Noticias

'Do tempo e dos astros' reúne dous traballos etnográficos de Antonio Fraguas

Do tempo e dos astros reedita dous traballos de corte etnográfico de Antonio Fraguas: O culto aos mortos, conferencia pronunciada no Ateneo de Vigo en maio de 1931 e publicada por primeira vez ese mesmo ano, e Preocupación polo tempo e os astros na crenza popular, que vira a luz en 1975, no tomo V do Boletín Auriense. Dous textos que eran ata o momento difíciles de consultar e que esta publicación da Biblioteca Antonio Fraguas da Editorial Galaxia lle achega ao público no ano en que se lle dedican as Letras Galegas ao seu autor. É unha mostra do papel de don Antonio Fraguas como estudoso e divulgador da cultura popular, no seu afán por axudarnos aos galegos a recoñecernos nela para comprendérmonos e querérmonos a nós mesmos.

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asistiu este mediodía, no Museo do Pobo Galego, á presentación do libro de Antonio Fraguas Do tempo e dos astros. Trátase dunha publicación da Editorial Galaxia no marco da programación institucional das Letras Galegas 2019 da Xunta de Galicia, que este ano se lle dedica ao autor do volume.

Valentín García explicou que este novo libro “é unha mostra do papel de don Antonio Fraguas como estudoso e divulgador da cultura popular, no seu afán por axudarnos aos galegos a recoñecernos nela para comprendérmonos e querérmonos a nós mesmos”.

Acompañaron o secretario xeral na presentación de Do tempo e dos astros Francisco Sangiao, secretario do Padroado do Museo do Pobo Galego, e Francisco Castro, director xeral da Editorial Galaxia.

Os astros, o tempo e a morte na cultura popular

Do tempo e dos astros reedita dous traballos de corte etnográfico de Antonio Fraguas: O culto aos mortos, conferencia pronunciada no Ateneo de Vigo en maio de 1931 e publicada por primeira vez ese mesmo ano, e Preocupación polo tempo e os astros na crenza popular, que vira a luz en 1975, no tomo V do Boletín Auriense. Dous textos que eran ata o momento difíciles de consultar e que esta publicación da Biblioteca Antonio Fraguas da Editorial Galaxia lle achega ao público no ano en que se lle dedican as Letras Galegas ao seu autor.

Antonio Fraguas Fraguas

Antonio Fraguas Fraguas (Loureiro, Cerdedo-Cotobade, 1905 – Santiago de Compostela, 1999) foi membro do Seminario de Estudos Galegos e das Irmandades da Fala, así como director do Museo do Pobo Galego e Cronista Xeral de Galicia. Estudoso da nosa realidade cultural desde diferentes ámbitos, destacou sobre todo no eido da etnografía, onde os seus traballos contribuíron decisivamente ao coñecemento da cultura popular e ao afondamento na nosa identidade.

R., 2019-03-26

Actualidad

Foto del resto de noticias (cdc-01.jpg) A Cidade da Cultura reunirá estes días as persoas representantes dunha vintena de linguas minoritarias de Europa. Será durante a asemblea xeral e a conferencia anual da Network to Promote Linguistic Diversity (NPLD), unha organización de ámbito europeo cuxa finalidade é promover a diversidade lingüística na UE. Entre os seus membros figura, desde a súa creación, a Xunta de Galicia, que, a través da Consellería de Cultura actúa como anfitrioa nos eventos de 2024. Na xornada trataranse os asuntos que atinxen á administración da organización e presentaranse varios informes.
Foto de la tercera plana (costa.jpg) A Xunta vai solicitar de xeito inmediato ao Goberno central o traspaso dos medios materiais e persoais para xestionar a súa costa trala sentenza do Tribunal Constitucional que avala a Lei de ordenación e xestión integrada do litoral de Galicia. A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, respondeu unha pregunta no pleno do Parlamento sobre esta materia na que salientou que o Alto Tribunal certifica que a norma galega é plenamente constitucional. Ademais, subliñou, confirma o que sempre defendeu a comunidade, que non é necesario reformar o Estatuto de Autonomía para que Galicia poida exercer plenamente as súas lexítimas competencias sobre o litoral.

Notas

Dos inicios do cinema galego á progresiva profesionalización do sector, pasando polo novos modelos de produción e pola situación das cineastas no momento actual. Trazar un percorrido histórico do panorama audiovisual galego ao longo das últimas tres décadas era o obxectivo central das xornadas que este xoves promoveu na Facultade de Comunicación a Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi), con motivo do seu 30 aniversario.
A 22ª edición do Encontro Universitario de Danza da USC chega a Lugo este xoves 25 e o venres 26 coa presentación de producións de danza das compañías das universidades de Vigo, A Coruña e máis a propia da USC. As funcións, de entrada libre e de balde, serán ambos os dous días ás 20.30 horas na Caixa Negra do Museo Interactivo de Historia (MIHL). A compañía de danza da UDC abrirá este encontro o xoves 25, ás 20.30 horas, coa posta en escena de ‘… E todo o demais non importa’, unha coreografía colectiva con dirección artística de Alba Fdez. Cotelo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES