horizon Europe RITHMS' (Research, Intelligence and Technology for Heritage and Market Security).
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES