Noticias

O Gaiás celebrará o 25 de maio 'Cidade Rompetiño', un encontro de cultura urbana para xente moza con música e deportes de acción

A Cidade da Cultura de Galicia celebrará o sábado 25 de maio Cidade Rompetiño, unha xornada de oito horas de música, deporte e cultura urbana, que dá resposta a un alto interese de xente nova que vincula o seu lecer a actividades deportivas -como parkour ou skate- e estreitamente ligadas á música de estilos hip-hop ou hall-dance. Precisamente, este evento acollerá a final do primeiro Campionato oficial de España de Scooter Freestyle, co que os participantes se clasifican para a proba mundial, prevista para o mes de xullo en Barcelona.

A historia do Scooter Freestyle empeza nos Estados Unidos de América no ano 2000 coa comercialización de patinetes de pregar. Rapidamente, comezaron a modificarse estes patinetes para poder ser empregados nos skateparks. A día de hoxe, é a modalidade de deporte de acción con maior forza dentro do sector. Tras 16 anos da súa creación, esta actividade evidencia unha grande evolución que se asocia a actividades como o skate ou o Bmx. En 2015, celebrouse a ISA World Final, onde asistiron máis de 30.000 persoas no evento LKXA Extreme Barcelona no recinto do Fórum, o que dá unha dimensión do enorme interese que esperta esta actividade urbana.

Cidade Rompetiño supón que Galicia sexa anfitrioa, por vez primeira, dun evento destas características e que implica, á vez, ter a oportunidade de acoller a primeira final do Campionato Nacional de carácter oficial, que se celebrará ao aire libre na Praza Central da Cidade da Cultura e no que participarán medio cento de mozos de toda España. Trátase, por tanto, dunha proba moi importante e de gran relevancia neste deporte urbano.

A Cidade da Cultura de Galicia organiza este encontro xunto a Rompiente Clothing e conta coa colaboración da Real Federación Española de Patinaje. Estes promotores realizaron por vez primeira en Porto do Son, o pasado ano, un festival de cultura urbana de similares características a Cidade Rompetiño durante tres días, coa asistencia de 15.000 persoas. Un éxito que os leva a repetir este mesmo ano no mes de xullo nesa vila do Barbanza, á vez que a organizar este encontro en Santiago de Compostela para arroupar a celebración no complexo do Gaiás da primeira final do ‘Campionato oficial de España de Scooter Freestyle’.

Demostracións de parkour, breakdance e zona de restauración

O recentemente aberto Xardín do Teatro será o escenario de moitas das actividades de Cidade Rompetiño. Este novo espazo verde, de 11.574 metros cadrados, conta con especies botánicas procedentes de diferentes partes do mundo, un auditorio ao aire libre, estanques, instalacións para practicar deportes urbanos e áreas de lecer para gozar da natureza.

Deste xeito, trátase da zona do Gaiás máis axeitada para festexar un evento como Cidade Rompetiño. En concreto, o Xardín do Teatro acollerá ao longo da xornada do sábado 25 de maio o Campionato breakdance coa participación de figuras galegas neste estilo de baile urbano e tamén será o escenario escollido para a exhibición de deportes como parkour, skate e Bmx.

De igual forma, realizaranse ao longo de todo o día un Rompetiño Parkour, ideado para os afeccionados con exhibicións e un parkour de obstáculos, cuxo enxeño e técnica supón sempre un abraiante espectáculo visual. Completarán a xornada actuacións de música ao vivo e un servizo de restauración, con foodtrucks. Finalmente, e fóra do Gaiás, a Cidade Rompetiño porá punto e final á xornada competitiva e de demostracións deportivas na Sala Malatesta, no centro de Compostela, cunha batalla de galos entre os rapeiros Lopes, Fusa Nocta e Erin DJ Set.

R., 2019-04-30

Actualidad

Foto del resto de noticias (fp-ordenador.jpg) A Formación Profesional galega contará a partir do vindeiro curso co dobre de inglés do marcado como mínimo na normativa básica estatal e permitirá ao alumnado realizar ata 700 horas de formación práctica, ata un 82% máis que ata o momento. Todo isto mantendo o peso da formación no centro educativo, cuxo profesorado é o piar fundamental do éxito acadado polo sistema galego de FP nos últimos anos. O modelo de FP de éxito tense adiantado e implementado moitos dos cambios que agora o Ministerio toma como sistema a imitar en toda España. Polo tanto a aplicación da nova lei vai ser flexible, de tal forma que en Galicia se manteña a excelencia e se incorporen as novidades.
Foto de la tercera plana (tecnologia.jpg) Foi presentado o evento The Way Startup Summit 2024, que un ano máis convertirá a Vigo no maior foro de emprendemento, innovación e investimento no Noroeste de España e cita de referencia a nivel nacional. O programa de They Way contempla tres grandes escenarios ao redor da innovación, o emprendemento e o investimento, así como a organización de espazos de networking entre os asistentes, co obxectivo de que establezan contactos, intercambien coñecementos e propíciense sinerxias entre eles. The Way desenvolverase os días 9 e 10 de maio abordando temas como os retos de futuro das FinTech, da mobilidade, da alimentación, do retail, do turismo, do deporte ou do téxtil, entre outras áreas.

Notas

Desde maio de 2022, un equipo internacional liderado polo físico da UVigo Juan Antonio Añel desenvolve un proxecto financiado polo Instituto Internacional de Ciencias Espaciais sobre os impactos do cambio climático sobre a atmosfera alta do planeta, a orbitación de satélites e o lixo espacial. Esta semana, o equipo celebra na sede do ISSI, na cidade suíza de Berna, a súa segunda xuntanza, na que avalían os avances no seu traballo.
O grupo de investigación sobre Criminoloxía, Psicoloxía Xurídica e Xustiza Penal no século XXI da UDC organiza o seminario internacional 'Trafficking in Cultural Property: A Criminological Perspective', un encontro que terá lugar o próximo 30 de abril no salón de graos da Facultade de Dereito da Coruña. Trátase dunha actividade enmarcada dentro do proxecto 'Horizon Europe RITHMS' (Research, Intelligence and Technology for Heritage and Market Security).
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES