Noticias

A Fundación Vodafone e a Amtega continuarán en setembro o ciclo de actividades para iniciar aos maiores no uso dos dispositivos móbiles

A Fundación Vodafone e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) en colaboración coa a Rede CeMIT continúan traballando para impulsar o uso dos smartphones e as tabletas entre as persoas maiores. Os ciclos “Aprende a usar o teu smartphone” e “Aprende a usar a túa tablet”. retomaranse en setembro e prolongaranse ata novembro nas localidades de Brión, Oroso, Pontedeume, e Ribadeo. De cara a darlle continuidade a esta programación, a Fundación Vodafone renovou parte do material cedido para a realización destas actividades con 7 novas tabletas.

Pódense consultar as datas e formalizar a inscrición, de balde, na páxina web de CeMIT (https://cemit.xunta.gal/), e na aulas aulas CeMIT de xeito presencial ou contactar coa Oficina CeMIT enviado un correo a cemit@xunta.gal

Máis de 300 participantes

O primeiro semestre do ano pechouse chase cuns datos moi positivos coa realización de 35 actividades e a participación de 16 aulas da Rede CeMIT e máis de 300 asistentes.

Cada un dos centros CeMIT que participaron nesta iniciativa dispuxeron de diversos terminais telefónicos e de tabletas, cedidos pola Fundación Vodafone, para facilitar a aquelas persoas que non dispoñan deles o seu manexo. Ademais, como material de apoio, as aulas dispuxeron tamén dunha serie de guías en papel moi sinxelas e vídeos con pílulas formativas breves e moi prácticas, que serven de soporte audiovisual á hora de formar dunha maneira fácil e á medida da persoa interesada.

A Rede CeMIT

A Rede CeMIT é unha iniciativa posta en marcha pola Amtega e conta coa colaboración de 92 concellos e 53 comarcas e está integrada por 98 aulas, co obxectivo común de transformar á cidadanía galega nunha sociedade plenamente integrada na sociedade dixital. A rede é un dos instrumentos principais do Plan de Inclusión Dixital de Galicia para ofrecer a cidadanía recursos de capacitación dixital en función do seu nivel de coñecemento.

Ademais do Plan de Formación, a Rede CeMIT desenvolve campañas de sensibilización e divulgación da importancia e beneficios das TIC entre a cidadanía, empresas e outros colectivos coa organización de charlas e conferencias.

Paralelamente, os centros da Rede contan cun servizo de “aula aberta”, que posibilita o acceso libre e de balde dos usuarios e usuarias para a utilización do equipamento co apoio e asesoramento dun axente especializado.

A Fundación Vodafone

A Fundación Vodafone España é unha institución sen ánimo de lucro que contribúe ao impulso da innovación e a utilización das TIC para mellorar a calidade de vida das persoas e, especialmente dos colectivos vulnerables. Participa en proxectos de innovación tecnolóxica nacionais e europeos, dirixidos a investigar novas aplicacións das comunicacións móbiles que faciliten a vida ás persoas dependentes, maiores e enfermos crónicos.

Desde 2016, Fundación Vodafone é aliada dixital do Plan de Inclusión Dixital de Galicia 2020 e contribúe na alfabetización e capacitación dixital dos galegos e galegas a través do impulso do uso de dispositivos móbiles coas iniciativas “Aprende a usar o teu smartphone” e “Aprende a usar a túa tablet”.

R., 2018-08-17

Actualidad

Foto del resto de noticias (cdc-01.jpg) A Cidade da Cultura reunirá estes días as persoas representantes dunha vintena de linguas minoritarias de Europa. Será durante a asemblea xeral e a conferencia anual da Network to Promote Linguistic Diversity (NPLD), unha organización de ámbito europeo cuxa finalidade é promover a diversidade lingüística na UE. Entre os seus membros figura, desde a súa creación, a Xunta de Galicia, que, a través da Consellería de Cultura actúa como anfitrioa nos eventos de 2024. Na xornada trataranse os asuntos que atinxen á administración da organización e presentaranse varios informes.
Foto de la tercera plana (costa.jpg) A Xunta vai solicitar de xeito inmediato ao Goberno central o traspaso dos medios materiais e persoais para xestionar a súa costa trala sentenza do Tribunal Constitucional que avala a Lei de ordenación e xestión integrada do litoral de Galicia. A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, respondeu unha pregunta no pleno do Parlamento sobre esta materia na que salientou que o Alto Tribunal certifica que a norma galega é plenamente constitucional. Ademais, subliñou, confirma o que sempre defendeu a comunidade, que non é necesario reformar o Estatuto de Autonomía para que Galicia poida exercer plenamente as súas lexítimas competencias sobre o litoral.

Notas

Dos inicios do cinema galego á progresiva profesionalización do sector, pasando polo novos modelos de produción e pola situación das cineastas no momento actual. Trazar un percorrido histórico do panorama audiovisual galego ao longo das últimas tres décadas era o obxectivo central das xornadas que este xoves promoveu na Facultade de Comunicación a Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi), con motivo do seu 30 aniversario.
A 22ª edición do Encontro Universitario de Danza da USC chega a Lugo este xoves 25 e o venres 26 coa presentación de producións de danza das compañías das universidades de Vigo, A Coruña e máis a propia da USC. As funcións, de entrada libre e de balde, serán ambos os dous días ás 20.30 horas na Caixa Negra do Museo Interactivo de Historia (MIHL). A compañía de danza da UDC abrirá este encontro o xoves 25, ás 20.30 horas, coa posta en escena de ‘… E todo o demais non importa’, unha coreografía colectiva con dirección artística de Alba Fdez. Cotelo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES