Noticias

De Galicia a Macedonia: A mobilidade das terras, poñendo como exemplo a Concentracíón Parcelaria e o aproveitamento dos recursos territorial

Invitada pola FAO, Galicia ven de participar no X ENCONTRO INTERNACIONAL DA REDE DA TERRA, celebrada na cidade de Skopje, para compartir coñecementos e presentar os proxectos de mobilidade de terras que se están levando a cabo na nosa comunidade. O director xeral de Desenvolvemento Rural, Miguel Pérez Dubois, participou esta semana en Macedonia neste encontro organizado pola FAO (Food and Agriculture Organization of the United Nations) e a UNECE (United Nations Economic Commission for Europe).

O obxectivo era presentar neste congreso o marco legal sobre a concentración parcelaria e os coñecementos en materia de reorganización do territorio e aproveitamentos dos recursos territoriais. Así, Galicia foi unha das rexións invitadas, xunto cos países de Alemaña, Holanda, Dinamarca, Finlandia, Turquía e Lituania.

O director xeral de Desenvolvemento Rural participou activamente na presentación da Lei de Mellora da Estrutura Territorial Agraria de Galicia (Metaga) e aproveitou para dar a coñecer a situación galega en materia de reestruturación do territorio; así como as iniciativas que se están desenvolvendo de mobilización de zonas agrarias a través do Banco de Terras de Galicia.

Precisamente a Consellería do Medio Rural está traballando nunha serie de proxectos que pretenden mobilizar un total de 1.543 hectáreas e que afectarían a uns 1.080 propietarios. Entre eles, cabe destacar a recuperación de soutos tradicionais de castaña no concello de Folgoso do Courel, de praderías en terras de pasteiros abandonadas na comarca dos Ancares ou para a produción de pasto no concello de Sober e pementos en Arnoia.

Tal e como destacou alí en Macedonia o director xeral, estas iniciativas permiten impulsar a economía nas zonas rurais e loitar contra o abandono de predios, polo que o departamento que dirixe Ángeles Vázquez está priorizando este tipo de actuacións no territorio.

Ademais, tamén se analizou a situación actual en Galicia en canto a procesos de reorganización parcelaria, onde Pérez Dubois puxo en valor os 92 millóns de euros destinados no período 2009-2017 ás obras e servizos técnicos das parcelarias en toda Galicia. Con este investimento, explicou, avanzouse na ordenación do territorio ata quedar en 128 as zonas activas arestora, cun territorio de 112.059 hectáreas. O obxectivo do Goberno galego é pechar administrativamente estes procesos no 2020, isto é, que cheguen á firmeza do Acordo.

Estas achegas foron moi ben recibidas neste congreso e poden servir de exemplo para os plans que, sobre a concentración parcelaria, se queren poñer en marcha en moitos países do Este de Europa e Asia.

R., 2018-06-26

Actualidad

Foto del resto de noticias (libros.jpg) Máis de 3.000 alumnos e alumnas, tras ler as obras finalistas, emitiron as súas valoracións para escoller as obras gañadoras das sete categorías. Os títulos seleccionados na categoría Infantil foron Caderno de cores e cancións, de Magín Blanco e Sonia García, como ilustradora, e está editado por Galaxia. Na de primeiro e segundo curso de Educación primaria foi distinguido Violeta parapluie e outras historias de xente pouco corrente de Ramón D. Veiga, publicada por Edicións Embora. Na segunda categoría distinguiuse A pulga espacial de Xabier Domínguez e Alba de Evan.
Foto de la tercera plana (comunicacion.jpg) A Xunta publica a consulta previa para unha nova Lei de servizos dos medios públicos de comunicación audiovisual de Galicia para a sociedade dixital, que se adecúe á normativa europea e á realidade que trouxeron consigo os cambios tecnolóxicos dos últimos anos. As modificacións introducidas pola Directiva comunitaria 2018/1808, polo Regulamento comunitario 2024/1083 e pola recente Lei 13/2022 xeral de comunicación audiovisual, xunto cos avances tecnolóxicos, obrigan a reconsiderar o vixente texto legal.

Notas

O próximo día 8 de maio terá lugar no Xardín das Pedras que falan (xardín traseiro do Colexio de Fonseca), ás 20.00 horas e con entrada libre, a segunda edición do MilongUSC. Nesta ocasión, contará coa participación dos alumnos do curso de Danza-tango 23/24 da USC que, baixo as ensinanzas dos profesores Chusa Pérez de Vallejo e Ezequiel Merlo, amosarán o aprendido neste curso.
A Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense acolleu a xornada 'Inclusión e deporte. O deporte como clave para intervir socialmente'. Nela reivindicouse o papel da educación social no deporte, convidando a egresadas deste centro, educadoras sociais, a expor boas prácticas desenvolvidas neste eido en diferentes entidades da cidade.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES