Noticias

Galicia posúe unha rede de case 4.500 quilómetros de itinerarios de interese paisaxístico nos que destacan a Senda dos Faros e os “Escenarios ao volante”.

O proxecto está elaborado polo Instituto de Estudos do Patrimonio, e inclúe 56 etapas da Senda dos Faros, 109 itinerarios con valores naturais, 76 camiños con valores patrimoniais e 25 rutas con valor panorámico

Esta información está accesible -para consulta e descarga- no visor xeográfico a través do portal de información xeográfica da Xunta de Galicia, e tamén se inclúe unha ficha detallada para cada itinerario, con datos sobre o lugar de inicio e chegada da ruta, a lonxitude do trazado, a pendente media e os elementos de interese que se atopan no seu percorrido, así como un mapa, un perfil topográfico e unha descrición dos valores naturais, culturais e estéticos do itinerario.

A conselleira Beatriz Mato, na presentación do proxecto, destacou que coa posta en marcha desta iniciativa dáse resposta aos compromisos establecidos nas Directrices de Ordenación do Territorio e por outra á Estratexia da Paisaxe Galega, dentro da súa planificación 2017-2020. Así, manifestou que é unha responsabilidade do Goberno preservar, xestionar, protexer e poñer en valor a paisaxe, polo que se pensou no deseño dunha rede baixo criterios técnicos para aproveitar a densa rede viaria e de sendeiros xa existente.

Nese sentido, a Rede de Itinerarios de Interese Paisaxístico presentada hoxe recolle catro tipos de itinerarios, ente os que destaca a Senda dos Faros. Segundo explicou a conselleira, trátase dunha estratexia deseñada dentro do Plan de Ordenación do Litoral de Galicia, que agora se concretar no trazado específico dun percorrido.

Para o deseño desta senda litoral tivéronse en conta os elementos necesarios para a navegación mariña, polo que no só se identificaron os faros, senón tamén torres, balizas, elementos xeográficos e outras construcións. Trátase dun percorrido orixinal de 1.315 km que se divide en 56 etapas, das cales tres son insulares.

Itinerarios con valores naturais, patrimoniais e panorámicos
Nesta rede aglutínanse os tres tipos de itinerarios que reflicten os valores paisaxísticos que recolle o Catálogo das Paisaxes de Galicia: naturais ou ecolóxicos, culturais ou patrimoniais e estéticos e panorámicos.

Así, entre os primeiros, destacan máis de 130 itinerarios que suman 1.400 km -sen contar os que coinciden dentro do grupo da Senda dos Faros- e para a súa identificación tívose en conta a existencia de Áreas de Especial Interese Paisaxístico, zonas de especial protección dos valores naturais, árbores e formacións senlleiras, áreas recreativas, lugares de interese xeolóxico e miradoiros. Os segundos son os itinerarios asociados aos valores culturais ou patrimoniais, que constitúen un total de 76 itinerarios ao longo de 707 km, dos cales 292 km (38 itinerarios) están vinculados a elementos declarados Ben de Interese Cultural, e outros 415 km (38 itinerarios) a unha elevada densidade de bens do patrimonio cultural.

Por último, tamén se definen máis de 1.000 km das rutas identificadas por Turismo de Galicia na publicación Escenarios ao volante. 25 rutas insólitas polas mellores paisaxes, que están directamente relacionadas cos valores estéticos e panorámicos definidos no Catálogo das paisaxes. A diferenza dos dous tipos de itinerarios anteriores, estas rutas discorren polas estradas e poden ser percorridas en automóbil.

No seguinte enlace http://descargas-xuntarquivos.xunta.es/f309622a-4afc-44f2-b45c-d1e01ff6a8cf1529914055024 pódese descargar un vídeo resumo.

R., 2018-06-27

Actualidad

Foto del resto de noticias (fp-ordenador.jpg) A Formación Profesional galega contará a partir do vindeiro curso co dobre de inglés do marcado como mínimo na normativa básica estatal e permitirá ao alumnado realizar ata 700 horas de formación práctica, ata un 82% máis que ata o momento. Todo isto mantendo o peso da formación no centro educativo, cuxo profesorado é o piar fundamental do éxito acadado polo sistema galego de FP nos últimos anos. O modelo de FP de éxito tense adiantado e implementado moitos dos cambios que agora o Ministerio toma como sistema a imitar en toda España. Polo tanto a aplicación da nova lei vai ser flexible, de tal forma que en Galicia se manteña a excelencia e se incorporen as novidades.
Foto de la tercera plana (tecnologia.jpg) Foi presentado o evento The Way Startup Summit 2024, que un ano máis convertirá a Vigo no maior foro de emprendemento, innovación e investimento no Noroeste de España e cita de referencia a nivel nacional. O programa de They Way contempla tres grandes escenarios ao redor da innovación, o emprendemento e o investimento, así como a organización de espazos de networking entre os asistentes, co obxectivo de que establezan contactos, intercambien coñecementos e propíciense sinerxias entre eles. The Way desenvolverase os días 9 e 10 de maio abordando temas como os retos de futuro das FinTech, da mobilidade, da alimentación, do retail, do turismo, do deporte ou do téxtil, entre outras áreas.

Notas

Desde maio de 2022, un equipo internacional liderado polo físico da UVigo Juan Antonio Añel desenvolve un proxecto financiado polo Instituto Internacional de Ciencias Espaciais sobre os impactos do cambio climático sobre a atmosfera alta do planeta, a orbitación de satélites e o lixo espacial. Esta semana, o equipo celebra na sede do ISSI, na cidade suíza de Berna, a súa segunda xuntanza, na que avalían os avances no seu traballo.
O grupo de investigación sobre Criminoloxía, Psicoloxía Xurídica e Xustiza Penal no século XXI da UDC organiza o seminario internacional 'Trafficking in Cultural Property: A Criminological Perspective', un encontro que terá lugar o próximo 30 de abril no salón de graos da Facultade de Dereito da Coruña. Trátase dunha actividade enmarcada dentro do proxecto 'Horizon Europe RITHMS' (Research, Intelligence and Technology for Heritage and Market Security).
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES