Noticias

Máis de 3,6 millóns de peregrinos chegaron a Santiago de Compostela desde a Declaración do Camiño Francés en 1993

Cúmprense 25 anos da Declaración do Camiño Francés en España, que son lembrados durante estes días pola mostra 'Fotos dos XXV anos da Declaración do Camiño Francés en España'. Nela pode observarse a destacable presenza que ten Galicia na selecta lista do Patrimonio Mundial, coa Muralla de Lugo, a Torre de Hércules e os Camiños do Norte. Ademáis, hai soamente dúas semanas a Pedra Seca incorporábase ao Patrimonio Cultural da Humanidade e, agora mesmo, están en marcha tres candidaturas: a Ribeira Sacra, as Cíes-Illas Atlánticas e O Ferrol da Ilustración, ademais da celebración neste 2018 do Ano Europeo do Patrimonio Cultural.

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe que os máis de 3,6 millóns de peregrinos que desde 1993 ata hoxe chegaron a Santiago de Compostela non viaxaron ao pasado senón “a un futuro capaz de integrar épocas, culturas e vivencias”. Así mesmo, apelou á responsabilidade de acrecentar o valor dun Camiño que discorre por distintas rutas e transcorre por máis de 100 concellos, cun programa de rehabilitación, restauración e valorización dos bens de interese cultural afectados. “E farémolo, facendo desa nova cita coa historia -o Xacobeo 2021-, un acontecemento comunitario do cal todos os galegos temos que formar parte”, aseverou.

“Queremos proxectar aínda con máis forza tanto o que Galicia é, como o que Galicia representa”, dixo, recordando que o éxito do Xacobeo, “o recoñecemento internacional que estamos celebrando neste acto”, lle deben moito á implicación de todo o país. “O peregrino é acollido por unha terra, unha historia, unha espiritualidade, pero sobre todo, por homes e mulleres que recibiron dos seus devanceiros o regalo da hospitalidade”, sentenciou.

Durante unha visita á mostra Fotos dos XXV anos da Declaración do Camiño Francés en España, subliñou que Galicia ten unha presenza moi destacable na selecta lista do Patrimonio Mundial, coa Muralla de Lugo, a Torre de Hércules e os Camiños do Norte. Hai soamente dúas semanas a Pedra Seca incorporábase ao Patrimonio Cultural da Humanidade e, agora mesmo, están en marcha tres candidaturas: a Ribeira Sacra, as Cíes-Illas Atlánticas e O Ferrol da Ilustración, ademais da celebración neste 2018 do Ano Europeo do Patrimonio Cultural.

Ao longo da súa intervención, o responsable do Executivo galego incidiu en que hai 25 anos os galegos dixemos que queríamos ser como somos, restaurando o mellor da nosa herdanza para transformala en algo atractivo para nós e para a nosa veciñanza, “que é tanto como dicir o mundo enteiro”, afirmou.

Feijóo referiuse tamén a esta celebración como unha dobre homenaxe a Galicia, como gardiá do primeiro europeísmo e dun primitivo sentimento democrático. “O Camiño de Santiago dálle ao pobo un protagonismo único, ata o punto de que poderíamos ver nel un Parlamento Europeo itinerante no que se forxa un europeísmo natural e políglota”, asegurou, ao que engadiu que, a diferenza doutros fitos que figuran no catálogo elaborado pola Unesco, o Camiño non é algo inerte senón un organismo vivo formado por todos os peregrinos que, camiñando, o fixeron.

Así mesmo, sostivo que este aniversario ten nos nosos días un valor especial nesta altura do século XXI, onde tratan de erguerse muros onde hai camiños.

Diante disto, aseverou que quizais o perigo maior consista en pensar que existen principios inamovibles e indiscutibles, como a democracia, a convivencia ou a unidade, cando é preciso “practicalos, difundilos, melloralos e mesmo depuralos de erros e comportamentos pouco saudables”. Non en van, os momentos máis funestos da historia foron posible pola concorrencia da acción e da inhibición: “A acción dos inimigos do entendemento e a inhibición de todos os que crían que as virtudes sociais e políticas se defenden soas”, abundou.

O presidente da Xunta concluíu avogando por vigorizar e reforzar os camiños, porque “cando son os camiños os que marcan a pauta, os pobos encóntranse, fórmanse nacións solidarias e os estados asócianse”.

R., 2018-12-11

Actualidad

Foto del resto de noticias (cdc-01.jpg) A Cidade da Cultura reunirá estes días as persoas representantes dunha vintena de linguas minoritarias de Europa. Será durante a asemblea xeral e a conferencia anual da Network to Promote Linguistic Diversity (NPLD), unha organización de ámbito europeo cuxa finalidade é promover a diversidade lingüística na UE. Entre os seus membros figura, desde a súa creación, a Xunta de Galicia, que, a través da Consellería de Cultura actúa como anfitrioa nos eventos de 2024. Na xornada trataranse os asuntos que atinxen á administración da organización e presentaranse varios informes.
Foto de la tercera plana (costa.jpg) A Xunta vai solicitar de xeito inmediato ao Goberno central o traspaso dos medios materiais e persoais para xestionar a súa costa trala sentenza do Tribunal Constitucional que avala a Lei de ordenación e xestión integrada do litoral de Galicia. A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, respondeu unha pregunta no pleno do Parlamento sobre esta materia na que salientou que o Alto Tribunal certifica que a norma galega é plenamente constitucional. Ademais, subliñou, confirma o que sempre defendeu a comunidade, que non é necesario reformar o Estatuto de Autonomía para que Galicia poida exercer plenamente as súas lexítimas competencias sobre o litoral.

Notas

Dos inicios do cinema galego á progresiva profesionalización do sector, pasando polo novos modelos de produción e pola situación das cineastas no momento actual. Trazar un percorrido histórico do panorama audiovisual galego ao longo das últimas tres décadas era o obxectivo central das xornadas que este xoves promoveu na Facultade de Comunicación a Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi), con motivo do seu 30 aniversario.
A 22ª edición do Encontro Universitario de Danza da USC chega a Lugo este xoves 25 e o venres 26 coa presentación de producións de danza das compañías das universidades de Vigo, A Coruña e máis a propia da USC. As funcións, de entrada libre e de balde, serán ambos os dous días ás 20.30 horas na Caixa Negra do Museo Interactivo de Historia (MIHL). A compañía de danza da UDC abrirá este encontro o xoves 25, ás 20.30 horas, coa posta en escena de ‘… E todo o demais non importa’, unha coreografía colectiva con dirección artística de Alba Fdez. Cotelo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES