Noticias

Aberto o prazo de solicitude das axudas específicas para a contratación indefinida de mulleres desempregadas

O Diario Oficial de Galicia (DOG) vén de publicar o programa de axudas específico para a contratación indefinida de mulleres desempregadas ao que a Consellería de Economía, Emprego e Industria destina máis de 1,5 millóns de euros para que preto de 200 mulleres poidan atopar un traballo de calidade. Con esta actuación estímase apoiar a súa inserción laboral a través de 150 empresas. O prazo xeral para a presentación das solicitudes rematará o 30 de setembro de 2018.

As solicitudes polas contratacións subvencionables realizadas entre 1 de xaneiro 2018 e a data da publicación desta orde (o 27 de xuño) deberán presentarse no prazo de dous meses, é dicir, ata o 27 de agosto.

Inclúense dous tipos de axuda compatibles: un bono de contratación, por medio do cal se proporcionará unha axuda para os contratos indefinidos iniciais realizados con mulleres desempregadas; e un bono de formación (opcional) dirixido ás mulleres contratadas por medio desta orde para levar a cabo accións formativas que melloren os seus coñecementos e habilidades relacionados co posto de traballo.

Os dous tipos de axudas suman 8000 euros: o bono de contratación será de 7000 euros e o de formación de 1000 euros.

No caso dos apoios á contratación, o bono de 7000 euros incrementarase nun 25% para as mulleres maiores de 45 anos, emigrantes retornadas ou no caso de que o centro de traballo estea emprazado no rural. Son supostos acumulables entre si, polo que a axuda máxima deste programa, tendo tamén en conta o bono formativo, pode chegar a 13.250 euros por muller contratada.

A acción formativa, pola súa banda, deberá ter lugar dentro dos tres primeiros meses desde o inicio do contrato e dentro da xornada laboral establecida no dito contrato.

O obxectivo desta nova iniciativa é dar resposta ás dificultades que atopa o colectivo feminino na súa inserción e permanencia no mercado de traballo. Ademais, para loitar contra a desigualdade laboral, as mulleres contan con preferencia nos diferentes plans de formación e mellora da empregabilidade da Xunta, dispoñendo dun 25% máis de axuda nos incentivos á contratación.

Así mesmo, a Administración autonómica está a desenvolver o plan Emprega en feminino, no que se enmarca este programa, e que constitúe a planificación do Goberno galego para impulsar o papel da muller no mercado de traballo.

R., 2018-07-02

Actualidad

Foto del resto de noticias (cdc-01.jpg) A Cidade da Cultura reunirá estes días as persoas representantes dunha vintena de linguas minoritarias de Europa. Será durante a asemblea xeral e a conferencia anual da Network to Promote Linguistic Diversity (NPLD), unha organización de ámbito europeo cuxa finalidade é promover a diversidade lingüística na UE. Entre os seus membros figura, desde a súa creación, a Xunta de Galicia, que, a través da Consellería de Cultura actúa como anfitrioa nos eventos de 2024. Na xornada trataranse os asuntos que atinxen á administración da organización e presentaranse varios informes.
Foto de la tercera plana (costa.jpg) A Xunta vai solicitar de xeito inmediato ao Goberno central o traspaso dos medios materiais e persoais para xestionar a súa costa trala sentenza do Tribunal Constitucional que avala a Lei de ordenación e xestión integrada do litoral de Galicia. A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, respondeu unha pregunta no pleno do Parlamento sobre esta materia na que salientou que o Alto Tribunal certifica que a norma galega é plenamente constitucional. Ademais, subliñou, confirma o que sempre defendeu a comunidade, que non é necesario reformar o Estatuto de Autonomía para que Galicia poida exercer plenamente as súas lexítimas competencias sobre o litoral.

Notas

Dos inicios do cinema galego á progresiva profesionalización do sector, pasando polo novos modelos de produción e pola situación das cineastas no momento actual. Trazar un percorrido histórico do panorama audiovisual galego ao longo das últimas tres décadas era o obxectivo central das xornadas que este xoves promoveu na Facultade de Comunicación a Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi), con motivo do seu 30 aniversario.
A 22ª edición do Encontro Universitario de Danza da USC chega a Lugo este xoves 25 e o venres 26 coa presentación de producións de danza das compañías das universidades de Vigo, A Coruña e máis a propia da USC. As funcións, de entrada libre e de balde, serán ambos os dous días ás 20.30 horas na Caixa Negra do Museo Interactivo de Historia (MIHL). A compañía de danza da UDC abrirá este encontro o xoves 25, ás 20.30 horas, coa posta en escena de ‘… E todo o demais non importa’, unha coreografía colectiva con dirección artística de Alba Fdez. Cotelo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES