Noticias

Galicia conmemora un histórico 8 de marzo con concentraciones reivindicativas por la Mujer

El Parlamento de Galicia aprueba, en el Día Internacional de la Mujer, demandar a la Xunta la aplicación de diversas actuaciones que permitan avanzar en la igualdad de género. El acuerdo se adoptó en una jornada de especial relevancia por lo que ya se calificó de "histórico" 8 de marzo por el seguimiento de la huelga reivindicando los derechos de las mujeres.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PPdeG:

O Parlamento de Galicia aprobou unha proposición non de lei do Grupo Popular, coa abstención de En Marea, PSOE e BNG, a través da que se demanda á Xunta diversas actuacións para avanzar na igualdade de xénero. Porén, a viceportavoz Paula Prado criticou que “a oposición rexeitaran a proposta realizada polo PPdeG, que recollía as liñas xerais das catro proposicións non de lei dos grupos parlamentarios, para acadar un acordo conxunto sobre políticas de igualdade entre homes e mulleres”.

En concreto, a proposición non de lei aprobada no Pleno demanda á Xunta afondar na transformación dos valores que reproducen a desigualdade e incidindo nas vantaxes sociais da conciliación corresponsable; ao tempo que propón eliminar as mensaxes e imaxes que reproduzan estereotipos de xénero. Así mesmo, pídese avanzar na coeducación para eliminar roles e estereotipos que perpetúan a desigualdade na asunción de responsabilidades familiares e domésticas por parte de mulleres e homes, ademais de implantar medidas de conciliación e de flexibilización do tempo de traballo e a racionalización de horarios.

Outros puntos da iniciativas refírense á consolidación dun sistema de apoios á conciliación dirixidos á atención á infancia, ao coidado de persoas maiores, con discapacidade e en situación de emerxencia; e tamén intensificar a labor da Inspección de Traballo e Seguridade Social contra a fenda salarial e pola igualdade efectiva no traballo. “Esta iniciativa incide nas causas da fenda salarial entre homes e mulleres, vai á raíz do problema, que son as diferenzas na corresponsabilidade no fogar, que é o que leva ás mulleres a ter menos posibilidades de acceso ao emprego”, explicou Paula Prado.

O Grupo Popular tamén apoiou un dos puntos da proposición non de lei de En Marea, en concreto o que solicita ao Goberno central o impulso dunha Lei de Igualdade retributiva entre homes e mulleres. Paula Prado criticou a negativa dos grupos da oposición para chegar a un acordo porque “coa igualdade é mellor pactar que confrontar”. Neste sentido, lembrou que “iniciamos esta lexislatura pactando unha serie de medidas que considerábamos importantes para incluír no Pacto de Estado contra a violencia de xénero, á que se sumou a moción a través da que pedimos ao Goberno de España a aprobación dunha Lei de igualdade retributiva, que nestes momentos estase a debater no Congreso”.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de En Marea:

O voceiro de En Marea, Luís Villares, recriminou na sesión de control ao presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, a falla de compromiso real do seu goberno en políticas de igualdade tal e como demostra a “cifra miserable” de execución que nos 3 primeiros trimestres deste ano non acadou o 6 por cento, e en 2016 deixou máis dun millóns de euros sen executar.

Villares arrancou a súa intervención facendo referencia as declaracións de Núñez Feijóo nunha entrevista nun medio de comunicación estatal nas que chegou a afirmar que “todas e todos os galegos somos contrabandistas aplicando o principio de igualdade que entende o PP”. “Tivo vostede a posibilidade de presumir de país durante 45 minutos e en lugar diso empregounos para insultar ao conxunto da cidadanía de Galicia” afirmou Villares quen sinalou que o presidente “o mellor está tan rodeado de xente que se dedica a actividades ilegais que pensa que todas e todos son contrabandistas pero non é así”. “Debería comezar por se desculpar nesta cámara por ese insulto ao conxunto dos galegos e galegas” concluíu o voceiro de En Marea.

Centrado na pregunta do grupo de En Marea, Luís Villares cuestionou o papel do Goberno do PP na loita contra a desigualdade entre mulleres e homes. Así lembroulle a Núñez Feijóo datos tan salientables como a diferencia nas pensións que cobran as mulleres de media 643 euros fronte aos 1.041 dos homes, ou a taxa de ocupación 9 puntos inferior ao masculina, ou a existencia de 22.000 mulleres dedicadas a servizos de coidados fronte 1.100 homes.

O voceiro de En Marea denunciou así mesmo o continuo incumprimento por parte do Goberno galego da Lei de igualdade. Neste sentido sinalou o financiamento de centros docentes que segregan por sexo pese a que a lei obriga a non discriminación por xénero nos colexios. A supresión ´sine die` da atención psicolóxica a vítimas de violencia machista nos xulgados do noso país por parte do Goberno galego. Ou as discriminacións en función de prexuízos como por exemplo que a tarxeta benvida impulsada pola Xunta de Galicia so contempla a muller como coidadora.

A execucións dos orzamentos é outro dos claros exemplos da falla de interese real do Goberno galego do PP pola igualdade. Atopamos que nos tres primeiros trimestres do ano a execución en políticas de apoio a concilacion da vida laboral e persoal leva executado un 40 por cento e no programa de accións para igualdade e promoción da muller un “miserable” 6 por cento. “Non hai igualdade real sen orzamento real” aseverou Villares.

Na réplica, o voceiro denunciou a total falla de respecto amosada por parte do presidente da Xunta ao non responder nin ter referencia algunha á pregunta de En Marea xa que na súa primeira intervención en resposta conxunta ao grupo de En Marea e PSdeG, xa que ambas preguntas foron acumuladas pola presidencia da Cámara.

Na quenda de réplica Luís Villares insistiu en pedir a Núñez Feijóo que dera resposta as preguntas concretas en materia de igualdade formuladas por En Marea lembrando a responsabilidade do presidente da Xunta respecto a que se garanta o cumprimento da Lei de igualdade, acabar coa supresión do servizo de atención psicolóxica ás vítimas de violencia machista, ou acabar coas discriminacións en función de prexuízos. Insistiu o voceiro de En Marea na ridícula execución dos orzamentos en materia de igualdade ao tempo que ofreceu datos sobre a execución en 2016 no que se deixaron sen gastar un millón de euros. “Vostedes non teñen interese real na igualdade. As súas políticas de igualdade son políticas de contrabando”.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PSdeG:

Os deputados e deputadas do Grupo Socialista participaron dos paros convocados polos sindicatos en contra das violencias machistas, a fenda salarial e a precariedade laboral das mulleres e a favor da igualdade, e participaron nas concentracións convocadas en toda Galicia.

O portavoz do Grupo Socialista e presidente do PSdeG, sinalou esta mañá a “enorme relevancia” da loita pola igualdade porque, dixo, “a igualdade da muller é o tema máis relevante que ten a axenda política de Galicia, de España e de Europa”.

Explicou que “hoxe paramos os homes e as mulleres socialistas porque temos o dereito e tamén o deber de impulsar a igualdade en tódolos terreos, e singularmente o terreo laboral”. Explicou que é neste campo onde “as diferenzas da calidade do traballo, as condicións laborais e os salarios son cuestións a resolver no prazo máis breve posible”.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del BNG:

A portavoz nacional, Ana Pontón, ratificou o apoio do BNG á folga internacional de mulleres, “claro que si”, e ademais aproveitou a sesión de control ao presidente da Xunta para explicar as propostas concretas da formación nacionalista en defensa da igualdade real das mulleres.

Elaborar desde o Parlamento unha Lei galega pola igualdade salarial, -que inclúa sancións a quen incumpra o principio de a igual traballo igual salario-, excluír da contratación pública ás empresas que discriminen ás mulleres, suprimir as subvencións aos centros educativos que segregan por sexo e impulsar a creación dunha Valedora da Igualdade, similar a dos países nórdicos, para combater calquera tipo de discriminación contra as mulleres.

Propostas moi concretas que foron ignoradas polo presidente da Xunta, quen limitou a súa réplica á portavoz nacional a criticar a campaña do 8M do BNG e á descualificación da dirixente do Bloque, “nun ton que deixa en evidencia o que lle importa ao señor Feixóo combater a desigualdade das mulleres, un ton de debate polo que debería desculparse”, lamentou Pontón.

A deputada aludiu á pregunta retórica que se facía Feixóo ante o xornalista Jordi Évole,- “por que agora unha folga de mulleres?’”-, folga que o PP tildou de “elitista” e mesmo “machista”. “A resposta é clara: Porque sobran os motivos, porque nos da a gana e porque non temos que pedir permiso para defender os nosos dereitos”, proclamou.

Entre eses motivos, Pontón fixou fincapé na violencia machista e nas discriminacións laborais. “Cada día hai 15 denuncias por violencia de xénero, cada semana denunciase unha violación, cada ano 60 mulleres son asasinadas polo terrorismo machista. Pero hai máis, cobramos 4.513€ menos por facer o mesmo traballo, é dicir traballamos 40 días gratis, e no caso das galegas peor, porque temos salarios máis baixos que a media do estado. A conciliación é unha carreira de obstáculos para ás mulleres, moitas con dobres xornadas, no traballo e na casa, para que despois veña as ministras do PP pedindo folga á xaponesa”, alegou.

Ante esta realidade de desigualdade e discriminación, Pontón denunciou o magro balanzo de 30 anos de goberno do PP en Galiza, dez con Feixóo como presidente da Xunta. “Incumprimento da Lei Igualdade e da Lei contra a violencia de xénero, cero medidas en dez anos contra a brecha salarial, por contra, -mesmo subvenciona empresas condenadas por discriminación salarial-, recortes nos fondos en políticas de igualdade e conciliación, e até as traballadoras da Xunta teñen que ir ao xulgado para poder exercer o seu dereito a conciliar”, denunciou Pontón, por contra, “o seu goberno aplaudiu e executou todas as políticas de recortes que afondaron nas desigualdades”.

E nesta suma de medidas contraria á igualdade real, o PP mesmo crítica a folga internacional de mulleres cun argumentario “carca e neomachista” e coa larga restra das máis diversas ocorrencias a cargo dun variado elenco de responsables políticos do PP, como a da rexedora popular de Mos convidando ás mulleres a levar aos fillos e fillas ao seu posto de traballo en vez de facer folga, os convites á folga a xaponesa da ministra de Agricultura, Isabel García Tejerina, ou as declaracións da ministra de Sanidade, Dolors Montserrat, quen considera o feminismo como “unha etiqueta”. Por contra, Pontón concluíu a súa intervención cunhas palabras da escritora e feminista Begoña Camaño: “É tempo de feminismo”.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

Declaración Institucional del Día Internacional de la Mujer

Con motivo del Día Internacional de la Mujer, la Xunta de Galicia manifiesta su compromiso en pro de la igualdad de derechos y oportunidades entre mujeres y hombres, compromiso que se viene materializando desde hace años en el desarrollo de medidas e instrumentos jurídicos, económicos y sociales orientados a la supresiones de los obstáculos que aún persisten en los distintos campos y que impiden que la igualdad entre los sexos sea real y efectiva.

El Gobierno gallego considera que el empleo es la principal herramienta para combatir la desigualdad. Es necesario sumar todo el talento que, tanto los hombres como las mujeres, puedan aportar al desarrollo económico y social de nuestro país y, así consideramos necesario: impulsar la igualdad en el acceso, permanencia y condiciones en el empleo, acabar con la discriminación y con la brecha salarial, avanzar hacia la presencia equilibrada en todos los puestos directivos y de toma de decisión conforme a los principios de mérito y capacidad, y fomentar el emprendimiento femenino.

Es indudable que la plena igualdad en el ámbito laboral sólo será posible si existe una asunción equitativa del trabajo doméstico y de cuidados en el ámbito del hogar. Por eso, es necesario una clara apuesta por un modelo de sociedad corresponsable en el que hombres y mujeres compartan de manera equilibrada responsabilidades domésticas y familiares, en el marco del necesario cambio cultural en torno a los usos del tiempo. Es por esto que no sólo seguirá impulsándose la necesaria concienciación del conjunto de la sociedad en favor de una organización social corresponsable y de horarios más racionales, sino que se reforzarán los recursos destinados a la conciliación de la vida laboral, personal y familiar.

El crecimiento inteligente y sostenible que procuramos para Galicia requiere del potencial de todas y de todos, por lo que continuaremos trabajando en el fomento de la creación de puestos de trabajo para la población femenina y favoreciendo el emprendimiento desde la innovación, como motor de cambio y progreso del conjunto de nuestra comunidad, con especial atención al medio rural y a la necesaria dinamización demográfica de sus municipios.

Es fundamental seguir apoyando el liderazgo femenino y la presencia de las mujeres en todas las esferas de la sociedad, incluyendo los puestos de decisión e influencia, al tiempo que hace falta derribar los obstáculos que dificultan la incorporación en condiciones de igualdad y la promoción profesional de las mujeres. Para eso, resulta imprescindible seguir trabajando para eliminar los estereotipos y roles que sustentan la desigualdad de género.

R., 2018-03-08

Actualidad

Foto del resto de noticias (cdc-01.jpg) A Cidade da Cultura reunirá estes días as persoas representantes dunha vintena de linguas minoritarias de Europa. Será durante a asemblea xeral e a conferencia anual da Network to Promote Linguistic Diversity (NPLD), unha organización de ámbito europeo cuxa finalidade é promover a diversidade lingüística na UE. Entre os seus membros figura, desde a súa creación, a Xunta de Galicia, que, a través da Consellería de Cultura actúa como anfitrioa nos eventos de 2024. Na xornada trataranse os asuntos que atinxen á administración da organización e presentaranse varios informes.
Foto de la tercera plana (costa.jpg) A Xunta vai solicitar de xeito inmediato ao Goberno central o traspaso dos medios materiais e persoais para xestionar a súa costa trala sentenza do Tribunal Constitucional que avala a Lei de ordenación e xestión integrada do litoral de Galicia. A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, respondeu unha pregunta no pleno do Parlamento sobre esta materia na que salientou que o Alto Tribunal certifica que a norma galega é plenamente constitucional. Ademais, subliñou, confirma o que sempre defendeu a comunidade, que non é necesario reformar o Estatuto de Autonomía para que Galicia poida exercer plenamente as súas lexítimas competencias sobre o litoral.

Notas

Dos inicios do cinema galego á progresiva profesionalización do sector, pasando polo novos modelos de produción e pola situación das cineastas no momento actual. Trazar un percorrido histórico do panorama audiovisual galego ao longo das últimas tres décadas era o obxectivo central das xornadas que este xoves promoveu na Facultade de Comunicación a Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi), con motivo do seu 30 aniversario.
A 22ª edición do Encontro Universitario de Danza da USC chega a Lugo este xoves 25 e o venres 26 coa presentación de producións de danza das compañías das universidades de Vigo, A Coruña e máis a propia da USC. As funcións, de entrada libre e de balde, serán ambos os dous días ás 20.30 horas na Caixa Negra do Museo Interactivo de Historia (MIHL). A compañía de danza da UDC abrirá este encontro o xoves 25, ás 20.30 horas, coa posta en escena de ‘… E todo o demais non importa’, unha coreografía colectiva con dirección artística de Alba Fdez. Cotelo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES