Noticias

Galicia defende en Europa a obriga da simplificación real da PAC para gañar en eficiencia e beneficiar a agricultores e gandeiros

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, asistiu hoxe por primeira vez ao Consello de ministros da Unión Europea, acompañando ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, e en representación do resto de comunidades autónomas, co encargo claro de defender a PAC e os intereses dos gandeiros e agricultores españois. Un dos obxectivos fundamentais do Goberno de España e co que Galicia está de acordo é o de simplificar a PAC en todos os aspectos para gañar en eficiencia que repercutiría directamente en beneficio dos solicitantes. “Non podemos perder tanto tempo e diñeiro nunha finalidade unicamente burocrática”, sinalou Ángeles Vázquez ante os medios.

A conselleira engadiu que nun contexto marcado polo axuste do orzamento é imprescindible aforrar en papelame e tramitación e non nas axudas que chegan aos beneficiarios. Neste sentido, sinalou que loitará por manter a financiación actual da PAC, xa que é vital para o noso rural.

O encontro de hoxe, precisamente, foi na liña de concretar a fórmula para axilizar e simplificar o proceso, algo que beneficiaría a Galicia, onde existen 15 millóns de parcelas en só 500.000 hectáreas. Estes predios correspóndense con 33.000 beneficiarios da PAC, o que supón un inxente traballo de xestión e control para a administración e representa unha considerable carga burocrática, ademais de dificultar a correcta atención ao propio administrado. Neste sentido, avógase pola dixitalización e as novas tecnoloxías para desenvolver os controis sobre o terreo.

Características específicas

Outra ferramenta para simplificar a nova PAC poden ser os plans estratéxicos que rexerá a política en cada estado membro. Así, cada país poderá tomar as súas decisións en base aos seus intereses acordados. No caso concreto de España, Ángeles Vázquez, sinalou que haberá que ter en conta as “características específicas de cada autonomía”.

Será nestes encontros en Bruxelas onde se teñan que concretar e clarificar as normas que despois se levarán a cabo. Por iso, a Xunta entende este como un período crucial no que Galicia loitará por garantir o mantemento do orzamento e que a política agraria responda aos intereses dos gandeiros e agricultores galegos e do conxunto de España despois de 2020. Neste sentido, a conselleira apelou unha vez máis á lealdade “total e absoluta” ao ministerio neste proceso que hoxe se abre.

R., 2018-07-17

Actualidad

Foto del resto de noticias (cdc-01.jpg) A Cidade da Cultura reunirá estes días as persoas representantes dunha vintena de linguas minoritarias de Europa. Será durante a asemblea xeral e a conferencia anual da Network to Promote Linguistic Diversity (NPLD), unha organización de ámbito europeo cuxa finalidade é promover a diversidade lingüística na UE. Entre os seus membros figura, desde a súa creación, a Xunta de Galicia, que, a través da Consellería de Cultura actúa como anfitrioa nos eventos de 2024. Na xornada trataranse os asuntos que atinxen á administración da organización e presentaranse varios informes.
Foto de la tercera plana (costa.jpg) A Xunta vai solicitar de xeito inmediato ao Goberno central o traspaso dos medios materiais e persoais para xestionar a súa costa trala sentenza do Tribunal Constitucional que avala a Lei de ordenación e xestión integrada do litoral de Galicia. A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, respondeu unha pregunta no pleno do Parlamento sobre esta materia na que salientou que o Alto Tribunal certifica que a norma galega é plenamente constitucional. Ademais, subliñou, confirma o que sempre defendeu a comunidade, que non é necesario reformar o Estatuto de Autonomía para que Galicia poida exercer plenamente as súas lexítimas competencias sobre o litoral.

Notas

Dos inicios do cinema galego á progresiva profesionalización do sector, pasando polo novos modelos de produción e pola situación das cineastas no momento actual. Trazar un percorrido histórico do panorama audiovisual galego ao longo das últimas tres décadas era o obxectivo central das xornadas que este xoves promoveu na Facultade de Comunicación a Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi), con motivo do seu 30 aniversario.
A 22ª edición do Encontro Universitario de Danza da USC chega a Lugo este xoves 25 e o venres 26 coa presentación de producións de danza das compañías das universidades de Vigo, A Coruña e máis a propia da USC. As funcións, de entrada libre e de balde, serán ambos os dous días ás 20.30 horas na Caixa Negra do Museo Interactivo de Historia (MIHL). A compañía de danza da UDC abrirá este encontro o xoves 25, ás 20.30 horas, coa posta en escena de ‘… E todo o demais non importa’, unha coreografía colectiva con dirección artística de Alba Fdez. Cotelo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES