Noticias

CC.OO. denuncia que Galicia es la cuarta comunidad española con mayor siniestralidad tras los 40 fallecidos en accidente laboral en 2017

Galicia es la cuarta comunidad con mayor siniestralidad, con 40 muertos en jornada laboral en 2017, según los datos presentados por el sindicato CC.OO. que asegura que la situación es "grave" y atribuye la "evolución negativa" a la "mala gestión de la prevención", a la "precariedad" en el empleo y al "empeoramiento de las condiciones de trabajo".

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de CC.OO.-Galicia:

O Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia (CCOO) presentou un estudo sobre a sinistralidade laboral no 2017. Roi Fernández, secretario de Saúde Laboral de CCOO de Galicia, e Silvia Parga, economista do sindicato, debullaron os principais datos deste traballo, entre os que destaca o aumento dos accidentes laborais no último ano. Entre as conclusións máis salientables, a relación entre estes sinistros e as precarias condicións de traballo que fomentaron as últimas reformas laborais.

O estudo de CCOO conclúe que os traballadores e traballadoras con menos antigüidade no posto traballo teñen máis probabilidades de sufriren un accidente de traballo: o 21 % dos accidentes con baixa en xornada laboral rexistrados no 2017 sufríronos persoas que levaban menos de tres meses no seu posto de traballo.

As persoas con contrato temporal tamén corren máis riscos de sufrir un accidente ca as que teñen unha relación estable: o 40 % dos accidentes con baixa en xornada laboral rexistrados no 2017 ocorréronlles a persoas cun contrato temporal. Esa porcentaxe queda moi por riba da representación que ten a poboación asalariada temporal no emprego por conta allea. En comparación co ano 2016, os accidentes de traballo en xornada laboral aumentaron máis nas persoas cun contrato temporal (+6,92 %) ca entre as que tiñan un contrato indefinido (+1,00 %).

Silvia Parga detallou que en 2017 houbo 27.286 accidentes laborais con baixa médica, un incremento de algo máis do 9 % respecto do 2016. A construción e a industria son os sectores en que máis aumentou a sinistralidade, con incrementos do 14,17 e do 12,89 %, respectivamente.

Por sexos, producíronse máis accidentes tanto na poboación masculina como na feminina, pero especialmente no primeiro caso, cun aumento do 10,64 %. Así mesmo, os homes protagonizan a maioría dos accidentes (71 %), cunha prevalencia maior no caso dos graves ou dos mortais, mentres que as mulleres son maioría no de carácter leve.

Malia que algunhas voces vinculan o aumento da sinistralidade con que «hai máis persoas traballando», o secretario de Saúde Laboral de CCOO negou este punto. Segundo Roi Fernández, os accidentes de traballo aumentaron por riba da creación de emprego, como proba o índice de incidencia, que é o cociente entre os accidentes con baixa en xornada laboral e a media anual de persoas traballando. Pois ben, este índice incrementouse un 6,42 % en relación co ano 2016.

O índice de incidencia tamén sitúa a galega como unha das comunidades autónomas con maior sinistralidade, xa que este indicador é case o dobre ca na media estatal: un 3,2 no Estado e un 5,48 en Galicia.

Por provincias, os accidentes de traballo con baixa en xornada laboral aumentaron nas catro provincias galegas. En proporción, a maior suba deuse na de Pontevedra (18,83 % máis), seguida da de Ouresne (9,08 % máis). Canto aos accidentes mortais, no 2017 faleceron 43 persoas —40 homes e tres mulleres—. Por sectores, os peores datos proceden da construción —trece, case o dobre ca o ano anterior—. En cifras absolutas, a galega é a cuarta comunidade autónoma con máis accidentes mortais.

A presentación deste traballo forma parte dos actos organizados polo sindicato co gallo do Día Internacional da Seguridade e a Saúde no Traballo, que se celebra o sábado 28. Así mesmo, estas reivindicacións estarán presentes nas concentracións que durante esta semana organizará o sindicato en varias localidades galegas.

Entre as múltiplas reivindicacións para esta data, Roi Fernández puxo énfase na infradeclaración de enfermidades profesionais. O sindicalista alertou de que un gran número de traballadores e traballadoras padecen actualmente doenzas de orixe profesional que se rexistran e tratan como patoloxías comúns.

Segundo o secretario de Saúde Laboral de CCOO, esta situación causa un dobre prexuízo. En primeiro lugar, ao traballador ou traballadora afectada, xa que se ven lesionados os seus dereitos, comezando polos salariais. En segundo lugar, ás contas públicas, pois a Seguridade Social está a afrontar un custo que deberían asumir as mutuas de traballo.

Sindicalmente tamén é un problema, xa que «o que non se rexistra non se prevén», e esta ocultación dificulta a prevención de riscos nas empresas. Fernández tamén apuntou que algunhas patoloxías, como a síndrome do túnel carpiano, os nódulos nas cordas vocais ou as producidas por axentes biolóxicos, «teñen rostro de muller, malia que no real decreto de enfermidades profesionais faltan actividades laborais altamente feminizadas».

R., 2018-04-24

Actualidad

Foto del resto de noticias (cdc-01.jpg) A Cidade da Cultura reunirá estes días as persoas representantes dunha vintena de linguas minoritarias de Europa. Será durante a asemblea xeral e a conferencia anual da Network to Promote Linguistic Diversity (NPLD), unha organización de ámbito europeo cuxa finalidade é promover a diversidade lingüística na UE. Entre os seus membros figura, desde a súa creación, a Xunta de Galicia, que, a través da Consellería de Cultura actúa como anfitrioa nos eventos de 2024. Na xornada trataranse os asuntos que atinxen á administración da organización e presentaranse varios informes.
Foto de la tercera plana (costa.jpg) A Xunta vai solicitar de xeito inmediato ao Goberno central o traspaso dos medios materiais e persoais para xestionar a súa costa trala sentenza do Tribunal Constitucional que avala a Lei de ordenación e xestión integrada do litoral de Galicia. A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, respondeu unha pregunta no pleno do Parlamento sobre esta materia na que salientou que o Alto Tribunal certifica que a norma galega é plenamente constitucional. Ademais, subliñou, confirma o que sempre defendeu a comunidade, que non é necesario reformar o Estatuto de Autonomía para que Galicia poida exercer plenamente as súas lexítimas competencias sobre o litoral.

Notas

Dos inicios do cinema galego á progresiva profesionalización do sector, pasando polo novos modelos de produción e pola situación das cineastas no momento actual. Trazar un percorrido histórico do panorama audiovisual galego ao longo das últimas tres décadas era o obxectivo central das xornadas que este xoves promoveu na Facultade de Comunicación a Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi), con motivo do seu 30 aniversario.
A 22ª edición do Encontro Universitario de Danza da USC chega a Lugo este xoves 25 e o venres 26 coa presentación de producións de danza das compañías das universidades de Vigo, A Coruña e máis a propia da USC. As funcións, de entrada libre e de balde, serán ambos os dous días ás 20.30 horas na Caixa Negra do Museo Interactivo de Historia (MIHL). A compañía de danza da UDC abrirá este encontro o xoves 25, ás 20.30 horas, coa posta en escena de ‘… E todo o demais non importa’, unha coreografía colectiva con dirección artística de Alba Fdez. Cotelo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES