Noticias

Mofa e Befa presenta en la capital de Galicia su última producción, Cráneos privilexiados, ironizando con la filosofía

El dúo Mofa e Befa presenta su última producción, "Cráneos privilexiados", que basa en la "razón perralleira'", una visión en la que "todo problema tiene solución" y, si no, no queda otra que inventarla. Evaristo Calvo y Víctor Mosqueira ponen en escena su espectáculo los días 24 y 27 de enero en el Teatro Principal de Compostela.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del Concello de Santiago de Compostela:

Con esta proposta ábrese a programación de Teatro&Danza da concellaría de Acción Cultural que ofrecerá ata xuño deste ano 26 funcións de 18 espectáculos diferentes. O xoves 25 ao remate da representación terá lugar a primeira #posfunción, a nova proposta deste ano para que o público intercambie opinión co equipo técnico e artístico.

A concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, e Evaristo Calvo e Víctor Mosqueira, Mofa e Befa, presentaron o novo espectáculo do dúo cómico ‘Cranios privilexiados ou crítica da razón perralleira’ que chegará a Compostela a vindeira semana. Na rolda estiveron presentes tamén Carlos Santiago, director e autor, e Jacobo Sutil, director de Agadic, quen apoia o espectáculo.

En Santiago haberá un total de catro funcións, do mércores 24 ao sábado 27, todas elas ás 20.30 h no Teatro Principal. Tras a representación do xoves 25, teremos a #posfunción, novidade do ciclo de Teatro&Danza deste ano que propón un debate entre público e equipo do espectáculo. Ademais, tamñen se convida a comentar todos os días a obra nas redes sociais coas etiquetas #posfuncion e #euvexoteatrogalego.

Mofa e Befa sométense a un duro exercicio espiritual poñendo en cuestión a súa propia filosofía escénica: o perralleirismo, unha filosofía baseada no principio de que todo problema ten solución, e se non a ten, non queda outra que inventala. Nesta incursión destemida nos camiños da filosofía, todo son preguntas. Será que se pode atopar unha resposta perralleira ás grandes preguntas da humanidade? Son os cómicos seres pensantes ou só o parecen? Hai vida antes da morte? Para que serve un concepto nunha comedia? Que é mellor, saber ou non saber o que fai a veciña do lado polas noites? Dispostos a solucionalo todo e armados cun simple biombo, Mofa e Befa emprenden viaxe polo fascinante mundo das ideas onde serán asaltados e posuídos por todo tipo de personaxes: filósofos lucenses, domadores de circo anti-darwinianos, eremitas positivistas, cantantes sufís ou cobradores da luz con ideas propias sobre a teoría da relatividade. Un freak show de pensadores e pensamentos que non renuncia a comprender a realidade actual, por difícil que pareza. Dous cranios privilexiados á procura de respostas, dispostos a convencernos da validez do seu método: "No perralleirismo atoparedes a verdade".

O espectáculo, recomendado para maiores de 13 anos, ten unha duración aproximada de 90 minutos e está dirixido por Carlos Santiago, sendo da autoría do propio Santiago e de Pepe Sendón. Protagonizado por Víctor Mosqueira e Evaristo Calvo, conta coa dirección de arte de Natasha Lelenco, o espazo lumínico de Octavio Mas, atrezzo de Marcelino de Santiago ‘Kukas’ e produción de Rubén G. Pedrero.

As entradas teñen un prezo de 12 euros, co desconto do 50% para os colectivos habituais (desempregados, maiores de 65 anos, xubiladas, menores de 25 anos, estudantes, familias monoparentais, familias numerosas e perceptores de rendas sociais) e poden mercarse no 981 910 544, en entradas.abanca.com ou no despacho de billetes do Teatro Principal (de martes a sábado, + días de evento, de 18.00 a 21.00 h).

R., 2018-01-18

Actualidad

Foto del resto de noticias (cdc-01.jpg) A Cidade da Cultura reunirá estes días as persoas representantes dunha vintena de linguas minoritarias de Europa. Será durante a asemblea xeral e a conferencia anual da Network to Promote Linguistic Diversity (NPLD), unha organización de ámbito europeo cuxa finalidade é promover a diversidade lingüística na UE. Entre os seus membros figura, desde a súa creación, a Xunta de Galicia, que, a través da Consellería de Cultura actúa como anfitrioa nos eventos de 2024. Na xornada trataranse os asuntos que atinxen á administración da organización e presentaranse varios informes.
Foto de la tercera plana (costa.jpg) A Xunta vai solicitar de xeito inmediato ao Goberno central o traspaso dos medios materiais e persoais para xestionar a súa costa trala sentenza do Tribunal Constitucional que avala a Lei de ordenación e xestión integrada do litoral de Galicia. A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, respondeu unha pregunta no pleno do Parlamento sobre esta materia na que salientou que o Alto Tribunal certifica que a norma galega é plenamente constitucional. Ademais, subliñou, confirma o que sempre defendeu a comunidade, que non é necesario reformar o Estatuto de Autonomía para que Galicia poida exercer plenamente as súas lexítimas competencias sobre o litoral.

Notas

Dos inicios do cinema galego á progresiva profesionalización do sector, pasando polo novos modelos de produción e pola situación das cineastas no momento actual. Trazar un percorrido histórico do panorama audiovisual galego ao longo das últimas tres décadas era o obxectivo central das xornadas que este xoves promoveu na Facultade de Comunicación a Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi), con motivo do seu 30 aniversario.
A 22ª edición do Encontro Universitario de Danza da USC chega a Lugo este xoves 25 e o venres 26 coa presentación de producións de danza das compañías das universidades de Vigo, A Coruña e máis a propia da USC. As funcións, de entrada libre e de balde, serán ambos os dous días ás 20.30 horas na Caixa Negra do Museo Interactivo de Historia (MIHL). A compañía de danza da UDC abrirá este encontro o xoves 25, ás 20.30 horas, coa posta en escena de ‘… E todo o demais non importa’, unha coreografía colectiva con dirección artística de Alba Fdez. Cotelo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES