Noticias

A campaña Quere o teu mercado chegará a 86 prazas de abastos de Galicia baixo o lema Preto do teu corazón

Un total de 86 prazas e mercados de toda Galicia e máis de 3.000 praceiros e praceiras súmanse á campaña internacional 'Quere o teu mercado', que se celebra ata o próximo 25 de maio. O propósito da iniciativa é promover os mercados e prazas de abastos de Galicia, incentivar o consumo de produtos frescos e resaltar os valores da compra local e a profesionalidade e bo facer dos praceiros, por quinto ano consecutivo, esta actuación de carácter internacional de promoción dos mercados locais e prazas de abastos. Baixo o lema 'Preto do teu corazón', realizaranse unha serie de eventos nos mercados dos países participantes para intentar atraer clientes e transmitir todos os beneficios que ten consumir nos mercados de proximidade.

Un total de 86 prazas e mercados de toda Galicia e máis de 3.000 praceiros e praceiras súmanse este ano á campaña internacional Quere o teu mercado que promove a Consellería de Economía, Emprego e Industria, en colaboración coa Federación Galega de Comercio, e que se celebra ata o próximo 25 de maio. A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, participou hoxe na presentación desta iniciativa, nun acto que tivo lugar na praza de abastos de Santiago de Compostela e no que estivo acompañada polo presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas. Tamén acudiron os presidentes e representantes de Fepragal e doutras prazas de Galicia.

Vázquez explicou que a Xunta, no seu propósito de promover os mercados e prazas de abastos de Galicia, incentivar o consumo de produtos frescos e resaltar os valores da compra local e a profesionalidade e bo facer dos praceiros e praceiras leva a cabo, por quinto ano consecutivo, esta actuación de carácter internacional de promoción dos mercados locais e prazas de abastos.

Deste xeito, baixo o lema Preto do teu corazón, realizaranse ata o próximo 25 de maio unha serie de eventos nos mercados dos países e cidades participantes para intentar atraer clientes e transmitir todos os beneficios que ten consumir nos mercados de proximidade.

Trátase, en palabras da directora xeral, de unir a nivel internacional aos mercados locais de diferentes formas e tamaños nun fin común: aumentar a súa visibilidade, a presenza de consumidores e o consumo no comercio de proximidade, ao tempo que se fortalecen os lazos de unión e a fidelización cos usuarios.

En colaboración coas asociacións e federacións de praceiros e praceiras, celebrarase, ademais, o Día do mercado, que, a proposta dos propios praceiros e praceiras, terá lugar o sábado 25 de maio. Máis de 3000 praceiros e praceiras organizarán todo tipo de eventos para poñer en valor os produtos de calidade dos seus mercados como degustacións gastronómicas, showcookings ou obradoiros de cociña, concursos de tapas e exhibicións de pratos elaborados con produtos do mercado.

Tamén aproveitarán a campaña para converter as prazas de abastos e mercados en verdadeiros espazos de diversión con actuacións musicais de grupos tradicionais e locais, visitas guiadas para os escolares e outras actividades de ocio como sorteos e sesións de baile.

Quere o teu mercado (Love Your Local Market), con orixe no Reino Unido, está promovido a nivel internacional pola World Union of Wholesale Markets, e este ano únense Portugal e Brasil aos mercados de España, Reino Unido, Francia, Alemaña, Holanda, Polonia, Italia, Irlanda, Bélxica, Grecia, Dinamarca, Suecia, Hungría, Serbia, China, Arxentina e Estados Unidos.

A información da campaña pódese atopar a través da páxina web http://www.quereoteumercado.gal/ ou ben a través do Facebook https://www.facebook.com/quereoteumercado. ou do instagram @quereoteumercado. Precisamente nestas redes sociais poderase apoiar á campaña compartindo fotografías realizadas nas prazas de abastos galegas.

Sol Vázquez animou a todos os asistentes a sumarse a esta campaña coa que, en definitiva, se busca dinamizar estes espazos achegándose á cidadanía para potenciar a compra do produto local, ademais de poñer en valor o bo facer dos profesionais.

R., 2019-05-16

Actualidad

Foto del resto de noticias (fp-ordenador.jpg) A Formación Profesional galega contará a partir do vindeiro curso co dobre de inglés do marcado como mínimo na normativa básica estatal e permitirá ao alumnado realizar ata 700 horas de formación práctica, ata un 82% máis que ata o momento. Todo isto mantendo o peso da formación no centro educativo, cuxo profesorado é o piar fundamental do éxito acadado polo sistema galego de FP nos últimos anos. O modelo de FP de éxito tense adiantado e implementado moitos dos cambios que agora o Ministerio toma como sistema a imitar en toda España. Polo tanto a aplicación da nova lei vai ser flexible, de tal forma que en Galicia se manteña a excelencia e se incorporen as novidades.
Foto de la tercera plana (tecnologia.jpg) Foi presentado o evento The Way Startup Summit 2024, que un ano máis convertirá a Vigo no maior foro de emprendemento, innovación e investimento no Noroeste de España e cita de referencia a nivel nacional. O programa de They Way contempla tres grandes escenarios ao redor da innovación, o emprendemento e o investimento, así como a organización de espazos de networking entre os asistentes, co obxectivo de que establezan contactos, intercambien coñecementos e propíciense sinerxias entre eles. The Way desenvolverase os días 9 e 10 de maio abordando temas como os retos de futuro das FinTech, da mobilidade, da alimentación, do retail, do turismo, do deporte ou do téxtil, entre outras áreas.

Notas

Desde maio de 2022, un equipo internacional liderado polo físico da UVigo Juan Antonio Añel desenvolve un proxecto financiado polo Instituto Internacional de Ciencias Espaciais sobre os impactos do cambio climático sobre a atmosfera alta do planeta, a orbitación de satélites e o lixo espacial. Esta semana, o equipo celebra na sede do ISSI, na cidade suíza de Berna, a súa segunda xuntanza, na que avalían os avances no seu traballo.
O grupo de investigación sobre Criminoloxía, Psicoloxía Xurídica e Xustiza Penal no século XXI da UDC organiza o seminario internacional 'Trafficking in Cultural Property: A Criminological Perspective', un encontro que terá lugar o próximo 30 de abril no salón de graos da Facultade de Dereito da Coruña. Trátase dunha actividade enmarcada dentro do proxecto 'Horizon Europe RITHMS' (Research, Intelligence and Technology for Heritage and Market Security).
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES