Noticias

La oposición denuncia los recortes en atención primaria y el PPdeG dice que la reducción del gasto se debe al ahorro

El conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, ha subrayado que Galicia lleva realizando conciertos sanitarios "desde hace décadas", ante las acusaciones de "privatización" de la oposición durante el debate en el pleno del Parlamento gallego. Las fuerzas de oposición denuncian los recortes en atención primaria y el PPdeG dice que la reducción del gasto obedece al ahorro en recetas y la eliminación del fondo de contingencia.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PPdeG:

O portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Aurelio Núñez Centeno, explicou no Pleno que “a diminución do gasto da Xunta no programa de atención primaria entre os anos 2009 e 2018 débese fundamentalmente á redución do gasto en receitas e á eliminación do fondo de continxencia”. Así mesmo, considerou que “subir os impostos da clase media para mellorar a sanidade non é a solución”.

Aurelio Núñez concretou que a diferenza do gasto en atención primaria entre os anos 2009 e 2018 é de 223 millóns de euros, dos que 155 millóns corresponden ao descenso no gasto en receitas pola utilización de xenéricos e as diferentes medidas de racionalización da prestación farmacéutica adoptadas nos últimos anos, e outros 54 millóns á non consignación do fondo de continxencia.

Na actualidade, Galicia conta para a atención primaria con 469 centros de saúde e 91 puntos de atención continuada, ademais da Fundación Pública Urxencias Sanitarias 061. “Arredor de 38.000 profesionais traballan en todos os centros sanitarios do SERGAS, o que representa un incremento de 1.544 traballadores respecto a 2008”, dixo Aurelio Núñez.

Ademais, puntualizou que “neste incremento inclúense un 7 por cento máis de médicos de familia e un 6 por cento máis de persoal de enfermería”. “Entre 2009 e 2017 téñense convocado 6.133 prazas nas distintas ofertas de emprego, e para este ano tense publicado unha nova oferta de emprego público correspondente a diversas categorías de persoal estatutario do SERGAS para un total de 1.616 prazas”, engadiu.

O portavoz popular referiuse, por outra banda, ás melloras incorporadas na atención primaria, como a implantación da historia clínica electrónica, a receita electrónica, o programa IANUS (que permite ao médico de familia a consulta de todo o historial do doente e as súas probas diagnósticas) ou a implantación da consulta telefónica.

Núñez Centeno manifestou que a actividade diaria do SERGAS abrangue 800 intervencións cirúrxicas, 12.300 probas diagnósticas, 20.500 consultas hospitalarias, 5.200 estancias hospitalarias, 7.000 urxencias, 1.200 sesións en hospitais de día e 300 atencións de hospitalización a domicilio. Así mesmo, en atención primaria realízanse 103.500 consultas diarias, das que 10.100 son telefónicas, e aténdense anualmente máis de 1,5 millóns de urxencias, cunha resolución no centro de saúde ou PAC do 91.28 por cento.

“Estas cifras amosan a realidade da sanidade pública galega e casan pouco coa imaxe da mesma que queren transmitir os grupos da oposición, algúns sindicatos e outros colectivos sanitarios”, lamentou.

Aurelio Núñez criticou a proposición de lei defendida polo BNG para a mellora da atención primaria sanitaria porque “propoñen incrementar a recadación subindo os impostos á clase media”. En concreto, apuntou que “modifican a escala do imposto sobre a renda, prevendo recadacións totalmente irreais; eliminan as bonificacións no imposto de sucesións e doazóns aprobadas polo PPdeG en Galicia; e propoñen un imposto ás grandes superficies que iamos pagalo, dunha ou doutra forma, todas as persoas que facemos compras nestes establecementos comerciais”.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del BNG:

A portavoz parlamentaria de Sanidade, Montse Prado, defendeu a proposición de lei do BNG para dotar a atención primaria de 223 millóns de euros adicionais, para sufragar un plan de mellora urxente da que é a gran damnificada das políticas de recortes, de desmantelamento e de privatización da sanidade pública do PP.

“A atención primaria está afogada, colapsada, non é resolutiva e iso deriva en fragmentación do sistema”, salientou Prado, tras lembrar que pese a ser a porta de entrada ao sistema, a atención primaria soportou un recorte anual de 234 millóns de euros desde 2009 e un recorte acumulado de 2.000 millóns de euros desde a chegada de Feixóo á Presidencia da Xunta.

Para dotar este plan urxente de implantación inmediata, o BNG propón unha dobre vía de financiamento, por un lado a fiscal e, por outro, a da modificación de partidas orzamentarias.

Pola vía impositiva, a formación nacionalista aposta por incrementar o IRPF ás rendas máis altas, rebaixar a exención do pago do imposto de patrimonio desde os 700.000 aos 300.000 euros e impoñer un imposto de nova creación ás grandes superficies. Cambios que permitirían recadar 135 millóns de euros. Ao que se sumarían 92 millóns de euros a través de diferentes modificacións dos orzamentos deste exercicio.

“Non é a solución a todos os problemas da atención primaria, acosada por un desmantelamento estrutural, pero sería un punto de inflexión”, recalcou Prado na defensa desta proposición de lei. Entre os problemas que o BNG quere atallar con esta inxección orzamentaria: a masificación das consultas con profesionais con cupos moi por riba das ratios marcadas, a falta de substitucións por xubilación, vacacións, licenzas ou permisos, listas de espera dunha semana, axendas pechadas ou consultas que quedan desatendidas cando os profesionais teñen que atender urxencias fora do centro.

“Hai un sentimento xeral de que a atención primaria está avanzando cara un deterioro clamoroso”, salientou Prado, con centros de atención primaria nos que @s pediatras son “unha especie en vías de extinción”, desmantelamento que ten unha repercusión directa no colapso das urxencias hospitalarias.

Por iso, o BNG “considera imprescindíbel un cambio de rumbo na política sanitaria do PP” e, para o caso concreto da atención primaria, demanda dotación de persoal para que médicos e enfermeiras teñan un máximo de 1.250 tarxetas sanitarias, poñer en marcha unha política de substitucións, mellorar os equipamentos nos centros de saúde, permitir acceso ás probas diagnósticas e habilitar un proceso de formación que se adapte ás necesidades reais dos e das profesionais do SERGAS, concluíu Prado, medidas que frea o veto das filas populares a esta proposición de lei do Bloque. Na rolda de intervencións o PP anunciou o seu voto en contra de dotar 223 millóns de euros dos orzamentos da Xunta á mellora da atención primaria.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PSdeG:

O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, acusou ao goberno galego de “trucar” os orzamentos para maquillar o pago de servizos sanitarios ás empresas concertadas. Así o dixo na comparecencia do conselleiro de Sanidade, no Pleno, para dar conta da privatización de servizos médicos na Eoxi de A Coruña por valor de 97,5 millóns de euros.

O responsable socialista lembrou o último informe do Consello de Contas, que deu conta da “opacidade e privatización” na sanidade pública galega, e acusou á Xunta de orzamentar deliberadamente á baixa para despois disfrazar o pago á sanidade concertada a través de modificacións de crédito. Estas alteracións, explicou, supuxeron máis de 200 millóns de euros no último trimestre do ano pasado.

Naquel momento, apuntou, retiráronlle importantes partidas á prevención de incendios, innovación educativa, comedores escolares, dependencia, estruturas agrarias e ata o 5 por cento do orzamento da Consellería do Mar, máis de 8 millóns de euros, foron “reorientados para tapar buratos na Sanidade”.

Torrado censurou a “xestión absolutamente ineficiente” do goberno galego en materia sanitaria, e cuestionou que o propio conselleiro de Sanidade sinalara que o sistema privado “engade valor” ao público.

Puntualizou neste sentido que o que lle engade valor ao sistema público son precisamente os orzamentos do goberno galego, e lembrou que o propio Consello de Contas sinalou que a Xunta recorre demasiado ás privatizacións na sanidade, que non ofrecen garantía asistencial e carecen de control.

O parlamentario socialista sinalou que un claro exemplo destas prácticas é precisamente a Eoxi de A Coruña na que, dixo, “algo raro” sucede logo da privatización de servizos médicos por importe de 97,5 millóns de euros.

Lembrou que nos mesmos hospitais de A Coruña ten gastado o goberno galego 400.000 euros para cambiar os carteis incluíndo a palabra “público”, e puntualizou que “defendemos máis que o sistema sexa público a que se diga, porque dicilo está ben pero facelo está moito mellor.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de En Marea:

Eva Solla pediu explicacións no Parlamento sobre a privatización encuberta que a Xunta de Galicia ven de aprobar para a área sanitaria da Coruña. Unha operación para catro anos orzamentada en 97 millóns de euros; que implicará a mobilidade forzosa de profesionais do sistema público de saúde a centros privados. A deputada de En Marea tamén destacou a problemática carencia de profesionais de enfermería especializados que se extende ao conxunto da comunidade autónoma; e que, en especialidades como a obstetricia, se sitúa moi por debaixo das ratios recomendados pola Organización Mundial da Saúde.

“Temos un problema real e moi grave”. Con esas palabras referíase Eva Solla ás deficientes cifras de profesionais de enfermería especializados. Unha carencia que merma a calidade asistencial que reciben os usuarios do sistema público de saúde. E que, tal e como apuntou a deputada, resulta alarmante en áreas como a pediatría, a saúde mental ou a xeriátrica (de especial relevancia, debido ao avellentamento da poboación galega).

Solla lembrou que existen unicamente 8 matronas para toda a provincia de Ourense. E que, en Santiago de Compostela ou na Coruña, tres profesionais deben atender un total de 2.500 partos anuais. “Isto non é normal; e é incompatible co plan de sáude da muller”, indicou a deputada durante a súa comparecencia.

A representante de En Marea tildou de “escándalo” que a Consellería pretenda esixir aos profesionais sanitarios da Coruña que realicen procesos quirúrxicos en centros privados. Unha medida que pasa por enriba das negociacións colectivas e das mesas de contratación. E que non é “normal nin axeitada”. “Gustaríame que aclarase se estas intervencións as van facer durante o seu horario laboral, ou os van retirar dos seus postos de traballo para levalos á privada”, reclamoulle Solla ao conselleiro.

A vicepresidenta do Parlamento galego tamén chamou a atención sobre as “intolerables deficiencias” das infraestruturas sanitarias, e avogou por incrementar o orzamento destinado á atención primaria; así como a recuperación das súas xerencias. “A súa das xerencias de atención primaria someteu aos centros de saúde ás xerencias hospitalarias, coa consecuente diminuación de súa capacidade resolutiva e perda de control sobre cuestións de relevancia, como os tempos de agarda”, afirmou Solla. Quen tamén reclamou unha reforma do sistema de fiscalidade, necesaria para poder incrementar a recadación e rematar coa falla de financiamento do sistema sanitario público; totalmente deteriorado polos continuos ataques aos que o está a someter o goberno galego.

R., 2018-04-10

Actualidad

Foto del resto de noticias (emprego-oficina.jpg) Por que o universo dos activos dixitais semella un mundo masculino? Por que a maioría de ‘influencers’ do mundo cripto que saen á palestra son homes? Está equilibrada a proporción entre homes e mulleres nos consellos de administración das empresas? Estas son algunhas das preguntas ás que se deu resposta este luns na VI Xornada de igualdade de xénero e Dereito Mercantil, actividade dirixida desde a Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo polas docentes Sara Louredo e Ana Mª Aido e para a que, nesta ocasión, se contou coa participación de dúas profesoras expertas en Dereito Mercantil: Vanessa Jiménez, da Universidad de Salamanca, e Josefina Boquera, da Universidad de Valencia.
Foto de la tercera plana (20240423-xunta.jpg) Un total de 23 os equipos de 19 colexios e institutos participaron no lanzamento de satélites elaborados por parte de centros educativos galegos no marco da fase autonómica do programa da Axencia Espacial Europea Cansat 2024, que se desenvolveu no aeródromo das Gaivotas, en Cerceda. A xornada desenvolveuse arredor de tres actividades: un obradoiro de foguetes químicos e de auga impartida polo alumnado do Centro Público Integrado O Cruce (Cerceda), unha exhibición de drons a cargo de Aeromedia e o lanzamento dos satélites. O secretario xeral técnico da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Manuel Vila, acompañou os alumnos nesta xornada.

Notas

O Centro Interdisciplinario de Investigacións Feministas e de Estudos de Xénero (CIFEX) da USC participa na organización do primeiro Congreso Internacional sobre Feminismos e Humor ‘HumorSofías’, que se desenvolverá os días 7 e 8 de maio na facultade compostelá de Filoloxía. A inscrición no encontro, organizado ademais pola Universidade Complutense de Madrid e o Middlebury College con financiamento da Deputación da Coruña, é gratuíta ate completar aforo.
Desde principios do ano 2023, persoal investigador das universidades de Vigo e Oviedo e da empresa EOSOL Ingeniería desenvolven o proxecto Antennas for Underground Communications. O seu obxectivo é proporcionar á Axencia Espacial Europea (ESA) o deseño conceptual dunha antena de comunicacións que poida funcionar no interior de covas da Lúa. A súa proposta vén de someterse con éxito a ensaios técnicos no campus de Ourense.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES