Noticias

Galicia presenta a súa oferta turística na feira Jata de Xapón, un país que achegou este ano preto dun 6% máis de viaxeiros

Galicia continúa a ser un destino en alza para o turista xaponés, que aprecia de xeito especial a nosa riqueza cultural e monumental, a gastronomía, a natureza e o Camiño de Santiago. Neste ámbito, Galicia presentaralles aos operadores turísticos as posibilidades que ofrece a Comunidade para a organización de viaxes turísticas. Ademais, o público final poderá obter directamente información sobre a oferta turística da comunidade galega. JATA é unha feira xeral de turismo organizada pola Japan Association on Travel Agents. É un dos certames de maior tradición dentro do mercado nipón. Turismo de Galicia, dentro da súa estratexia de internacionalización, estará presente por oitavo ano consecutivo.

A directora de Promoción de Turismo de Galicia, Carmen Pita, encabeza a representación galega que participa desde hoxe e ata o o domingo na feira JATA Travel Showcase 2018, que se celebra na capital de Xapón e na que a Comunidade galega conta cun espazo para promover a súa oferta turística entre os milleiros de persoas que visitarán este certame ao longo das súas catro xornadas.

JATA é unha feira xeral de turismo organizada pola Japan Association on Travel Agents. É un dos certames de maior tradición dentro do mercado nipón. Turismo de Galicia, dentro da súa estratexia de internacionalización, estará presente por oitavo ano consecutivo.

Antes da apertura da feira tivo lugar un workshop no que Turismo de Galicia estivo presente con citas cos operadores xaponeses interesados en incluír Galicia nos seus programas, así como de reforzar o contacto cos que xa traballan a nosa Comunidade. Por outra parte, durante a feira, a OET en Toquio organizará un encontro de traballo con operadores, medios de comunicación e profesionais do turismo, acción na que tamén estará presente Galicia.

Galicia continúa a ser un destino en alza para o turista xaponés, que aprecia de xeito especial a nosa riqueza cultural e monumental, a gastronomía, a natureza e o Camiño de Santiago. Neste ámbito, Galicia presentaralles aos operadores turísticos as posibilidades que ofrece a Comunidade para a organización de viaxes turísticas. Ademais, o público final poderá obter directamente información sobre a oferta turística da comunidade galega.

Este ano estase a rexistrar un aumento do 5,7% na demanda turística de Xapón en Galicia como consecuencia da mellora da estadía media dos viaxeiros procedentes deste país.

Noruega e Polonia

Dentro do labor de promoción do destino, Turismo de Galicia tamén organiza estes días dúas viaxes de familiarización para periodistas noruegueses e axentes de viaxes polacos.

No caso dos profesionais nórdicos, achéganse a parte da oferta enoturística galega. Na súa estadía, poderán coñecer varias adegas e a oferta complementaria que ofrecen distintos territorios acollidos ás denominacións de orixe protexidas dos viños galegos.

Por outra parte, nos vindeiros días un grupo de axentes de viaxes de Polonia visitarán a Comunidade ao obxecto de coñecer parte dos seus recursos e servizos turísticos. Así, terán a oportunidade de coñecer a oferta turística de parte das cidades galegas, a Ruta da Camelia que inclúe unha ducia pazos e os seus xardíns, o Camiño de Santiago, a oferta enogastronómica e o Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.

R., 2018-09-20

Actualidad

Foto del resto de noticias (fp-ordenador.jpg) A Formación Profesional galega contará a partir do vindeiro curso co dobre de inglés do marcado como mínimo na normativa básica estatal e permitirá ao alumnado realizar ata 700 horas de formación práctica, ata un 82% máis que ata o momento. Todo isto mantendo o peso da formación no centro educativo, cuxo profesorado é o piar fundamental do éxito acadado polo sistema galego de FP nos últimos anos. O modelo de FP de éxito tense adiantado e implementado moitos dos cambios que agora o Ministerio toma como sistema a imitar en toda España. Polo tanto a aplicación da nova lei vai ser flexible, de tal forma que en Galicia se manteña a excelencia e se incorporen as novidades.
Foto de la tercera plana (tecnologia.jpg) Foi presentado o evento The Way Startup Summit 2024, que un ano máis convertirá a Vigo no maior foro de emprendemento, innovación e investimento no Noroeste de España e cita de referencia a nivel nacional. O programa de They Way contempla tres grandes escenarios ao redor da innovación, o emprendemento e o investimento, así como a organización de espazos de networking entre os asistentes, co obxectivo de que establezan contactos, intercambien coñecementos e propíciense sinerxias entre eles. The Way desenvolverase os días 9 e 10 de maio abordando temas como os retos de futuro das FinTech, da mobilidade, da alimentación, do retail, do turismo, do deporte ou do téxtil, entre outras áreas.

Notas

Desde maio de 2022, un equipo internacional liderado polo físico da UVigo Juan Antonio Añel desenvolve un proxecto financiado polo Instituto Internacional de Ciencias Espaciais sobre os impactos do cambio climático sobre a atmosfera alta do planeta, a orbitación de satélites e o lixo espacial. Esta semana, o equipo celebra na sede do ISSI, na cidade suíza de Berna, a súa segunda xuntanza, na que avalían os avances no seu traballo.
O grupo de investigación sobre Criminoloxía, Psicoloxía Xurídica e Xustiza Penal no século XXI da UDC organiza o seminario internacional 'Trafficking in Cultural Property: A Criminological Perspective', un encontro que terá lugar o próximo 30 de abril no salón de graos da Facultade de Dereito da Coruña. Trátase dunha actividade enmarcada dentro do proxecto 'Horizon Europe RITHMS' (Research, Intelligence and Technology for Heritage and Market Security).
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES