Noticias

O Ministerio de Facenda confírmalle á Xunta que non vai pagar máis da metade da débeda de 700 millóns que mantén con Galicia

A Xunta de Galicia recibiu unha carta do Ministerio de Facenda na que se confirma que o Goberno central non vai pagar máis da metade da débeda que mantén coas comunidades autónomas, e que no caso concreto de Galicia ascende a uns 700 millóns de euros, 530 dos cales están incluídos nos Orzamentos para 2019. Esta é a primeira vez que neste 2019 o Goberno central se dirixe á Comunidade Autónoma para explicar a situación dos impagos que mantén con Galicia polo bloqueo dos ingresos procedentes do sistema de financiamento autonómico, unha situación que non ten precedentes e que afecta directamente a todas as comunidades de réxime común.

O conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, avanzou hoxe que a Xunta de Galicia recibiu unha carta do Ministerio de Facenda na que se confirma que o Goberno central non vai pagar máis da metade da débeda que mantén coas comunidades autónomas, e que no caso concreto de Galicia ascende a uns 700 millóns de euros, 530 dos cales están incluídos nos Orzamentos para 2019.

Nunha rolda de prensa, o titular de Facenda explicou que esta é a primeira vez que neste 2019 o Goberno central se dirixe á Comunidade Autónoma para explicar a situación dos impagos que mantén con Galicia polo bloqueo dos ingresos procedentes do sistema de financiamento autonómico, unha situación que non ten precedentes e que afecta directamente a todas as comunidades de réxime común.

Na carta, o Ministerio de Facenda sinala que non ten previsto pagar os 170 millóns de euros de incentivos, que a Galicia lle corresponden polo cumprimento dos obxectivos fiscais dos anos 2017 e 2018, por estar o Goberno en funcións, e tamén indica que o Goberno central tampouco vai pagar os 200 millóns da mensualidade do IVE, cartos que o Goberno xa ten en caixa pero que se nega a transferir. Esta negativa que o Ministerio de Facenda está a comunicar formalmente a Galicia ten unha afectación global ao resto de comunidades autónomas, o que implica que o Goberno vai seguir retendo uns 2.500 millóns de euros.

En canto á transferencia das cantidades xa actualizadas das entregas a conta para 2019
–uns recursos que foron comunicados polo Goberno a Galicia en xullo de 2018-, o Ministerio de Facenda tampouco garante o pago deses 330 millóns de euros e agora limítase a sinalar que está "estudando alternativas". Neste sentido, o Goberno afirma que este bloqueo é consecuencia do rexeitamento polas Cortes do proxecto de Lei de Orzamentos para 2019, un feito que se produciu o pasado mes de febreiro, é dicir, hai máis de sete meses.

Non ao Consello de Política Fiscal

Ao mesmo tempo, o Ministerio de Facenda tamén confirma a súa negativa a convocar de xeito urxente o Consello de Política Fiscal e Financeira, pese ás solicitudes realizadas por varias comunidades autónomas, Galicia entre elas. Na carta, o Ministerio di que “non parece procedente” realizar esta convocatoria estando en funcións, pese a que este órgano coordinador leva máis dun ano sen reunirse, e pese a que o propio Goberno tamén recoñece que prevé convocalo antes de que remate o ano, porque así o obriga o regulamento do Consello.

Diálogo e non chantaxe

Na súa intervención, Valeriano Martínez advertiu de que o Goberno “ten a obriga de dialogar, non de chantaxear”. “Xa estamos a mediados de setembro e xa pasou o tempo das escusas”, indicou o conselleiro, que avanzou que a Xunta de Galicia “vai seguir reclamando os cartos que se nos adebedan, porque así nolo pediu o Parlamento e porque son cartos que lexitimamente nos corresponden”.

“Que os galegos teñan a tranquilidade de que a Xunta de Galicia non se vai render, e coa máxima serenidade e a máxima lealdade continuaremos traballando para que o Goberno remate con este bloqueo”, concluíu o titular de Facenda.

R., 2019-09-16

Actualidad

Foto del resto de noticias (fp-ordenador.jpg) A Formación Profesional galega contará a partir do vindeiro curso co dobre de inglés do marcado como mínimo na normativa básica estatal e permitirá ao alumnado realizar ata 700 horas de formación práctica, ata un 82% máis que ata o momento. Todo isto mantendo o peso da formación no centro educativo, cuxo profesorado é o piar fundamental do éxito acadado polo sistema galego de FP nos últimos anos. O modelo de FP de éxito tense adiantado e implementado moitos dos cambios que agora o Ministerio toma como sistema a imitar en toda España. Polo tanto a aplicación da nova lei vai ser flexible, de tal forma que en Galicia se manteña a excelencia e se incorporen as novidades.
Foto de la tercera plana (tecnologia.jpg) Foi presentado o evento The Way Startup Summit 2024, que un ano máis convertirá a Vigo no maior foro de emprendemento, innovación e investimento no Noroeste de España e cita de referencia a nivel nacional. O programa de They Way contempla tres grandes escenarios ao redor da innovación, o emprendemento e o investimento, así como a organización de espazos de networking entre os asistentes, co obxectivo de que establezan contactos, intercambien coñecementos e propíciense sinerxias entre eles. The Way desenvolverase os días 9 e 10 de maio abordando temas como os retos de futuro das FinTech, da mobilidade, da alimentación, do retail, do turismo, do deporte ou do téxtil, entre outras áreas.

Notas

Desde maio de 2022, un equipo internacional liderado polo físico da UVigo Juan Antonio Añel desenvolve un proxecto financiado polo Instituto Internacional de Ciencias Espaciais sobre os impactos do cambio climático sobre a atmosfera alta do planeta, a orbitación de satélites e o lixo espacial. Esta semana, o equipo celebra na sede do ISSI, na cidade suíza de Berna, a súa segunda xuntanza, na que avalían os avances no seu traballo.
O grupo de investigación sobre Criminoloxía, Psicoloxía Xurídica e Xustiza Penal no século XXI da UDC organiza o seminario internacional 'Trafficking in Cultural Property: A Criminological Perspective', un encontro que terá lugar o próximo 30 de abril no salón de graos da Facultade de Dereito da Coruña. Trátase dunha actividade enmarcada dentro do proxecto 'Horizon Europe RITHMS' (Research, Intelligence and Technology for Heritage and Market Security).
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES