Noticias

El Proyecto Youtubeir@s entrega sus premios en una segunda edición marcada por la alta participación de los vídeos participantes

Youtubeir@s es una iniciativa organizada por los servicios de normalización lingüística de los ayuntamientos de la Baña, Ames, Carballo, Ourense, Pontevedra, Ribadeo, Santiago, Teo y O Grove, las universidades de A Coruña, Santiago y Vigo y la Diputación de A Coruña. El Teatro Colón da Coruña acogió la gala de entrega de los Premios Youtubeir@s conducida por la compañía teatral A Panadaría.

Nota de prensa de Alberto Ramos (Yotubeir@s):

Durante a mesma, déronse a coñecer os/as gañadores/as nas diferentes categorías tras a decisión do xurado constituído por Laura Cruxeiras, Iván Capón, Estela Romasanta, Adrián Dios e Anxos Sobriño. Na categoría de vídeo-facermos, o gañador foi o vídeo Como escaquearse dunha comida familiar, de As cousas do Choio. No apartado de vídeo-opinarmos, o premiado resultou o vídeo A expedición Balmís e a vitoria da vacinación, de Xacobe de Toro Cacharrón. E o premio á mellor canle acadouno Nubes Baixo ti. As tres categorías contan cun premio de 1000 euros.

Por outra banda, o apartado de creatividade gañouno Os cazapantasmas vídeo-facermos, de Moustache Media Producciones, mentres que eficiencia comunicativa foi para O galego Fermoso (e o que non o é tanto) de Aquel-e, a categoría da calidade técnica conquistouna Viaxar, de Aarón Vilariño Figueiras, e a categoría de calidade lingüística foi para Reivindicación oceánica, de Xosé Iglesias. Finalmente, o premio a proposta Youtubeira, entregado pola vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, recoñeceu o vídeo Como dar cartos ás agachadas, de As Cousas do Choio. Estes catro galardóns conta cunha dotación económica de 500 euros.
O acto contou coa asistencia e participación de representantes da practica totalidade das institucións organizadoras. Deste xeito, os alcaldes da Baña, José Andrés García Cardeso; de Carballo, Evencio Ferreiro; de Santiago de Compostela, Martiño Noriega, e do Grove, José Antonio Cacabelos Rico, convertéronse en entregadores/as, ao igual que a concelleira de Cultura de Ourense, Belén Iglesias; a concelleira de Ames, Isabel Vaquero, e o concelleiro de Normalización Lingüística de Pontevedra, Alberto Oubiña Piai. Os representantes das universidades Carlos Aymerich (Universidade da Coruña), Manuel Núñez Singala (Universidade de Santiago) e Paulo Cabral Pedreira e Cristina Rodríguez Ricard (Universidade de Vigo) completaron o cadro de entregadores/as.

NoticiaA Panadaría, compañía formada polas actrices Ailén Kendelman, Areta Bolado e Noelia Castro, ofreceron unha gala que xirou ao redor da xeración millenial, os contidos audiovisuais que se elaboran na rede na actualidade e sobre a figura dos youtubeir@s, mesturando o humor, a música e o protagonista dos/as 25 finalistas que aspiraban os premios. Pola súa banda, Mónica Fernández, coordinadora do Proxecto Youtubeir@s, destacou na súa intervención en nome da organización “a alta participación” e a “gran calidade” dos vídeos participantes nesta segunda edición. Fernández, ademais, definiu Youtubeir@s como “un proxecto colaborativo, rico en todos os aspectos, nas ideas” que permite que “as administracións, grandes e pequenas, da costa e do interior, de todas as provincias poidan xuntarse e sumar esforzos”. “Para a posta en valor e fomento do galego, coordinármonos, facermos cousas en conxunto é fundamental; así o entendemos desde os servizos de normalización lingüística que impulsamos Youtubeir@s, porque sumar é multiplicar”.

Nesta segunda edición, rexistráronse un total de 230 inscricións entre vídeos e canles participantes nas categorías de vídeo-facermos, vídeo-opinarmos ou canle. Nesta edición, a categoría que maior interese concentrou entre os concorrentes foi a de vídeo-facermos, na que competiro un total de 116 propostas, o cal representa o 50% dos vídeos a concurso. Mentres, a categoría de vídeo-opinarmos aglutinou o 38%, ao constar con 88 participantes. Dende o punto de vista temático, os datos amosan que nesta edición ten unha gran relevancia a igualdade de xénero, asunto social que centra unha parte considerable dos vídeos achegados. Tamén destacan as propostas de carácter didáctico. Consolidouse así unha vía que entende o YouTube en galego coma unha ferramenta educativa completamente válida. Cómpre tamén sinalar a participación de distintos centros de ensino do país.

GAÑADORES POR CATEGORÍAS

Categoría de vídeo-facermos:
• "Como escaquearse dunha comida familiar" de As Cousas do Choio

Categoría de vídeo-opinarmos:
• "A expedición Balmis e a vitoria da vacinación" de Xacobo de Toro Cacharrón

Categoría de canle:
• Nubes Baixo Ti

Categoría de creatividade:
• "Os cazapantasmas video-facermos" de Moustache Media Producciones

Categoría de eficiencia comunicativa:

• "O GALEGO FERMOSO (e o que non o é tanto)" de Aquel-e

Categoría de calidade técnica:

• "VIAXAR" de Aarón Vilariño Figueiras
Categoría de calidade lingüística:

• "Reivindicación oceánica¡¡¡" de Xosé Iglesias
Categoría de proposta youtubeira:
• "Como dar cartos ás agachadas" de As Cousas do Choio

R., 2018-04-20

Actualidad

Foto del resto de noticias (fp-ordenador.jpg) A Formación Profesional galega contará a partir do vindeiro curso co dobre de inglés do marcado como mínimo na normativa básica estatal e permitirá ao alumnado realizar ata 700 horas de formación práctica, ata un 82% máis que ata o momento. Todo isto mantendo o peso da formación no centro educativo, cuxo profesorado é o piar fundamental do éxito acadado polo sistema galego de FP nos últimos anos. O modelo de FP de éxito tense adiantado e implementado moitos dos cambios que agora o Ministerio toma como sistema a imitar en toda España. Polo tanto a aplicación da nova lei vai ser flexible, de tal forma que en Galicia se manteña a excelencia e se incorporen as novidades.
Foto de la tercera plana (tecnologia.jpg) Foi presentado o evento The Way Startup Summit 2024, que un ano máis convertirá a Vigo no maior foro de emprendemento, innovación e investimento no Noroeste de España e cita de referencia a nivel nacional. O programa de They Way contempla tres grandes escenarios ao redor da innovación, o emprendemento e o investimento, así como a organización de espazos de networking entre os asistentes, co obxectivo de que establezan contactos, intercambien coñecementos e propíciense sinerxias entre eles. The Way desenvolverase os días 9 e 10 de maio abordando temas como os retos de futuro das FinTech, da mobilidade, da alimentación, do retail, do turismo, do deporte ou do téxtil, entre outras áreas.

Notas

Desde maio de 2022, un equipo internacional liderado polo físico da UVigo Juan Antonio Añel desenvolve un proxecto financiado polo Instituto Internacional de Ciencias Espaciais sobre os impactos do cambio climático sobre a atmosfera alta do planeta, a orbitación de satélites e o lixo espacial. Esta semana, o equipo celebra na sede do ISSI, na cidade suíza de Berna, a súa segunda xuntanza, na que avalían os avances no seu traballo.
O grupo de investigación sobre Criminoloxía, Psicoloxía Xurídica e Xustiza Penal no século XXI da UDC organiza o seminario internacional 'Trafficking in Cultural Property: A Criminological Perspective', un encontro que terá lugar o próximo 30 de abril no salón de graos da Facultade de Dereito da Coruña. Trátase dunha actividade enmarcada dentro do proxecto 'Horizon Europe RITHMS' (Research, Intelligence and Technology for Heritage and Market Security).
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES