Noticias

O número de fogares galegos con dificultades a fin de mes volve ser o máis baixo de toda a serie histórica, segundo o IGE

O número de fogares galegos que chegan con facilidade ou moita facilidade a fin de mes aumentou ata o 60,1% no terceiro trimestre do ano, mentres que a cifra de fogares que chegan con dificultade descendeu ata o 31,3%, baixando tamén ao 8,6% os que declaran chegar con moita dificultade. Este é o resultado máis baixo de fogares con algunha dificultade a fin de mes de toda a serie histórica, que se inicia no primeiro trimestre de 2010. De feito, o número de fogares que chegan con facilidade a fin de mes medrou en Galicia 5,5 puntos respecto ao anterior trimestre, un incremento que é de 11,8 puntos no último ano.

Así o reflicte a Enquisa Conxuntural a Fogares correspondente ao terceiro trimestre e publicada hoxe polo Instituto Galego de Estatística (IGE).

Pola contra, os datos do IGE constatan un descenso de fogares que chegan con dificultades a final de mes. Esta baixada no último trimestre foi de 4,3 puntos para os que chegan con algunha dificultade (10,8 puntos menos respecto ao terceiro trimestre de 2017). Tamén baixa 1,2 puntos os fogares con moitas dificultades respecto ao trimestre anterior, un descenso de case un punto no último ano.

Ademais, o IGE tamén detecta unha diminución do indicador de confianza do consumidor, que baixa 1,2 puntos respecto ao trimestre anterior. Este indicador cambia así o seu comportamento, dado que no segundo trimestre mellorara 2,7 puntos sobre o primeiro.
Medidas

Así mesmo, a enquisa do IGE mostra unha redución dos fogares que no último ano tomaron medidas para reducir gastos ou aumentar ingresos. Por exemplo, o instituto estatístico ratifica que, en comparación co mesmo trimestre de 2017, baixan os fogares que cambian os seus hábitos de compra para aforrar, que diminúen outros gastos comúns –como roupa, calzado ou transporte- e que son menos tamén os que reciben axuda económica de familiares ou amizades. O único indicador que aumenta é o de tomar medidas financeiras.

R., 2018-10-02

Actualidad

Foto del resto de noticias (cdc-01.jpg) A Cidade da Cultura reunirá estes días as persoas representantes dunha vintena de linguas minoritarias de Europa. Será durante a asemblea xeral e a conferencia anual da Network to Promote Linguistic Diversity (NPLD), unha organización de ámbito europeo cuxa finalidade é promover a diversidade lingüística na UE. Entre os seus membros figura, desde a súa creación, a Xunta de Galicia, que, a través da Consellería de Cultura actúa como anfitrioa nos eventos de 2024. Na xornada trataranse os asuntos que atinxen á administración da organización e presentaranse varios informes.
Foto de la tercera plana (costa.jpg) A Xunta vai solicitar de xeito inmediato ao Goberno central o traspaso dos medios materiais e persoais para xestionar a súa costa trala sentenza do Tribunal Constitucional que avala a Lei de ordenación e xestión integrada do litoral de Galicia. A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, respondeu unha pregunta no pleno do Parlamento sobre esta materia na que salientou que o Alto Tribunal certifica que a norma galega é plenamente constitucional. Ademais, subliñou, confirma o que sempre defendeu a comunidade, que non é necesario reformar o Estatuto de Autonomía para que Galicia poida exercer plenamente as súas lexítimas competencias sobre o litoral.

Notas

Dos inicios do cinema galego á progresiva profesionalización do sector, pasando polo novos modelos de produción e pola situación das cineastas no momento actual. Trazar un percorrido histórico do panorama audiovisual galego ao longo das últimas tres décadas era o obxectivo central das xornadas que este xoves promoveu na Facultade de Comunicación a Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi), con motivo do seu 30 aniversario.
A 22ª edición do Encontro Universitario de Danza da USC chega a Lugo este xoves 25 e o venres 26 coa presentación de producións de danza das compañías das universidades de Vigo, A Coruña e máis a propia da USC. As funcións, de entrada libre e de balde, serán ambos os dous días ás 20.30 horas na Caixa Negra do Museo Interactivo de Historia (MIHL). A compañía de danza da UDC abrirá este encontro o xoves 25, ás 20.30 horas, coa posta en escena de ‘… E todo o demais non importa’, unha coreografía colectiva con dirección artística de Alba Fdez. Cotelo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES