Noticias

A banda artística de Merza réndelle tributo a Queen nos Atardeceres do Gaiás

A Banda Artística de Merza, considerada a máis antiga de Galicia, réndelle tributo a Queen no marco do programa Atardeceres no Gaiás e dos actos de celebración do 190º aniversario da súa fundación. A formación crucense estará acompañada polo coro vigués Gli Appassionati neste concerto de estrea do novo proxecto Queen Symphony, que se poderá seguir mañá ás 21:00 horas con entrada libre e de balde, na praza central da Cidade da Cultura de Galicia. Así o anunciaron hoxe en rolda de prensa o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García e o director da Agadic, Jacobo Sutil, acompañados polo alcalde de Vila de Cruces, Jesús Otero; e mais polo presidente e director da banda, Francisco Fernández e David Fiúza, respectivamente.

“O concerto Queen Symphony na Cidade da Cultura constitúe sen dúbida a gran cita deste verán no ámbito sinfónico e musical, un encontro no que a nosa cultura e lingua propias terán oportunidade de dialogar cun dos grandes grupos da historia da música universal”, destacou o secretario xeral de Política Lingüística.

Pola súa parte, o director da Agadic incidiu “no compromiso da Consellería de Cultura co apoio e a difusión da actividade bandística e na importancia do papel que exercen estas formacións musicais na creación e na consolidación de públicos consumidores e produtores de música no futuro”.

Queen Symphony constitúe a reinterpretación de carácter sinfónico dos éxitos da mítica banda inglesa, composta no ano 2002 por Tolga Kashif e estreado mundialmente no Royal Festival Hall coa Royal Philharmonic Orchestra, da man da Banda Artística de Merza con acompañamento do coro vigués Gli Appassionati, coa participación dun cento de instrumentistas e 70 voces que permitirán escoitar de xeito totalmente diferente e novidoso os temas da formación liderada por Freddie Mercury.


A estrea do novo proxecto despide o mes de xullo do programa Atardeceres no Gaiás, que ofrece 21 actuacións entre xullo e agosto nunha edición deseñada como unha aposta polas voces femininas. Toda a información e calendario de concertos no web http://www.cidadedacultura.gal/es/evento/atardecer-no-gaias-2018 e na Axenda de Cultura de Galicia.

R., 2018-07-26

Actualidad

Foto del resto de noticias (cdc-01.jpg) A Cidade da Cultura reunirá estes días as persoas representantes dunha vintena de linguas minoritarias de Europa. Será durante a asemblea xeral e a conferencia anual da Network to Promote Linguistic Diversity (NPLD), unha organización de ámbito europeo cuxa finalidade é promover a diversidade lingüística na UE. Entre os seus membros figura, desde a súa creación, a Xunta de Galicia, que, a través da Consellería de Cultura actúa como anfitrioa nos eventos de 2024. Na xornada trataranse os asuntos que atinxen á administración da organización e presentaranse varios informes.
Foto de la tercera plana (costa.jpg) A Xunta vai solicitar de xeito inmediato ao Goberno central o traspaso dos medios materiais e persoais para xestionar a súa costa trala sentenza do Tribunal Constitucional que avala a Lei de ordenación e xestión integrada do litoral de Galicia. A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, respondeu unha pregunta no pleno do Parlamento sobre esta materia na que salientou que o Alto Tribunal certifica que a norma galega é plenamente constitucional. Ademais, subliñou, confirma o que sempre defendeu a comunidade, que non é necesario reformar o Estatuto de Autonomía para que Galicia poida exercer plenamente as súas lexítimas competencias sobre o litoral.

Notas

Dos inicios do cinema galego á progresiva profesionalización do sector, pasando polo novos modelos de produción e pola situación das cineastas no momento actual. Trazar un percorrido histórico do panorama audiovisual galego ao longo das últimas tres décadas era o obxectivo central das xornadas que este xoves promoveu na Facultade de Comunicación a Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi), con motivo do seu 30 aniversario.
A 22ª edición do Encontro Universitario de Danza da USC chega a Lugo este xoves 25 e o venres 26 coa presentación de producións de danza das compañías das universidades de Vigo, A Coruña e máis a propia da USC. As funcións, de entrada libre e de balde, serán ambos os dous días ás 20.30 horas na Caixa Negra do Museo Interactivo de Historia (MIHL). A compañía de danza da UDC abrirá este encontro o xoves 25, ás 20.30 horas, coa posta en escena de ‘… E todo o demais non importa’, unha coreografía colectiva con dirección artística de Alba Fdez. Cotelo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES