Noticias

A Xornada BBC (billarda, bolos celtas e chave) reivindica os xogos tradicionais en Silleda

A Xornada de Xogos Tradicionais Galegos Concentración BBC (Billarda, Bolos Celtas e Chave) celebrouse no Recinto Feiral Semana Verde de Silleda. Esta iniciativa está enmarcada dentro do programa Xogade, que xunta 15 modalidades deportivas dentro da actividade deportiva escolar e que conta con 126.350 nenos e nenas mutualizados. É unha forma de reivindicar a billarda, os bolos celtas e a chave, así como todo o deporte popular como parte fundamental do noso patrimonio etnolúdico. Na xornada de hoxe participaron un total de preto de 300 nenos e nenas de 13 centros educativos da provincia de Pontevedra. Os escolares puideron xogar á billarda, bolos celtas, chave, loita, futsal 6 e petanca, e tivo lugar unha actividade de acción musical.

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, participou esta mañá na Xornada de Xogos Tradicionais Galegos Concentración BBC (Billarda, Bolos Celtas e Chave) que se celebrou no Recinto Feiral Semana Verde de Silleda. O mandatario galego defendeu o “dereito inalienable do neno” de xogar polo que a Xunta de Galicia promove “unha educación para os nosos pequenos na que o deporte sexa unha disciplina imprescindible”. Neste sentido destacou o programa Xogade que ademais desta xornada xunta 15 modalidades deportivas dentro da actividade deportiva escolar e que conta con 126.350 nenos nenas mutualizados. “Deste xeito damos cumprimento a un dos nosos obxectivos prioritarios: fomentar e estender o deporte educativo e saudable a toda a sociedade dende as idades máis temperás”, dixo.

Nas súas verbas, o secretario xeral reivindicou a billarda, os bolos celtas e a chave, así como todo o deporte popular como parte fundamental “do noso patrimonio etnolúdico, o xeito que temos os galegos e as galegas de relacionarnos coa xente a través do deporte”.

Na xornada de hoxe participaron un total de preto de 300 nenos e nenas de 13 centros educativos da provincia de Pontevedra -CPI O Toural de Vilaboa (21), CEIP Coirón Dena de Meaño (35), CEIP Quintela de Redondela (16), CEIP Tirán de Moaña (14), CPR Abrente de Sanxenxo (25), CPR San José de Pontevedra (22), CEIP Ramón Valenzuela de Bandeira (19), CEIP Pérez Viondi da Estrada (57), CEIP Xeve de Pontevedra (16), CEIP Foxo da Estrada (11), CEIP Froebel de Pontevedra (15), CPR San Fermín de Caldas (25) e o CEIP Rocío de Vigo (20)-.

Na actividade levada a cabo desde as 10,15 horas da mañá ata as 17,00 do serán, os escolares puideron xogar á billarda, bolos celtas, chave, loita, futsal 6 e petanca. Do mesmo xeito entre as 12,30 e as 13,20 tivo lugar unha actividade de acción musical.

R., 2019-05-15

Actualidad

Foto del resto de noticias (fp-ordenador.jpg) A Formación Profesional galega contará a partir do vindeiro curso co dobre de inglés do marcado como mínimo na normativa básica estatal e permitirá ao alumnado realizar ata 700 horas de formación práctica, ata un 82% máis que ata o momento. Todo isto mantendo o peso da formación no centro educativo, cuxo profesorado é o piar fundamental do éxito acadado polo sistema galego de FP nos últimos anos. O modelo de FP de éxito tense adiantado e implementado moitos dos cambios que agora o Ministerio toma como sistema a imitar en toda España. Polo tanto a aplicación da nova lei vai ser flexible, de tal forma que en Galicia se manteña a excelencia e se incorporen as novidades.
Foto de la tercera plana (tecnologia.jpg) Foi presentado o evento The Way Startup Summit 2024, que un ano máis convertirá a Vigo no maior foro de emprendemento, innovación e investimento no Noroeste de España e cita de referencia a nivel nacional. O programa de They Way contempla tres grandes escenarios ao redor da innovación, o emprendemento e o investimento, así como a organización de espazos de networking entre os asistentes, co obxectivo de que establezan contactos, intercambien coñecementos e propíciense sinerxias entre eles. The Way desenvolverase os días 9 e 10 de maio abordando temas como os retos de futuro das FinTech, da mobilidade, da alimentación, do retail, do turismo, do deporte ou do téxtil, entre outras áreas.

Notas

Desde maio de 2022, un equipo internacional liderado polo físico da UVigo Juan Antonio Añel desenvolve un proxecto financiado polo Instituto Internacional de Ciencias Espaciais sobre os impactos do cambio climático sobre a atmosfera alta do planeta, a orbitación de satélites e o lixo espacial. Esta semana, o equipo celebra na sede do ISSI, na cidade suíza de Berna, a súa segunda xuntanza, na que avalían os avances no seu traballo.
O grupo de investigación sobre Criminoloxía, Psicoloxía Xurídica e Xustiza Penal no século XXI da UDC organiza o seminario internacional 'Trafficking in Cultural Property: A Criminological Perspective', un encontro que terá lugar o próximo 30 de abril no salón de graos da Facultade de Dereito da Coruña. Trátase dunha actividade enmarcada dentro do proxecto 'Horizon Europe RITHMS' (Research, Intelligence and Technology for Heritage and Market Security).
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES